Galemys
pyrenaicus.
Auganeira. (Desmán de los Pirineos)

É un dos animais máis curiosos
e primitivos da nosa fauna.
Tiña visto algunhas na provincia
de Ourense, en distintos
ríos, pero xa fai anos. Hoxe está presente en algunhas cabeceiras de
regatos. Vive nos ríos de correntes rápidas. Tamén é unha boa medidora da contaminación, non lle gustan as augas
sucias. Caza de todo: bechocos, gusarapas, miñocas, insectos de todo tipo, larvas, saramangas e algúns peixes pequenos.
Tamén
se chama desmán, aguaneira, aguaneiro, furapresas, toupeira de río, toupa de
río, topillo acuático e rato almisqueiro entre outros.
Ten un interés especial. Estrictamente protexida.
Hoxe está a desaparecer, as
minicentrais e encoros así como a contaminación son a súa ruína. Dende
fai uns anos os visóns americanos fan desfeitas na súa población...
Características.
Saír.
Características
da :
auganeira
Desmán dos Pirineos.
Galemys
pyrenaicus
Subir.

Galemys pyrenaicus ( Geoffroy 1811).

Clase:
mammalia Orden: insectivoros Família: talpidae Xénero: Galemys Espécie: Galemys pyrenaicus
Endemismo ibérico
O feito
de levar o nome de pyrenaicus é xa que Geoffroy fixo o seu
descubrimento nos Pirineos precisamente. Logo foi aparecendo en
moitas máis lugares.
Volver a características.
|
Nomes
galegos para o Galemys pyrenaicus:
Auganeira, aguaneira, furapresas,
furapresas ibérico,
aguaman, auganeiro, rato auganeiro, agoaneiro, aguadana, aguada, toupeira de auga, rato almisqueiro,
toupa de río,
rato de almizcre, aguacheira, desmán.

Fotografía de Carlos Sanz.
Eu os nomes que máis escoito son os de
auganeira, auganeiro e toupa de río.
Tamén rato do almizcre.
Por suposto
desmán.
Nota: na guía dos mamíferos de Galicia aparece có
nome de furapresas ibérico.
En Portugal dinlle Toupeira de áuga.
Volver a características.
|
NOME CASTELÁN.
DESMÁN, Desmán del Pirineo. Almisquera. Almisque. Rato de almizcre.
Topo de río.

O nome máis usado en castelán é o de
desmán tamén o de topo de río.
Volver a características.
|
Dimensións

Entre 11 e 13.5 cms. sin contar a cola
que pode botar ata 15 cms.

Pesa entre 50 e 80 gramos.

Fotografía sacada dunha película
de Félix R. de la Fuente.
Volver a características.
|
Identificación:
É inconfundible: ten un fuciño longo
aplanado e ancho. A cola está adornada con flecos de pelo. A cola parece a
de un ratón realmente.

As patas teñen membranas interdixitais que
lle permite nadar perfectamente; tamén largas e duras uñas para
agarrarse as rocas e tamén para cazar.
Os pés teñen
entre os cinco dedos, así como membranas interdixitais apropiadas para
nadar. As patas traseiras están máis desenroladas. Ollos moi
pequenos e non se lle ven orellas. Por suposto tenas escondidas e sen
pabellón.
Nada polo fondo do río con moita rapidez.

O pelo é espeso, moi peludo e con
aspecto brilante.
A cola, moi
robusta, é un elemento que utiliza moitísimo como equilibrio e
deslizamento, tamén por suposto contra a corrente do río. Ver a
fotografía de David Pérez que sigue:

Fotografía David Pérez. Fotografía no río Sta.
Eulalia. Subconca Cabrera. León
A pelaxe das costas e os lados varía de castaño oscuro a
gris, e no ventre soe ser de cor crema. Dende logo é reluciente e impermeable.

Os pelos ou bigotiños da trompa
(vibrisas sensoriais)
son fundamentais xa que este animal caza polo tacto, que é o sentido máis agudizado que ten.
Na trompa está
localizado o chamado "órgano de Eimer" que é o responsable de que
sexa un instrumento altamente resolutivo para a localización por tacto
por parte da auganeira.
Sensacional fotografía sacada
dun traballo da Universidade de
Oviedo, Medio Ambiente de Asturias cun
estudio a fondo sobre o desmán. En Galicia estamos a esperar que a
Consellería de Medio Ambiente faga algo pola aguaneira, dende logo ata o
ano 2005, nada de nada, veremos có novo goberno...

