Meles meles.
Teixugo. Porco Teixo .
(Tejón).

De aspecto pesado e forte. O seu habitat case
sempre é nas raíces das árbores sobre todo carballos.
Non moi lonxe están as súas letrinas ou cagadeiros,
pequenos buratos na terra.
A súa vida faina de noite. Come sobre todo vexetais, pero
tamén insectos, miocas , caracois, lesmas, un pouco de todo.
É moi rutinario e así non é dificil de cazar.
Ve-las
características.
Saír.

O
Teixugo- CARACTERÍSTICAS.
Saír.

Nome
científico:

Meles meles. ( Linnaeus
1766)
Mamífero da familia dos
mustélidos.
Clasificación:
Reino:
animalia Filo: Chordata.
Clase: mammalia
Orden: carnivoros
Xénero: Meles
Especie: Meles meles.
Volver a
características  |
Nome galego

Fotografía de Antonio Vázquez.
Teixugo, porco teixo, teixo, teixudo, tasugo.
Volver a
características  |
Nome
castelán:

Tejón.
Volver a
características 
|
Dimensións:

Entre 60-90 cms. Un
peso entre 7 y 13 kg. A cola ten entre 12 e 16 cm.
O teixugo pode vivir ata os doce anos. O normal é
que non pase dos dous.
Volver a
características 
|
Identificación:

É doado de identificalo,
na cabeza ten bandas blancas e negras, únicas. Realmente parece que ten
un antifaz negro.
As orellas ten rebordes
brancos, as patas e o abdomen son negros, o lomo gris plateado, as patas
dianteiras teñen uñas moi largas. É plantigrado.
Inconfundible. Parece un pequeno oso, pero tamén
pode compararse a un peludo cocho, de feito fai uns ruidos
característicos.
A súa pelaxe é marabillosa, e empleabase non fai
moito para facer brochas de afeitar.

Fotografía de Rollin Verlinde.
Ten uñas poderosas. Con elas escaba profundas
covas ou cubís.

Volver a
características 
|
Reproducción:

O celo vai de febreiro a
octubro, pero sobre todo marzo , abril e maio. A preñez é un tanto
variable sobre 60 días. Trae o mundo entre 1 e 5 conxéneres. Son crias
desnudas e cegas con pelaxe blanquecina, e que abren os ollos os 30
días. Son amamantadas ata os 3 meses.
Non se sabe canto tempo botan as crías coa nai.
Volver a
características 
|
Inimigos:

Moitos entre eles o home.
Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo e o zorro, de feito
apareceron restos de teixugo en estómagos destes mamíferos.

De tódolos xeitos en condicións normais o zorro pouco
ou nada lle fai o teixugo que sabe defenderse perfectamente. Ten boa
dentadura e ten boas pezuñas que poden rebanar o pescozo de calquera.

Si se ve moi apurado métese nun buraco inda que sexa
enseñando parte do corpo e cando ocurre esto é prácticamente imposible
sacalo sin xogarse a vida o que o intente.
Ten un olfato e un oído fora de serie. A visión
nocturna tamén é boa inda que este sentido non é o mellor.
O home caza o teixugo pola noite con lazos e outras
trampas, como aparece escrito no libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de José María
Castroviejo y Álvaro Cunqueiro .
Volver a
características 
|
Alimentación:
É omnívoro, come animais
como lombrices, caracois , ras, pequenos mamíferos, carroña, raíces,
bulbos, froita, en fin un pouco de todo.
Gústanlle as castañas.
Tamén lle gustan moito as uvas e o maíz.
Non desdeña comer serpes e lagartos.
O cazador dice que tamén come gazapos de coello, pero
eso é ocasionalmente. O teixugo é imposible que colla un coello a
carreira salvo que este esté enfermo e medio morto.
Volver a
características 
|
Habitat:

Habita en bosques de fronda
e mixtos, é solitario, defeca sempre nos mismos lugares e vai sempre
polos mismos sendeiros polo que é doado dar con el. Excava numerosas
madrigueiras na terra que son usadas pola familia.
A súa madriguera ou tobeira ten
moitas partes: camara principal, camara secundaria, conductos de
ventilación, conductos de emerxencia, letrinas, literas ou cama, etc.
Está moi ben organizado. É un auténtico sibarita.
Toma parexa para toda
a vida. Hiberna (inda que máis ben habería que decir que ten períodos de
inactividade longos, sobre todo no norte de España).
Volver a
características 
|
Vese
nos meses de:

Todo o verán. O teixugo fai
hibernación: esto quere decir que no inverno selecciona unha boa
guarida e permanece durmindo no interior ata chegada de tempos mellores.
Antes de retirarse a hibernar engordan moito, logo viven un pouco de
rentas. De tódolos xeitos todos os hibernantes despertan de vez en
cando, e de seguido volven a dormir.
O teixugo pode encontrar un bon lugar para hibernar
nunha raiceíra. Ou sexa debaixo dun bon arbor, nas súas raices.
Por suposto o que queira ver o
teixugo ten que acostarse tarde ou levantarse moi cedo xa que o teixugo
polo día dorme ou come o que caza pola noite. Pola noite está sempre
cazando xa que é moi voraz e necesita comer moito.
Volver a
características 
|
Interés:

É un animal moi curioso
e limpo. Fai unhas litrinas para meter nelas os seus excrementos que
xa quiseran imitar algúns humans que van o monte e fan de ventre onde
lles peta e non tapan nada....¡¡ porcos!!...
Hai xente que vai o monte que son
peores que os teixugos dende logo e que deberan tomar nota deles...
Hai unha cousa curiosa sobre a
limpeza do teixugo que se conta no libro
"Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de José María
Castroviejo y Álvaro Cunqueiro . Seica o raposo si se quere facer con un
tobo ou tobeira de teixugo, fai as súas necesidades na misma entrada. O
Teixugo que é moi limpo acabará buscando outra coba e deixará esta por
sucia.
Repito que moita xente debera tomar
nota...
Volver a
características 
|
Protección:

Figura no anexo III do
Convenio de Berna, pero non goza de protección legal. Aparece na lista
bermella de mamíferos protexidos.
Está de feito moi perseguido polos
cazadores.
Eu penso que é unha vergoña, pero bueno. País.
Volver a
características 
|
Distribución en
Galicia:

Hoxe atópase en toda
Galicia.
É moi abondoso.
Lopez Seoane xa o cita en 1861 e dí que é escaso.
Vive nun radio de 2 kms. da súa madriguera.
Entra moito nas leiras de millo, onde se cazaba ,
polo menos en Randín ( Ourense) de noite póndolle unhos lazos.
Logo
comíase e seica estaba delicioso. Eu, era cativo daquelas, e non me
atrevín a comelo, hoxe tampouco o faría.
Dice o refrán galego: "Si queres
sudar e botar o frío fora, come teixugo". Seica ten moita grasa, de
feito a súa carne está revestida de grasa amarela que é especial para
todo tipo de dores, a reuma e a epilepsia.
Seica era o plato predilecto dos wikingos, según
"Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de José María
Castroviejo y Álvaro Cunqueiro
Volver a
características 
|
Curiosidades:

O Teixugo é un "bon
vividor", de feito as súas madrigueiras ou tobas teñen de todo: son varias
galerias moi complexas, entre catro a oito saídas. As cámaras de reposo
están a metro e medio de profundidade. Xeralmente as covas do teixugo
desembocan en auténticas covas naturais.
Nos seus sonos invernais, que poden durar varias
semáns vive das reservas de grasa acumuladas durante o outono.
O teixugo tratouse de domesticalo, pero seica é un
pouco tozudo e non deu moito resultado. De todas
formas contase un caso no libro "Viaje por los montes y chimeneas de
Galicia" de José María Castroviejo y Álvaro Cunqueiro no que se dí todo
o contrario, ou sexa que si se pode domesticar e que seica sigue o amo a
todas partes incluso con pequenos berros, si o amo corre moito...
Volver a
características 
|
A súa
pegada:
Dende logo é bastante
característica e distinta.

Os seus Excrementos:
son inconfudibles pola forma xa que
fai un pequeno burato no chan, de aproximadamente uns 10 cm de
profundidade e dentro deposita os seus excrementos. Normalmente
son cilíndricos e cortos, pero poden atoparse blandos. Normalmente ten
algunhas letrinas xusto a saida das cobas que utiliza.
Volver a
características 
|
Links
teixugo:

Link para ampliar
datos sobre o teixugo.
Volver a
características 
Bibliografía:

Fonte de información : Atlas de vertebrados de
Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural.
1995. Tamén utilizo o sensacional libro " Eses nobres
cazadores" de Xurxo de Vivero.
"Viaje por los montes y
chimeneas de Galicia" de José María Castroviejo y Álvaro Cunqueiro
Volver a
características 
|
|