Mustela putorius.
Furón bravo.
(Turón común). 
O furón bravo non é nada común.
Non é doado velo xa que é eminentemente nocturno. Gusta
das cercanías de ríos e regatos.
Aliméntase de outros roedores, páxaros,
ras, serpes e insectos.
A sua pelaxe é de cor parda tirando a negra, o corpo moi
flexible e as patas moi curtas.
Os seus apareamentos son famosos.
O furón doméstico , un furón domésticado vino fai
moitos anos dedicado a cazar coellos, era un número, as veces xa non
aparecía, pero a maioría das veces compría ben o seu papel e botaba
a camada de coellos fora do nido. Logo unha desfeita...
Ve-las
características.
Saír.

O
Furón-
CARACTERÍSTICAS.
Nome
científico:

Mustela putorius. ( Linnaeus
1766) Clasificación:
Reino |
Animalia |
Filo: |
Chordata |
Clase |
Mammalia |
Orden |
Carnívora |
Familia |
Mustelinae |
Xénero |
Mustela |
Especie |
Mustela putorius |
Ir a
características
|
Nome galego:

Fotografía sensacional de Manfred
Danegger.
Furón bravo, rabisaco, tourón.
Ir a
características |
Nome
castelán:

Hurón. Turón.
Ir a
características
|
Dimensións:

Entre 35-46 cms. Un
peso ata 1.5 kg.
A cola pode botar entre 12 a 19 cm.
As femias son máis pequenas.
Ir a
características |
Identificación:

É moi dificil de ver, polo
tanto dificil de identificar. A súa pelaxe é negra -parda, con
lanosidade interna amarela ocre. A cara é de cor máis claro con
mascariña oscura, orellas cortas e redondas con borde blanco, o rabo é
a mitade de largo que o corpo.
A primeira vista, e en plan rápido,
observar as gafas blancas por riba dos ollos. Tamén na rexión media
frontal aparece unha banda negra.
Dende logo o antifaz que ten nos ollos e
nas orellas é inconfundible.

É dodado de identificar

Ir a
características
|
Reproducción:
O celo vai de marzo a maio.
A preñez as 6 semáns, onde trae o mundo entre 3 e 7 crías de pelaxe
branco, que abren os seus ollos aproximadamente o mes, pouco a pouco van
para arriba e no outono independízasen.

Os seus apareamientos son famosos xa que , para a
petición de man, o macho persigue a elexida, durante moito tempo con
continuos e silenciosos galanteos. Cando o fin, a femia se dispón o
apareamento, o macho vai directamente o asunto con toda brusquedade, cos
dentes agarra a súa pelaxe de nuca y levaa dun lado para outro durante
un certo tempo, mentras a femia deixa facer, nunha especie de flaxidez
corporal...incríble.

Ir a
características
|
Inimigos:

Moitos entre eles o home.
Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo.
Emite una secreción especial, cando se defende,
esta secreción ten un cheiro especial que lle sirve como defensa.
Últimamente ten un inimigo
mortal: o visón americano. Centos que escaparon das granxas e que
andan por todos os lados.
¡Pobre furón!
Ir a
características
|
Alimentación:

É un cazador nato, na súa
dieta atópasen todo tipo de ratóns, rans, aves, serpes e insectos.
Actua sempre pola noite.
Ir a
características
|
Habitats:

É frecuente nas ribeiras dos ríos
galegos.
Habita en zonas boscosas
pouco espesas, con pradeiras e campos de cultivo, atópase moito o lado
dos ríos e regatos, donde hai sobre todo salgueiros, amieiros e
bidueiros. Ten aparecido en ríos como o Mandeo, no Ulla, no Alba en
Pontevedra, etc.
Ir a
características
|
Vese
nos meses de...

No é doado velo xa que preferentemente caza
pola noite.
Vense desgraciadamente mortos nas estradas, maís do
que parece.
Ir a
características
|
Interés:

O furón é moi
coñecido polos malos cazadores, xa que unha forma domesticada do furón
o Mustela putorius furo, utilízase para cazar coellos, para elo
introduzese o animal na toba dos coellos. O animal bota os coellos
fora, que son abatidos polos cazadores , mentras o furón que obedece os
silbidos regresa o dono, si cadra. Cando era rapaz, ala por Randín, en
Ourense, vin cazar moitas veces con furón, algunhas o furón
desapareceu. Desaparecía xa que collía o coello e comiao e quedabase a
durmir na misma madriguera.
Ir a
características
|
Protección:

Figura no anexo III do
Convenio de Berna, pero non goza de protección legal.
As ameazas son as típicas sobre todo os incendios e
a caza indiscriminada dos escopeteiros que hai uns cantos...
Por suposto o bon cazador nunca dispara contra un
furón. Pero bons cazadores hai moi poucos...
Ir a
características
|
Distribución en Galicia
Hoxe atópase en toda
Galicia. Pero non en moita cantidade. Ou sexa vese con baixa
densidade pero en moitos lugares.
É máis frecuente en Lugo no Courel e nos Ancares.
Menos frecuente en Ourense.
Lopez Seoane xa o cita en 1861 e dí que é moi
frecuente.
Non é moi apreciado pola súa pel, polo que é
raro velo nos gabinetes dos taxidermistas e peleteiros.
Vai moi a menos...
Ir a
características
|
Curiosidades:
Na enciclopedia de Brehm,
en edicción de 1980, fai Geyers una relación dun enfrentamento dun
furón bravo con dous cans de caza:
"Ó saír fincou os seus dentes nos fuciños
do primeiro can de tal xeito que non foi posible facerlle solta-la
presa, a pesar de facelos rodar ós dous sobre a neve. Acudiu en auxilio
do seu compañeiro o outro can, collendo ó veso pola metade do corpo;
pero non saiu ben librado, pois o animal abandonou ó seu primeiro
adversario e cravou os dentes na pata anterior do segundo; non renunciou
á loita ata quedar literalmente esnaquizado polos cans"
Para rematar decir que o furón é un animal que
lle gustan os xogos dende pequeno. Estos xogos foron obxecto de
estudios, que amosaron a súa importancia e complexidade.
Ir a
características
|
A súa
pisada:
Ir a
características
Bibliografía:

Fonte de información :
Atlas de vertebrados de
Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural.
1995.
Tamén utilizo o sensacional libro " Eses nobres
cazadores" de Xurxo de Vivero.
Ir a
características
|
|