Martes martes.
Marta.
Marta común 
A marta xa é un animal pouco común en
Galicia.
É un mustélido moi forestal que precisa de moita
extensión de bosques caducifolio xa maduros.
Atópase en poucas zonas de Galicia. Non hai,
prácticamente,
marta en Pontevedra e na Coruña.
É un mamífero preferentemente nocturno, que se
alimenta de ratóns, liróns, esquíos, paxaros, lagartas, froitos, etc. É
preferentemente arborícola. ültimamente tamén vai a buscar na
basura...
Pode verse por xaneiro ou febreiro.
Vulnerable.
Ve-las características
Saír.

A MARTA-CARACTERÍSTICAS.
Nome
científico:

Martes martes (Linnaeus 1758)
Clase: Mammalia
Orden: Carnivoros
Familia: Mustelidae
Xénero: Martes
Especie: Martes martes
Ir a características
 |
Nome galego:

Marta, martaraña, martucha,
fuíña (no baixo Miño).
O nome aparece no libro "Bajo Miño y Costa
Sur" de Eliseo Alonso.
Tamén escribe o dito se "puxo como unha fuíña",
para indicar o incomodo. Tamén fala de que a unha persoa lente e
torpe se lle chama "martaraña".
Ir a características
 |
Nome
castelán:

Marta común.
Ir a características

|
Dimensións:

Modalidade de marta coa pel moito
máis clara. Non é normal en Galicia e Asturias, onde a pel soe ser
máis oscura, ver a otra fotografía.
Entre 40-55 cms. Ancho ata 20-28 cms. Peso
900-2000 gramos.
Soe vivir entre 10-15 anos.
Ir a características

|
Identificación:
É moi dificil de ver, xa
que non hai moitas.
A súa cor é uniforme, entre pardo castaño e
pardo oscuro, o pescozo e peito é amarelo claro a amarelo-laranxa, cunha
liña de separación de cores nítida; orellas grandes e redondas,
branco amarelentas no borde.

Rabo longo e moi poblado.

Exemplar morto nunha estrada.

É moi parecida as garduñas. De tódolos xeitos a
garduña ten a gorxa branca mentras que a marta é amarela, importante
esta diferencia.
 |
 |
Marta |
Garduña |
Nas fotografías anteriores vese esta
diferencia do peito amarelo na marta, e blanco na garduña.
Ir a características

|
Reproducción:

Ten un falso celo no inverno e un
celo real no verán. O apareamento é nos meses
de xulio e agosto. Unha
vez fecundada a femia, meterá o espermatozoides vivos no útero pero non
comenzará a criar realmente ata xaneiro. O que se chama fecundación
retardada ou implantación diferida.
A preñez bota 9 meses ten polo tanto 1 partos
o ano. Veñen o mundo entre 3-5 crías cegas que abren os
ollos as cinco semáns. Abren os ollos as 5 semáns e aprender a trepar
as 8-10 semáns e no verán xa están emancipados.
É un animal que ten unha
organización matriarcal. O macho anda pola súa conta ata o momento de
aparearse. Logo abandona a familia.
Ir a características

|
Inimigos:

Moitos entre eles o home, a
súa pel é moi apreciada desgraciadamente, as repoboacións con
piñeiros e eucaliptos foron para a marta un desastre. Inda que cós
piñeiros defendese ben, non así cós eucaliptos. Pode ser presa de todo tipo de mamíferos.
Ir a características
 |
Alimentación:

Fundamentalmente ratóns,
liróns, esquíos, paxaros, insectos e frutos do bosque. Come en realidade de
todo.
Pero ollo é un mamífero
preferentemente arborícola.
Gústanlle moitos os esquios os que caza dunha forma
espectacular.

Tamén come ovos dunha forma rara xa
que fai un burato rectangular e logo absorve o contenido.
Come tamén lagartos e lagartixas
así como algúns coleopteros.
Moitas veces antes de comer o que
caza absorve a sange da víctima e logo come o corpo.
Actua preferentemente de noite, pero no verán tamén
no fai de día.
Pode andar nun día ata 30 km. (nun bosque, non lle
gustan os terreos sin árbores).
Ver este video da BBC sobe a alimentación da marta,
tamén observar o áxil que é:
Ir a características

|
Habitats:

Límite de zonas boscosas.
Tamén en rexións montañosas ata o límite arbóreo.
Gústanlle os carballos, polo tanto
é moi frecuente nas carballeiras; a repoboación con
piñeiros nona favorece e non digamos os eucaliptos, unha aberración (
diría a marta...).
Ir a características

|
A
marta en Galicia:

A marta habita os bosques de Galicia en xeral,
gústanlle os de carballos, ou sexa as carballeiras, pero tamén se ve nos de pinos.
Non existe, prácticamente, en Pontevedra
e na Coruña, ou polo menos vese moi pouco. Máis abondosa no norte de
Lugo, nos Ancares e no Caurel. En Ourense na Baixa Limia e en todo o
macizo oriental...
Ir a características

|
Interés:

Moitísimo.
Ir a características

|
Protección:

Non goza ningún tipo de
protección e dende logo debera ser protexida. Aparece no anexo III do
convenio de Berna.
Categoría UICN (2001). Preocupación menor (LC).

Unha marta morta nunha estrada...
Debera otorgárselle o estatus de especie protexida.
Ir a características

|
Distribución en Galicia:
Non é abondosa, atópase
distribuida en lugares dos ancares, Courel, Serra de Meira e de Oribio,
nos montes de Louzara, no macizo central de Ourense, na Serra do Xurés,
e pouco máis. Na Coruña vese nos ríos Oedroso-Narón.
Lopez Seoane en 1861 daba como especie frecuente en
Galicia.
As cousas cambias moito.
Por certo a marta existe en todo o
norte de España.
Ir a características

|
Curiosidades:

A marta escapa dos nucleos urbáns. Sempre foi
moi perseguida pola súa pel.
É moi axil nas árbores , moito máis que o
esquío.
Dicen, os que disfrutaron deste espectáculo que
foi o lance máis espectacular que viron, a persecución dun esquío por
unha marta. Dende logo estou seguro delo.
A marta soe triunfar con tan calificado rival.
Incríble.
Según Xurxo de Vivero no seu libro "
Eses nobres cazadores" , titulo moi significativo, é " a
raiña dos trapecistas da fraga "...soamente desexarlle sorte... que medre, que cace, que ame. Que o mundo feticeiro das
sombras, das pólas que xemen, dos troncos fantasmagóricos, sexa un
eficaz refuxio. Que nalgún ledo solpor poidamos, de novo, ve-la súa
silueta.

Fotografía Jhon Marriot
Ver este video da BBC, válido para interpretar o texto
anterior:
Ir a características

A súa
pisada:

Dificil de distinguir entre a
garduña e a marta. Para especialistas.
Os excrementos son alargados dunhos 8 cms. e cun olor
característico.
Ir a características

Bibliografía

Atlas de vertebrados de
Galicia. Tomo I. Colección do patrimonio ecolóxico. Sociedade
galega de Historia Natural. 1999.
Ir a características

Saír.

|
|