Observar tamén que posee un
dente triangular (é o primer incisivo) que é moito maior que os
demais. Por outra banda os dentes de abaixo están dirixidos cara
adiante, non deixa de ser curioso.
Ver este video, moi ben
feito nun colexio galego. Merece a pena.
Volver a características.
|
Alimentación:

Preferentemente invertebrados,
miocas
e ocasionalmente peixes moi pequenos.
Estudiados os estómagos de varios
exemplares chegouse a conclusión de que nun 35,8% eran ephemerópteros,
nun 32% Trichópteros, un 24% de dípteros e un 4% de Plecópteros.
Sacamos a conclusión de que se alimenta, para entendernos os
pescos, de bechocos e gusarapas entre outros.
Seica tamén lle gusta a saramaganta
galega.
Está claro que este animaliño pasa
o día levantando pedras como un tolo para coller estos invertebrados. Si
polo medio atopa miocas ou algún peixiño seguro que son un bon postre...

Esta claro que as miñocas son un
manxar exquisito para o aguaneiro.

Dentadura da auganeira, observar o dente
incisivo superior xa que é incrible.
A súa dentadura está composta
por un total de 44 dentes, tendo tanto na
mandíbula superior como na inferior, 6 incisivos, 2 colmillos, 8
premolares e 6 moas,
diferenciándose entre premolares e moas porque os primeros teñen dúas
cúspides e os segundos catro.

É un animal preferentemente
nocturno, inda que pode ser observado durante o
día, preferentemente a primeiras horas da tarde. É acuático, polo que nada e bucea perfectamente, axudado
sin dúbida polas "aletas" das que están provistas as sus
patas.

Permanece activo durante todo o ano,
xa que non está suxeto a ningún período
de reposo invernal nin estival.

Dentro dos seus sentidos, debemos
decir que a súa vista e o seu oído son mediocres, pero conta cun olfato e un gusto moi desenrolados e un tacto
extraordinario, que reside nos pelillos da súa trompa, os cales,
son moi sensibles ós cambios de
presión da agua, detectando así obstáculos ou
presas a 1 metro de distancia.

Fotografía sacada dunha película de Félix R. de la Fuente.
É curioso realmente como caza, en
realidade bucea aproximadamente un minuto, pero cunha rapidez incrible.
Move as pedras do río e caza de todo.
Nesta
fotografía de J. Niethammer vese perfectamente a súa trompa e os
peliños sensibles (vibrisas) que fan que o tacto da aguaneira sexa especial.
Ver este video, moi ben feito nun
colexio galego. Merece a pena.
Volver a características. |
Habitats:
Presente en algúns ríos galegos de augas
limpas . As augas limpas son fundamentais. Prefire os ríos de leito
pedregoso e de cantos rodados. É máis frecuente atopalo en ríos da
montaña onde se cumplen estas condicións.
Tamén que non sexan ríos moi
estreitos, menos dun metro de ancho non lle gustan, o cal é normal
estos ríos no verán casi desaparecen.

A aguaneira construe a súa galería ou seu cubil preto dos ríos,
sempre entrando pola auga.
Normalmente faina onde hai unha cobertura
vexetal a base de salgueiros e amieiros abondosos. Sobre todo nas
raiceiras dos amieiros.
Trátase polo tanto dun auténtico barómetro da
pureza e da calidade biolóxica das augas,dos lugares onde vive.

Os deterxentes e a contaminación, en
xeral, rematan con este mamífero. Así, o proceso é deteriorar a capa de
grasa do seu pelo, có que se protexe, e polo tanto disminue a súa
impermeabilidade e morre de frío.
As minicentrais e encoros son incompatibles con
este animal. Por debaixo das minicentrais non quedan, non teñen forma
de vivir, coas continuas subidas e baixadas de nivel. Aparte estas
presas rompen a súa comunicación ou migración no río. Os encoros tampouco lle
gustan, lóxicamente.

