Erinaceus europaeus.
Ourizo cacho.
(Erizo) 
O ourizo é hoxe bastante
abondoso en Galicia. A proba é que día si e día tamén aparecen
mortos nas estradas. É, polo
tanto, moi común en lindes de hortas, bosques, zonas
montañosas ata 2000 metros, etc.
Come de todo, pero
preferentemente insectos, miocas, caracois, pequenos ratóns, etc.
A súa actividade é pola noite ou ben no crepúsculo. Cando se
ve en peligro ponse coma unha pelota e saca unhas púas que realmente
fan dano.
Abondoso en Galicia.
Especie protexida.
Ve-las características.
Saír.

OURIZO CACHEIRO- CARACTERÍSTICAS.
Actualizado 05/02/2021
Saír.

Nome
científico |
Nome
científico:

Fotografía sensacional de Josef Hlasek
Erinaceus europaeus. ( Linnaeus
1758)
Clasificación:
Ir a
características 
|
Nome
galego |
Nome galego:

Fotografía BBC.
Ourizo cacho. Ourizo
Cacheiro, Porco Espiño.
En Asturias chámanlle rescañeiro, nas zonas pegadas
a Galicia, tamén corpuspín e outros nomes.
Ir a
características 
|
Nome
castelán |
Nome
castelán:

Erizo.
Ir a
características 
|
Dimensións |
Dimensións:

Entre 20-25 cms. Un
peso ata 1 kg.
Ten unha cola corta, sobre 2,6 cms.
A femia é máis grande que o macho, ten tamén máis
grande o fuciño.

Vive entre 7 a 10 anos.
Morren moitísimos actualmente en Galicia cós incendios e nas
estradas. É rara a noite que non morren uns cantos.
Ir a
características 
|
Identificación: |
Identificación:

É inconfundible, O seu corpo está
totalmente cuberto de púas excepto a cabeza e as patas.

Ten as orellas moi pequeniñas.
Tamén patas pequenas e cortas.

Fotografía sacada deste
link.
O fuciño é puntiagudo e negro.

Fotografía de Josef Hlasek.
Enróllase
como unha pelota cando é descuberto. deixando toda a parte de fora uns
pinchos ou púas que realmente fan dano (as púas teñen entre 2 e 3
cms. de lonxitude.
Ir a
características 
|
Reproducción: |
Reproducción:
O celo vai de abril a
outubro. A xestación son 33 días, e os partos teñen lugar de maio a
outubro entre 2 e 7 crías, 5 de media, e con 1 ou 2 camadas o ano. O
peso o nacer é de 11 a 25 grs., pasando rápidamente a acadar ata 400
gramos coa chegada do inverno, para sobrevivir a hibernación. As femias
coidan da proxenie durante dous meses aproximadamente.. Ás crías, as
espiñas duras aparecenlles ó terceiro día de vida, abrindo os ollos
ás dúas semans. A madurez sexual acádase ós 10 meses.
Hiberna cara ó mes de novembro en tuneis,
madrigueiras e tobos, casas derruidas con orientación o sur. Precisa
dun territorio de 4 Ha.
Hibernación : quere decir que
no inverno selecciona unha boa guarida e permanece durmindo no interior
ata chegada de tempos mellores. Antes de retirarse a hibernar engordan
moito, logo viven un pouco de rentas. De tódolos xeitos todos os
hibernantes despertan de vez en cando, e de seguido volven a dormir.
Vive de 7 a 10 anos.
Ir a
características  |
Inimigos: |
Inimigos
Ten moitos inimigos: dende o moucho e a curuxa ata o zorro, lobo, incluso o xabarín se atreve con el. Tamén, hoxe, os
coches, xa que morren moitísimos nas estradas galegas. Curiosamente
morren máis machos na primaveira e máis femias no outono.

Os nosos cans de palleiro tamén se atreven con el,
inda que salgan picados.
Hoxe tamén se come nas Islas
Baleares, non sabía este feito...
Ir a
características 
|
Alimentación: |
Alimentación:
Preferentemente aliméntase
de caracois, lamáchegas, lombrices de terra ou miocas, e todo tipo de insectos.
Tamén come ovos de aves e froitos varios (rara
vez).
Come tamén champiñóns.
Pode capturar cóbregas, das que atura o veneno.
Gústanlle as lagartixas.

