Nome
científico:

Glis glis
Nota:
no libro
consultado recentemente "Guía de mamíferos de Galicia" de Juan
Ignacio Diaz e Yosy Cartelle aparece o nome científico deste
lirón como Myoxus glis (Linnaeus 1766).
Volver a
características

|
Nome galego:

Leirón, rilón, Leirón
rabudo.
Volver a
características  |
Nome castelán:

Lirón gris.
Volver a
características  |
Dimensións:

Entre 13-19 cms. Lonxitude
cola 11-15 cms. Peso 80-120 gramos.
Orellas grandes, cola grande e moi
poblada.

Todos os leiróns teñen actividade
nocturna preferentemente e polo tanto contan cunha visión
extraordinaria, un oído sensacional e un olfato moi poderoso.
A cola actúa como un timón.
As garras que posee permítelle
agarrarse perfectamente as ponlas dos árbores.
Volver a
características 
|
Identificación:
Glis Glis.
O lirón é un roedor de cola
sumamente longa e con moito pelo. Realmente é pequeniño cabe nunha man.

Na fotografía pódese ver
a súa cor, cun pelaxe gris característico, a parte de abaixo é
branca, ten grandes ollos oscuros, orellas membranosas e redondas, rabo
cuberto de espesos pelos.

Eu penso que é inconfundible.
A diferencia co lirón careto, que é
realmente o que nos interesa de cara os ríos é o antifaz do lirón
careto.

Lirón careto: Eliomys quercinus o "bandido
enmascarado"
Volver a
características 
|
Reproducción:

Glis Glis
O apareamento é nos meses
de xunio e xulio. A preñez bota 30 días. Veñen o mundo entre 4-6 crías desnudas e cegas que abren os
ollos as tres semáns, son amamantadas durante 3 semanas e logo
independízanse.

Construe os niños en concavidades das árbores e
tamén en fallados das casas.
Tamén utiliza tobos de coello.
Volver a
características 
|
Inimigos:

Moitos entre eles a maior
parte dos mamíferos como a algaria e aves como a coruxa, buho, etc.

Na súa
defensa:

O home tamén é un inimigo a
considerar xa que, e teño esa experiencia, o lirón sexa o leirón rabudo
ou o careto, tomámolos como ratóns. Identificamos a estos animais
marabillosos con ratas das alcantarillas. Nada desto é certo e realmente
estamos ante animais que debemos querer e conservar a toda costa.
Realmente o lirón por exemplo é fermoso de verdade, e non digamos o
lirón enmascarado.

Lirón careto ou enmascarado.
Son animais dos que nada temos que
temer e que cumplen a súa función na vida. Inda por riba son
marabillosos.
Volver a
características 
|
Alimentación:

Fundamentalmente herbívora:
come follas, tallos,
semillas , frutos, xemas, baias, castañas, sámaras de amieiros e un logo
etc.
Pode tamén alimentarse en
deteminados momentos de ovos de páxaros, polos pequeniños e incluso de
volboretas.
Volver a
características 
|
Habitats:
Glis Glis
Vive nas fragas, bosques de
piñeiros, terreos rochosos, áreas de labradío, sendo lapidícola e
arborícola, atopa abrigo nos ocos das árbores e nas fendeduras das
rochas, onde pode ser atrapado.
Moitas veces atópasen exemplares dentro das
vivendas, en alpendres e palleiras. Adopta una gran habitabilidade
ecolóxica, e ocupa como se pode ver unha amplia variedade de habitats
diferentes.
---------------------------
O
lirón careto, o chamado "bandido enmascarado" é outra
especie que dende logo é máis frecuente atopalo en zonas ligadas
os ríos.

Eliomys
quercinus Ten características parecidas
o Lirón gris. Leirón careto ( Eliomys quercinus) "O bandido
enmascarado"

Outra fotografía do leirón careto.
Volver a
características 
|
Vese
nos meses de...
Glis Glis
É doado velo no verán . No
inverno xa sabemos "dormir como liróns", nunca, nunca mellor
dito.
É polo tanto un mamífero que hiberna:
esto quere decir que no inverno selecciona unha boa
guarida e permanece durmindo no interior ata chegada de tempos mellores.
Antes de retirarse a hibernar engordan moito, logo viven un pouco de
rentas. De tódolos xeitos todos os hibernantes despertan de vez en
cando, e de seguido volven a dormir.
De tódolos xeitos é nocturno e polo tanto dificil
de ver.
Volver a
características 
|
Interés:

Debéramos ter moitísimo interés nós
leiróns de todo tipo. Non fan ningún mal e son moi fermosos. Ocupan o
seu lugar na natureza e son moi necesarios na cadea da vida.
Son confundidos con ratas de
alcantarilla e dende logo non teñen nada que ver. A súa alimentación é
preferentemente arborícola.
Volver a
características 
|
Protección:

Non goza ningún tipo de
protección. Está incluido no anexo III de Berna.
Volver a
características 
|
Distribución en Galicia

Vese por toda Galicia inda que é
máis abondoso nos Ancares e no Courel.
Tamén no macizo oriental de Ourense, Manzaneda,
Trevinca a zona de Verín, etc.
López Seoane fala del en 1861 dando como escaso
nos bosques galegos. Sin dúbida refirese a outra especie de liróns,
cando fala de abondoso, concretamente o leirón enmascarado que se atopa
por toda Galicia.
Efectivamente o Leirón enmascarado é abondoso
e o leirón rabudo menos.
Volver a
características 
|
Curiosidades:

No atardecer é
frecuente escoitar nunha casa de campo das antiguas una gran albarabía.
Estos fantasmas que se escoitan son os liróns.
Son eminentemente nocturnos.
Outra curiosidade é que no país vasco é moi
apreciado gastronómicamente e hai xente que o prepara sensacionalmente.
--------------------------------------------
En algunhos lugares chámanlle "O bandido
enmascarado" pola careta que ten nos ollos. Pero este leirón
non é o Glis glis e outro máis pequeno pero da misma especie.

O de bandido parece que
é porque rouba as mazás. De tódolos xeitos o bandido enmascarado é
outro lirón.

Eliomys
quercinus
Leirón careto ( Eliomys quercinus) "O bandido
enmascarado"

Lirón enmascarado.
O Liron careto
Eliomys quercinus é moi parecido o Glis glis, a súa lonxitude é entre
10-17 cm. O seu peso 46-120 gr. e a cola entre 9-12 cms.
Dende logo é o máis bonito e o máis vistoso polo contraste do
antifaz. O dorso teno pardo acastañado. A cla é moi longa e ten o final
un penacho bicolor, negro por riba e blanco por baixo. As orellas
enormes.

Observar o detalle da cola.
Volver a
características 
Bibliografía:

Fonte de información :
Atlas de vertebrados de
Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural.
Cuadernos de campo. Roedores II. nº
59. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.

Volver a
características 
|