Talpa
occidentalis.
Toupa . Topo común.

A toupa común é abondosa en
Galicia. Atópase nos prados case de calquera lugar, preto dos ríos ou
regatos ou non, excavando
galerías.
Aliméntase de insectos e miocas preferentemente, gústanlle tamén larvas, vermes, grilos,
etc.
Soe ser solitaria e nas galerías, que son moi longas,
ten de todo: a despensa, o dormitorio, o niño, en fin, que o monta moi
ben. É unha auténtica sibarita dá terra.
A verdade é que as súas mans son como
"pás
excavadoras" último modelo.
Por
certo a toupa máis común en Galicia é máis pequena cá europea, pero
ten as pás máis grandes.
As veces deixan os prados que parece unha
paisaxe lunar. O dono non lle fai gracia ningunha...
Ve-las características.
Saír.

A
TOUPA: Características.
Nome científico:

Talpa occidentalis (Cabrera
1907)
Trátase dun mamífero insectivoro.
Reino: animalia
Filo: Chordata
Clase: mamalia
Orden:Soricomorpha
Familia: Talpidae
Género: Talpa
Especie: Talpa occidentalis
Nota:
algúns autores falan da Talpa
europaea que é o topo europeo un pouco máis grande. Outros, eu
vou a seguir ese criterio, situan en Galicia como mamífero a
Talpa occidentalis (Cabrera 1907).
Concretamente no libro "Guía dos mamíferos de
Galicia" recentemente publicado, novembro do 2007, de Juan
Ignacio Diaz d´ a Silva e Yosy Cartelle, trae precisamente a ficha a
Talpa occidentalis como máis común.
Ir a
características  |
Nome galego:

Toupa. Toupa cega, toupeira, tiopa, toupo, teupa.
Ir a
características 
|
Nome
castelán:

Topo común.
Ir a
características 
|
Dimensións:

Entre 96-130 mm. Cola: 19-35 mm. Peso 34-66 gramos.
A súa esperanza de vida é
pequena: sobre tres ou catro anos. O macho é máis grande que a femia.
De feito o diámetro das galerías da a medida
para saber si é macho ou femia quen a fai; así a femia fai unha
galería de 4 cm. (Tamén fai esta galería un exemplar xoven, ollo...).
O macho fai unha galería de 6 ou 7 cms.
Ir a
características  |
Identificación:
É moi dificil de ver, xa
que actua debaixo da terra.
Pero non é dificil cazala.
Cando esto ocurre é inconfundible.
Distinguir si se trata da toupa europea ou da toupa
de Galicia xa é outra cousa, pero non é este o lugar de ver a fondo esas
diferencias. Os interesados poden consultar a bibliografía.
O macho é máis grande que a femia.
De feito o diámetro das galerías da a medida
para saber si é macho ou femia quen a fai; así a femia fai unha
galería de 4 cm. (Tamén fai esta galería un exemplar xoven, ollo...).
O macho fai unha galería de 6 ou 7 cms.

Esta é a pá dianteira que é un pouco máis
ancha que a pá da Talpa auropaea. De feito ten un óso (o óso sesamoide), nas maos dianteiras, que o distingue da outra
toupa.
Pelaxe aterciopelado de oscuro a negro, con
reflexos plateados. Os membros
dianteiros son auténticas palas preparadas para escabar.

Fuciño alongado como unha trompa, ollos diminutos,
prácticamente é cega e
sin orellas.

Hai un video, penso que alemán, que é unha auténtica
xoia e que permite ver como fai as galería a toupa e outras cousas.

Está neste link.
Ir a
características 
|
Reproducción:
O macho e a femia son moi parecidos.
O apareamento é nos meses
de marzo a maio. A preñez bota 30 días e normalmente soe ter 1 parto
o ano. Veñen o mundo sobre 4 crías desnudas e cegas que abren os
ollos as tres semáns, son amamantadas durante 4-5 semanas e logo
independízanse os 12 meses.
En época de celo son moi fieras cos elementos da súa especie, teñen loitas encarnizadas, ata a morte, algunhas veces.
Familia: é matriarcal. O macho vive
aislado e soio se xunta coa femia para aparearse.
O macho caba unha galería
rectilínea ata que atopa a galería dunha femia...Aparéanse,
previa as loitas dos machos si se atopan, e logo o macho
desaparece da vida da femia que é a que cuida da prole...
Ir a
características 
|
Inimigos:
Moitos entre eles o home.
Pode ser presa de todo tipo de mamíferos. Tamén é presa da coruxa.