Sensacional fotografía de Carlos
Sanz.
As canalizacións tan de moda en Ourense
e por suposto en Galicia (dende 1990 ata o 2005), gracias
os cartos de Europa, canalizacións que chaman "facer áreas naturais e
sanear o río", sempre que poñan por medio cemento, lousas, pedras e
demais, son a morte para este mamífero. A verdade é que estanse a facer
algunhas obras nos ríos cós pés en vez de facelas coa cabeza. Realmente
os arquitectos e persoas responsables non teñen perdón, o descoñecemento
do río é total e absoluto...

Ver este estudio feito pola Universidade de Oviedo,
onde se di que as minicentrais e os encoros rematan coa auganeira.
Sensacional
estudio sobre a aguaneira. Feito en Asturias.

En Galicia, mentras tanto, siguen a meterse
minicentrais en tódolos ríos (1997-2005). A verdade é incrible, a desfachatez dos
"minicentraleiros merdeiros" como os chama o cadeirádego de Grego Juan José Moralejo
(falecido recentemente. Gracias Juan José polos teus escritos), tamén a nosa Consellería de Medio
Ambiente que tamén se luce na conservación dos nosos ríos, están a
facer que desapareza este incrible mamífero. Eles, e non outros, son os
auténticos responsables desta desaparición...

Sensacional fotografía de Carlos
Sanz.
A súa vida está relacionada
directamente coas masas de auga, polo que vive en
cavidades naturais ou en tobeiras seguramente xa excavadas,
sempre preto dos cursos de agua
non contaminada, ben osixenada e con abundante
vexetación, ou zonas pantanosas de montaña de iguais características.

Normalmente móvese por un
territorio dunhos 200 metros, no cal ocupa
galerías ó borde dos ríos, construindo o seu niño baixo as
raíces de arbustos que crecen
nos márxenes, valéndose para elo de follas, musgos, etc.
Pode chegar a vivir ata unha
altitude de 2.000 metros.
Volver a características.
|
O auganeiro endemismo Ibérico:


Efectivamente trátase dun endemismo da
Peninsula Ibérica. Ver no mapa os únicos lugares onde existe a auganeira.
Vive en ámbalas vertentes dos
Pirineos, parte do cuadrante noroccidental de Iberia deica o Norte de
portugal e no Sur de Francia.
En Galicia é rara, está distribuida de
forma irregular por todo o territorio.
Frecuente na montaña escasea nos niveis máis baixos e por suposto contaminados. Hai auganeira nos ríos
Miño, Ulla, Umia, Tambre, Navia sobre todo nas cabeceiras e nos
afluentes dos mismos.
Está claro que os ríos non
contaminados teñen máis probabilidade de ter a auganeira.
Frecuente nos Ancares e no Courel.
De tódolos xeitos foi atopada algunha
por exemplo no río Barbaña en Ourense fai anos, e no Sar cousa bastante
rara. Hoxe estos ríos veñen moi porcos... O río Barbaña concretamente
está envelenado un día si e outro tamén (no 2012 todos os meses...e
sigue no 2018...unha vergoña.)
Volver a características..
|
En que
meses se ve:
Vese todo o ano, teóricamente, inda que non é doado xa que
lle gusta cazar pola noite.
Non inverna e non descansa
en todo o ano, polo que nos ríos onde abonda pode verse perfectamente.

Fotografía sacada dos
Fascículos publicados pola Voz de Galicia sobre a Fauna Galega.
Gústalle cazar de noite pero tamén o fai polo día.

Fotografía sacada dunha película
de Félix R. de la Fuente.
Os últimos datos en Galicia estiman un 34,2% (encostas
contestadas 38, encostas afirmativas 13, realmente o dato é anecdótico
polo nº de encostas contestadas) das observacións en ríos da
comunidade. Estudio
feito pola Universidade de Oviedo.
A nosa Consellería de Medio Ambiente (1997-2005) a
dormir...como sempre, no tema dos ríos.
No 2009 seica se comenza un estudio deste
mamífero no río Ulla, estudio que rematará no 2015. Ver este
apartado desta ficha
Proxecto
Life+Margal+Ulla.
Ver
tamén este
link sobre os rastros e un estudio a partir deles.
Ver este video, moi ben
feito nun colexio galego. Merece a pena.
Volver a características.
|
Reproducción:
O macho e a femia (que ten catro
pares de mamas) son prácticamente iguais, ou sexa non hai dimorfismo
sexual.
Está en celo en decembro, refírome
os machos; as femias en xaneiro.
A xestación
dura catro semáns. Os dous meses a camada ( sobre 5 ) abandonan a nai.
Poden chegar a ter dous partos.
A esperanza de vida é de tres a catro anos.
O
desmán é moi fiel o seu territorio.

