Genetta
genetta.
Xeneta. (Gineta). 
Tamén xa escasa en Galicia.
A xeneta non
é oriunda de España xa que a trouxeron os mouros. Era moi hábil
cazando ratos. Está presente por exemplo na Lagoa de Antela
e nas fragas do Mandeo entre outros lugares. Ten o tamaño dun gato
doméstico; a verdade que é fácil de distinguir polos suas cores. O
rabo ten como oito ou dez aneis negros.
É un animal
eminentemente nocturno, de ollos moi grandes, gatuña moi ben polas árbores. Come de todo, pero gústanlle moito os ratos. Come paxaros e
tamén moitos insectos e incluso frutos como uvas , figos, etc.
Ver características.
Saír.

XENETA EN
GALICIA.
Nome
científico:

Fotografía de
Nigel Dennis Wildlife Phot
Genetta genetta. ( Linnaeus
1758)
Clasificación:
Ir
características  |
Nome galego:

Fotografía de
Nigel Dennis Wildlife Phot
Xeneta, algaria , gato algario, gato de algalia, rabisaco.
Ir
características 
|
Nome
castelán:

Fotografía de Antonio Vázquez.
Gineta
Ir
características 
|
Dimensións:

Entre 40-55 cms. Ancho ata
38-48 cms. Peso 1 e 2,3 kg.
Pode vivir entre 14 e 20 anos.
Fotografía de noite, bastante curiosa. Ve-los
ollos moi grandes, con estos ollos pode percibir perfectamente
calquera movimento das súas presas. Sobra decir que é moi áxil,
aparte de gatuñadora e segura. Baixa das árbores gatuñando pero
cabeza abaixo.
As pernas de adiante son moi cortas e as de atrás longas. As
pernas típicas do mamífero saltador. É toda unha especialista.

Nesta fotografía sacada do fascículo nº 7
publicado pola Voz de Galicia sobre a Geneta, vese perfectamente o
anterior. Por certo observar os bigotes, son bastante longos.
Ir
características 
|
Identificación:
É moi dificil de ver, xa
que actua de noite.
Estamos ante un gato moi, moi
grande.
De tódolos xeitos a súa estampa é inconfundible
e na miña opinión pódese confundir cun gato montés, de tódolos
xeitos xa se ve , as súas manchas negras polo lombo, fanno
inconfundible. A súa cola con ata 8 canelos tamén é típica. O gato
soio ten manchado de negro o remate do rabo. A cabeza tamén é
pequena en comparación coa do gato que é máis redondeada.
As orellas son moi grandes, así especiais para oir
o que sexa pola noite. Ten tamén uns bigotes respetables, pola mesma
razón, para detectar de noite todos os obxectos.
Os ollos son verticais.
Pódese confundir có gato montés, pero a cabeza é
moi distinta non tan redondeada e a cola remata en punta.

Nesta fotografía de Hervé Michel, onde se ve unha xeneta atropelada
nunha estrada, vese como a cola remata en punta, así como o anelado
típico.

A cola tamén é moi longa. Por certo a cola fai de timón
direccional tanto na carreira como nos saltos.
As uñas son semirretráctiles para que resulten eficaces a hora de
saltar e a hora de cazar.
Seica pode facer saltos de 4,5 metros e desplazarse a razón de 50 Km/h.

Ten un oído finísimo, unha vista moi penetrante e ademais capaz de
ver pola noite (pupila vertical) e uns bigotes que lle informan
dos mínimos obstáculos.

Ir
características 
|
Reproducción:

A madurez sexual tena os catro anos.
Ten dous apareamentos , un
en febreiro-marzo e outro en xulio-agosto. A preñez dura entre 10-11
semáns, e trae o mundo entre 2-4 crias, cubertas de pelo, cegas e
xordas, os oidos ábrense os cinco días e os ollos os 10 días. Son
amamantadas durante 6 semáns e permañecen coa nai durante un mes.
Ir
características 
|
Inimigos:
Moitos entre eles o home. O máximo
peligro que teñen é a caza.
Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo.
O feito de que poda vivir en case calquera lugar
faina vulnerable.
Morren moitas nas estradas.
Ir
características 
|
Alimentación:

É un cazador nato, na súa
dieta atópasen todo tipo de ratos (25%) e topos e pequenos mamíferos ata do
tamaño dunha lebre. Tamén come paxaros, anfibios e reptiles, insectos, e
frutos silvestres e baias.
É preferentemente nocturno ou crepuscular.
Por suposto que a súa dieta é
oportunista. Así: Inverno:
aves de corral, roedores e aves silvestres.
Primaveira: coellos, aves, roedores e
insectos. Verán:
froitos, roedores, aves e insectos.
Outono:
froitos, aves, insectos e roedores.
Nota: o que máis lle gustan son os ratos de campo, os
tordos e as aves de corral.
Técnicas de caza

O seu sistema de caza sempre é aproveitando a sorpresa, pode dar
saltos incribles apoiandose no seu timón que é o rabo. No dibuxo de
Felix Rodríguez de la Fuente sacado do Cuaderno de campo nº 39
vese un salto de árbore a árbore para coller un pito real antes de
meterse no nido.

Outra técnica é acercarse de noite onde están dormindo. Así faino con
moitos córvidos.

Moitas veces algúns roedores como os leiróns, por exemplo, póñense,
escapando, as últimas ramiñas e en lugares que eles creen de dificil
acceso para a xeneta. O final caen nas redes debido a axilidade que tén.
Os coellos podeos atacar no seu tobo. Normalmente dalles morte polo
pescozo.
Ir
características 
|
Habitats:

Habita en fragas e masas
arbóreas nas proximidades de ríos e regatos, manantiais e áreas de
rochas en ripisilvas de ríos encaixonados, mesmo en ríos de pouco
caudal e regueiros. En zonas boscosas e zonas mixtas.
Gústalle moito estar preto de pobos, iglesias e
caseríos sobre todo no inverno.
O sistema de marcaxe é como o de
moitos mamíferos, orinando e defecando nas fronteiras dos seus dominios.
Ir
características 
|
Vese
nos meses de ...

É dificilísimo vela.
Ten hábitos nocturnos polo que é francamente
dificil observar os seus movementos.
Ir
características 
|
Interés:

Máximo. É unha
auténtica xoia entre os mamíferos galegos.
Por suposto cumple a súa misión,
non debe esquecerse que o que máis lle gusta cazar son ratos de campo.

Non se entende como moitos
cazadores teñen o dedo rápido para disparar a xeneta e matala. Esos
cazadores deberan ser inhabilitados de por vida.
Ir
características 
|
Protección:

Figura no anexo III do
Convenio de Berna. Está protexida. Está tamén na lista vermella de
especies a desaparecer.
Ir
características 
|
Distribución en España:

Habita en toda Galicia. É abondosa.
Moi frecuente en áreas de bosque e
sotobosque, sobre todo nas proximidades de canles de auga. A súa
distribución é moi alta. ( Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo
I. Sociedade Galega de Historia Natural. 1995).
Abondosa en fragas e masas arboreda
nas proximidades de ríos e regatos de Galicia.
Vive dende o nivel do mar ata os
1000 metros de altitude.
Ir
características 
|
Curiosidades:

Cando se defende utiliza
unhas glándulas que producen un fedor especial. As glándulas están no
ano e cheira a almizcle. De feito esa algalia foi utilizada en Europa
como compoñente de medicamentos e , sobre todo, como materia prima para
a fabricación de perfumes, moi apreciada e cotizada antiguamente,
actualmente esto soio se aprecia nos paises orientais.
Emite uns berros típicos cando se ve
alarmada.
Tamén uns gruñidos típicos.
Os excrementos son largos e finos con numerosas
estrangulacións (sobre 8/9 cms de longo e de 1/3 cm de ancho) , e máis cortos que os da garduña e a marta.
Fai as suas necesidades, ou sexa teñen os seus cagarruteiros en xeral en
zonas elevadas pero moi visibles.
Ir
características 
Bibliografía da ficha:

Fonte de información :
Atlas de vertebrados de
Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural.
1995.
Cuadernos de campo. La
gineta y el meloncillo. nº
39. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.
Ir
características 
|
|