Por suposto o maior inimigo non natural que ten
é o home, que non lle gusta nada que a toupa lle deixe os prados coma
unha paisaxe da lúa.
De feito hai multitude de
artiluxios para darlle caza, dende o nefasto veleno ata os
explosivos, que son menos nefastos e actuan de forma eficaz,
polo tema da onda expansiva...
Ir a
características 
|
Alimentación:

Fundamentalmente lombrices
de terra ou sexa miñocas. Tamén come insectos (coleópteros) e gusanos de
todo tipo.
Ocasionalmente poden comer algún molusco ou
arácnido pero non lle gustan.
Teñen un metabolismo moi
acelerado, polo que precisan unha inxestión continua de alimento.
Localizan as súas presas olfateándoas ou captando as súas vibracións
no suelo gracias a súa fina sensibilidade táctil e acústica.
Ver este video.
Ir a
características 
|
Habitats:
Pode ser localizada en todo tipo de
terreos dende baixas a elevadas altitudes, dende prados a bosques.
Válelle todo. Por suposto
é máis abondosa nas zonas baixas.
Non lle valen os terreos que teñan moita auga o que
teñan roca a pouca distancia do solo, xa que nestos casos as galerías
que construe iríanse o tacho.
Gústanlle os prados de sega e os terrenos de labor.
Está activa de día e de noite.
Habita debaixo da terra en
estreitos pasadizos que escaba, na vida do animal a lonxitude media
destos camiños baixo terra é de 250 m.; de cando en vez saca por riba do prado
algunha terra. As veces deixa os prados incribles e desfeitos.

Toupeiras: son moreas de
terra que as toupas sacan o exterior cando fan as súas galerias.
Gustan pouco os donos das terras.
Gústanlle, repito, as zonas que teñen certa humidade,
prados de sega sobre todo.

Ir a
características 
|
Vese nos meses de ...

É dificil velo. A toupa pode verse
perfectamente como suben os terróns de area nos prados, e polo tanto
intuir que a toupa está debaixo, pero vela é prácticamente imposible, as
veces sí, xa que sae moi pouco a superficie de día. Pola noita
inda se arriesga e así lle vai coa coruxa e outros depredadores da noite.

Ir a
características 
|
Interés:

Normal. Os campesiños
non lle gustan moito. Efectivamente as veces desfán un terreno.
É fácil ver un prado ou un terreno cheo de
pequenos montículos de terra sobresainte por fora do normal. Pois esas
desfeitas fainas a toupa.
Repito gustan pouco.
Maila o anterior cumplen a súa
función e despexan de miocas, lesmas, etc o terreno.
Ir a
características 
|
Protección:

Non goza ningún tipo de
protección.
A especie é considerada como si
fose de caza no regulamento de 1971 e por suposto non está sometida a
ningún tipo de protección. Considerase que non está en período de
extinción. Ou sexa non está ameazada.
Ir a
características 
|
Distribución en
Galicia:

Vese por toda Galicia. Máis ben vive en toda
Galicia. .. É abondosa.

Ir a
características 
|
Curiosidades:
O toupo é solitario por
regra xeral.
É un auténtico sibarita debaixo da terra.

Este é un esquema feito por Félix
Rodríguez de la Fuente onde aparecen na parte de arriba as
toupeiras e logo todos os refuxios subterraneos que ten.
O toupo macho, na época de
celo, fai camiños rectos na procura de galería onde viva
a femia. O macho é máis grande polo que fai galería de
entre 5 a 7 cms. mentras que a femia as galerías son
máis pequenas, sobre 4 cm.
Con vistas o inverno prepara unha cámara ben
provistas de miñocas, ata varios centenares, as que lles arranca o seu
extremo dianteiro para que non se morran, pero tampouco poidan
desplazarse. Así asegura alimento fresco. O topo ten un apetito
insaciable, consume nun día tantas presas como o seu peso.

O niño onde nacen os fillos
da toupa pode chegar a ter máis de 1,5 metros de diámetro e 60
cm. de altura.
Hai en internet moitos
videos curiosos para os nenos, seleciono un par deles:
1.-
Quen me manchou a
cabeza?.
2.-
La ayuda
de las hormigas. El topo Tito.

Ir a
características 
Bibliografía:

Fonte de información : Atlas de vertebrados de
Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural.
1995. Aquí ven a ficha da Talpa europaeus.
Posteriormente utilizo o libro "Guía
dos mamíferos de Galicia" de Juan Ignacio Díaz d´a Silva e Yosy
Cartelle. Aquí ven a ficha da Talpa occidentalis.
Ir a
características 
|
|