Fotografía de Carlos Sanz.
Volver a características. |
Interés:
Especial. Trátase dunha especie
endémica da Península Ibérica (é decir soio hai en España e
Portugal e preto dos Pirineos a ambos lados).
Si calquera ve unha aguaneira nun río, repito, quere
decir que o río está san.
Xa quedan poucas aguaneiras, polo tanto poucos
ríos san.
Trátase dunha xoia da nosa natureza. Ademais
claramente está en vías de extinción.
Volver a características.
|
Protección:
Estrictamente protexida polo convenio de
Berna de 1986 e Real Decreto de 1980, onde aparece en grave peligro de
extinción e que debe ser obxecto de especiais cuidados en cada país. Na lista
vermella está como
vulnerable.
O seu inimigo natural é a lontra ( supón un 10%
da súa biomasa anual) , inda que ten aparecido nos estómagos de outros
mamíferos e incluso aves como a Strix alouco ( neste moucho, avelaiona, é raro pero
ten aparecido nunha fraga de Lalín).

Fotografía sacada dunha película de Félix R. de
la Fuente.
Últimamente os visóns, tanto o nativo como o
americano están dando conta destes animais de forma fora do habitual.
Unha magoa.
En Galicia no catálogo galego de Especies ameazadas
(Información pública e información do 21/06/2005) proponse como "Especie sensible a la alteración del Hábitat"
Volver a características.
|

CATEGORÍA
DE AMENAZA
España: Rara
Europa:
Rara Endemismo
ibérico
UICN:Vulnerable/B1+2c
DISTRIBUCIÓN
Habita desde
Galicia hasta Cantabria, sur Cordillera Cantábrica, Sistema Ibérico
hasta Montes Universales. En Pirineos desde Navarra hasta Girona. En el
Sistema Central desde la Sierra de Béjar hasta Segovia y desde Alagón
hasta Cuenca.
En
Francia, norte Pirineos a partir 400m.
En
Portugal, Serra da Estrella.
HÁBITAT
Arroyos y ríos
de fuertes corrientes con aguas oxigenadas y limpias, donde se
encuentran los invertebrados, de los que se alimenta. Casi siempre a
partir de 700m. aunque se han encontrado a nivel de mar.
POBLACIÓN
Se desconoce el
numero en su distribución total. El numero varia mucho de un año a
otro. En los Pirineos atlánticos franceses hay buenas densidades. En
España, buenas densidades en Cordillera Cantábrica, Pirineos
occidentales y norte Sistema Ibérico. Recesión en Prepirineo.
AMENAZAS
Contaminación
de los ríos, destrucción de riberas y construcción de embalses.
MEDIDAS DE
CONSERVACIÓN
Conservación
de los ríos y riveras de montaña, evitando su destrucción,
contaminación y canalizaciones. Control de embalses, minicentrales y
canalizaciones por su efecto barrera y estudiar su situación, ecología
y problemática.
Volver a características.
|
Curiosidades:
É a especie máis estraña dos nosos ríos. Si vemos unha aguaneira nun río é bon síntoma, neste caso o río estará limpo e
non contaminado.
É un fora de serie cazando, tanto invertebrados, como moluscos,
miocas e ata pequenos peixes. A súa trompa é un detector incríble
do movementos do que caza.
En terra é un pouco torpe pero no
río é un nadador extraordinario e un buceador incrible. Moi vivaz,
ràpido e eficiente.

A súa vista é moi limitada xa que
os ollos son moi pequenos. Non ten pabellóns externos de oído pero oe
ben e ten un bon olfato. Está moi adaptado a vida fluvial. Nada ben e a
súa trompa é unha detectora fora de serie...
Os pelos ó mollarse poden albergar
burbullas de aire que lle ofrecen unha gran flotabilidade.