Nesta fotografía vemos como un ourizo
carga cunha mazá, dudo que non sexa unha montaxe. En calquera
caso a fotografía é extraordinaria. O autor é Juniors Bildarchiv.
Fundamentalmente é nocturno, inda que pode ser
visto tamén no solpor e no mencer.
Nota: según algunhas informacións
os ourizos non son inmunes a picaduras das víboras. Queda dito.
Ir a
características  |
Habitats: |
Habitats:
Presente hoxe, ano 2000, en
tódolos bosques galegos, tamén preto dos ríos e regatos, inda que non
sexa un mamífero ribeireño, pero dende logo, gústanlle os ríos e os
regatos.
Vese polo tanto en bosques de todo tipo, tamén en
áreas de cultivo e labradío.
É común en zonas suburbanas, así como preto de
vilas e aldeas.
Ir a
características 
|
Vese
nos meses: |
Vese
nos meses de ...

Fotografía da BBC.
Todo o ano, menos no inverno
onde se sumerxe no letargo invernal, onde dorme días e días,
xeralmente de outubro deica marzo, dependendo moito da friaxe.

No dibuxo, tomados do libro
Mamiferos, La naturaleza en Asturias, vense os excrementos do ourizo.
Ir a
características 
|
Interés: |
Interés:

O ourizo era moi
apreciado polos labregos. Hai moitos contos populares que falan do
ourizo.
"O ourizo tamén Dios o fixo".
Son moi útiles xa que consumen gran
cantidade de insectos malignos para ó campo. Tamén se atreven coas
víboras.

(Fotos: Dagmar
Neuhausen)
Últimamente falan do ourizo como
mascota, a verdade é que a xente non sabe que facer e inventar; a miña
opinión sobre o tema e que deixen o ourizo no seu habitat e que se
deixen de molar...
Ir a
características 
|
Protección: |
Protección:

Figura no anexo III do
Convenio de Berna, pero non goza de protección legal clara.
Hoxe morren moitos debido os
incendios, os productos químicos e as estradas.
Ir a
características 
|
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia:

Hoxe atópase en toda
Galicia.
É moi abondoso.
Lopez Seoane xa ó cita en 1861 e dí que é moi
frecuente.
Ir a
características  |
Contos: |
Contos:

Crese que gapea polos árbres pra coller
mazás e outros froitos que vota ao chao, pra pinchalos cas pugas e
levalos diste xeito á súa coveira.
Eu teño as miñas dúbidas do anterior.
O que si fai é coller os froitos do
chan, pinchalos coas súas púas e levalos a súa voveira.
O ourizo é un animal moi benefactor para o campo e
dende logo a cambio recibe ben pouco...
Ir a
características  |
Bibliografía

Fonte de información : Atlas de vertebrados de
Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural.
1995
Cuadernos de campo. Mamíferos
insectívoros. nº
58. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.
Mamíferos. La naturaleza en Asturias. Miguel
Angel García Lado. Edicciones Azucel.
Ir a
características 
Fotografía

Fotografía sacada deste
link.
Ir a
características 
FOTOGRAFÍA DE BEBÉ.

Descoñezo o autor destas entrañables fotografías dun
bebé de ourizo.


Ir a
características 
Saír
COUSAS CURIOSAS.

.- O ourizo hiberna: quere decir que
no inverno selecciona unha boa guarida e permanece durmindo no interior
ata chegada de tempos mellores. Antes de retirarse a hibernar engordan
moito, logo viven un pouco de rentas. De tódolos xeitos todos os
hibernantes despertan de vez en cando, e de seguido volven a dormir.
.- Un ourizo chega a ter máis de 5.000 púas no seu corpo.
.- Os ourizos posuen nas súas púas un grupo de ácidos capaces de
neutralizar a moitas bacterias. Así evitan as posibles infeccións
que puideran ter ao ferirse con algunha das máis de 5.000 púas
repartidas polo seu corpo.
.- Curiosamente nas estradas morren máis machos na primaveira e máis
femias no outono. Seguramente a
explicación sexa trivial.
.- Algunha xente está a ter ourizos como mascotas...incrible.
.- Seica o único inimigo que lle pode meter man, si non o collen por
sorpresa é o zorro, que cando o ourizo se pon como unha pelota, sabe as
mañas para rematalo...
.- O ourizo abandona a súa forma de pelota, que adopta cando se ve en
apuros, botándolle auga. Non me estrañaría que o zorro fixera algo desto...

Ir a
características 
Saír

|