Nome
científico:

Arvicola sapidus. ( Miller 1908)
Mamíferos
Orden: Rodentia
Familia: Muridae
Subfamilia: Microtinos
Xénero: Arvicola
Especie: Arvicola sapidus (Miller
1908)
Volver a características.
|
|
Nome galego:

Rata aguadeira. Luria. Lirio. Rata de auga común.
Volver a características.
|
Nome
castelán:

Rata de agua.
Volver a características.
|
Dimensións:

Entre 12 e 20 cms. Un peso entre 80-180
grs. A cola é longa mide entre 9 a 14 cms.
A súa
vida media está en torno ós tres anos, inda que moitos exemplares morren
nos primeiros anos.

Como
moito pode chegar os cinco anos.
Volver a características.
|
Identificación:
A cor vai dende pardo
amarelento a casi negro.

O fuciño é chato e os ollos son moi evidentes.

O rabo é máis longo que a mitade do corpo e
as orellas tennas ocultas pola pelaxe.
Mostra as orellas lixeiramente, non como a rata
común que as mostra xa, vense perfectamente.

Fotografía de Jordi Muntaner.
Nesta fotografía observar que tira
máis a negra.
Pódese confundir coa rata común Rattus
norvegicus, que tamén se pode ver nos ríos e regatos de toda Galicia.
 |
 |
Rata aguadeira
Arvicola sapidus. |
Rata común
Rattus
norvegicus |
 |
 |
Rata aguadeira
Arvicola sapidus.
Sobre 12-20 cms.
Cuello non tan definido
Orellas pequenas
Cola sin anillar |
Rata común.
Rattus
norvegicus
Sobre 17-27 cms.
Cuello definido
Orellas grandes e visibles
Cola anillada |
O aspecto é bastante distinto observar que
a rata común ten máis definido o pescozo e a cabeza e as orellas.
Tamén é máis grande. A rata común pode habitar coa outra pero esta
compite fortemente xa que é unha depredadora de todo. É a típica
rata de alcantarilla que pode vivir en regatos e ríos e come de
todo. Gústanlle moito os ríos contaminados e dende logo todo tipo de
lugares húmedos polo que non é rara en río e regatos.
Na segunda comparativa vese mellor as
diferencias.
A rata común, que come de todo, aliméntase
en ríos de montaña de sapos e ras.
Volver a características.
|
Reproducción:

Aparease entre marzo e octubro, a
preñez tena os 21 días aproximadamente, ten ademáis entre 3 a 4
partos o ano e trae entre 2-10 crías que se independizan as catro
semáns.
Volver a características.
|
Inimigos:

Aparte do home ( estas ratas son moi
beneficiosas nos ríos e non teñen nada que ver coas ratas
caseiras) o seu enemigo natural son as aves ( coruxas, mouchos,
etc) , a lontra, teixugo , a marta e as xenetas.
As grandes ratas domésticas ou non,
ou sexa as ratas comúns, son depredadoras desta
rata. Si coinciden mal asunto xa que a rata aguadeira leva sempre as de
perder.
Volver a características.
|
Alimentación:

Preferentemente aliméntase de herbas e
tallos novos.
Come vexetación acuática, fentos, tallos novos de herbas, xuncos,
raiceiras, plantas acuáticas flotantes, etc.
Non desdeña comer peixes pequenos e insectos.
Volver a características.
|
Habitat:
Presente en algúns ríos galegos de augas
limpas. Realmente está, nun mapa de cuadrícolas de Galicia, en
todas elas. É bastante común.
O seu habitat está vencellado os ríos e regatos,
canles de rego, brañas, lugares lamacentos, alí onde haxa un pouco de
auga e un certo caudal. Gústanlle que teña fentos, xuncos e plantas
abundantes. En xeral prefire lugares onde poda facer fácilmente a súa
galería, que non chega o metro.
É boa nadadora e bucea moi ben.
Volver a características.
|
Vese nos meses de:

De xaneiro a xuño.
Preferente vense a finais das mañás e primeiras
hora da tarde. Claro que o anterior depende un pouco dos depradores da
zona onde vive.
Tamén actua pola noite si o necesita.
Trátase dun animal moi desconfiado.
Aguanta moi ben a sequía.
Volver a características.
|
Interés:

Especial. Esta rata é perseguida en
algúns lugares, por zonas por exemplo do río Támega, xa metidos en
Portugal, dicen que é exquisita. Dende logo o home é un auténtico
depredador de todo o que se move.
Volver a características.
|
Protección:

Non está protexida.
Está catalogada de vulnerable.
Categoría IUCN (2001): Vulnerable (VU) B2c. Realmente non se
considera ameazada de momento inda que o que está a pasar nós ríos,
contaminación, encauzamentos, etc, non a favorece.
Por eso se considera vulnerable.
Volver a características.
|
Curiosidades:

É máis limpa do que a xente cree, e
por suposto moito máis limpa que algúns e algunhas empresas que non
fan máis que votar porquerías o río.
Volver a características.
|
Distribuición Galicia
Atópase en calquera río de Galicia,
dende o nivel do mar ata 900 metros de altitud.

Este é o seu mapa de distribución, en
Galicia é abondosa inda que non tanto como en outros lugares.
Persoalmente vin ratas de auga no río Barbaña por
riba do Polvorín en Ourense.
Lopez Seoane xa a citaba en 1861 como moi frecuente
en Galicia.
Arvicola terrestris

Arvicola terrestris.
Nota: existe outra rata de
auga a Arvicola terrestris en Galicia pero é pouco
abondosa, aparece únicamente en algúns prados do Courel e dos
Ancares e tamén na Veiga, concretamente no macizo de Pena Trevinca. É máis pequena. Chámase
rata de auga setentrional.
Interesados ver a ficha no libro "Guía dos
mamíferos de Galicia" de Baia Edicións dos autores Juan Ignacio Díaz
e Yosi Cartelle. 2007

A Arvicola terrestris é moi parecida a rata augadeira.
Volver a características.
|
Pegadas:
A rata de auga pódese detectar
perfectamente no río xa que deixa no comedeiro pequenos trozos de
xuncos, tallos, etc.

Os buracos son distintos os dos topos.
Fai pequenas excavacións ou tobas onde vive
(ver a fotografía, son moi distintas as dos topos xa que nas da rata non
hai continuidade entre o buraco e a terra sacada do burato). Non pasan do metro. Tamén utiliza unha especie de
nidos, que fai con herbas, por riba da superficie da auga ou da
vexetación.
Tamén fai e repara sendas pola que circula. É
bastante meticulosa e por suposto desconfiada, e fuxe as primeiras de
cambio...
Os seus excrementos tamén son fáciles de
identificar así como onde hai limo as súas pegadas que son pequenas
pero moi visibles en algunhas pedras.

Volver a características.
|
Links interesantes:

Link interesante sobre a rata de auga.
Deste link saquei varias fotografías.
Un
link básico e con amplia información e estudio a fondo é o seguinte
link.
Volver a características.
Fonte de información : Atlas de vertebrados de
Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural.
Fotografías.

Fotografía de Carlos Sanz.

Desta fotografía descoñezo o autor da mesma.

Desta fotografía descoñezo o autor da mesma.
Volver a características.
Saír.

|