Non é abondoso inda que salvo na Coruña onde é raro velo,
refírome nos seus ríos, no resto está en casi tódolos ríos, sobre
todo en Lugo.
En Asturias as súas peles foron empregadas polos labregos para
escorrenta-la couza da roupa almacenada, por mor do forte cheiro de
almizcle que despide.
-------------------------------------

Como curiosidade decir que a
auganeira tamén tuvo o seu selo de correos dunha peseta. ¡Tempos aqueles!.
Volver a características.
|
Citas:

López Seoane (1861) di que hai moitos en Lugo.
Sensacional fotografía sacada dun traballo da
Universidade de Oviedo, Medio Ambiente de Asturias
cun
estudio a fondo sobre o desmán.
A revista Natura no mes de marzo-abril do 2004 trae un
artigo sobre o aguaneiro, no que indica o que xa se sabe, o desmán
está a desaparecer, está en peligro de extinción, dice que
únicamente se atopa en España: nos Pirineos, na Cordillera
Cantábrica, Galicia e o norte de Portugal e no sistema Ibérico
septentrional.
Ver esta sensacional
fotografía en grande.
Abre unha porta de espranza, xa que o parecer
atopáronse dúas poblacións en Extremadura. Realmente é unha gran
noticia.
Dende logo en Galicia as minicentrais e a contaminación
dos ríos está rematando con este sensacional animal.
Volver a características.
|
Links interesantes sobre a auganeira:
Na rede hai moitos
links
interesantes sobre este mamífero, a continuación poño algúns:

Nota: o problema da bibliografía
que tiña posta, ano 1999, é que en internet moitas cousas,
cambian e perden o link. Estos están actualizados a xuño de
2013. Decir que entre os link perdidos había un francés de
moita categoría.
Sensacional
estudio sobre a aguaneira. Carlos Nores. U. Oviedo.
Sensacional
estudio sobre a aguaneira. Os seus rastros e outras moitas cousas.
Metodología
en el estudio del desmán. Datos importantes.
Vertebrados
ibéricos: el desmán.
Volver a características.
|
Estudios feitos sobre a
aguaneira:
En internet aparece un estudio
feito sobre o
desmán e outros mamíferos terrestres "DISTRIBUCIÓN DE ALGUNAS ESPECIES DE VERTEBRADOS TERRESTRES EN LA CUENCA DEL RÍO ULLA
(GALICIA) EN RELACION CON LA CALIDAD DE LAS AGUAS", concretamente
neste
link.

Reproduzco o que dí sobre o desmán xa que non ten
desperdicio:
" Acerca del Desmán de los Pirineos "
La escasa efectividad de los distintos métodos ensayados para localizar la presencia del Desmán no permitió obtener resultados comparables a los de las otras especies. No obstante he reunido la información de 21 datos directos de su presencia en cursos de ésta y otras cuencas ga11egas, de las que extraigo las siguientes conclusiones:
- La especie está presente desde cursos de caudal muy escaso (<3 m de anchura; 15 % de las citas) hsta los cursos principales de las cuencas
(20-40 m de anchura; 9 % de las citas ). El rango de altitudes fluctuó desde casi el nivel del mar (río Sar en su desembocadura) a los 700 m
(cuencas del Lor y Navia, Lugo).
- En genera1 habitan cursos que presentan una vegetación ripícola muy bien desarrollada y buena cobertura, tal como parecen indicar los resultados de la tabla I.
- En dos localidades (9 % de los contactos) la calidad del agua es bastante mediocre debido a la presencia de polución orgánica; río Sar (amonio
3058-547 ug/l) y río Grande de Xubia (amonio 262-3117), estando clasificados ambos tramos por el BMWP’ dentro de los que sufren algunos
efectos de la contaminación.
- No obtuvimos datos de su presencia en cursos afectados por vertidos inorgánicos de origen minero, ni en los que presentan grandes fluctuaciones de caudal debidas a centrales hidroeléctricas.
"

Sin comentarios ...
Volver a características.
Cuadernos
de campo.
|
 |
Esta é a ficha que pon Félix R. de la
Fuente no seu "Cuadernos de Campo", dedicado os
Mamíferos insectívoros.
Realmente unha xoia, deste gran home, tan importante
para a miña xeneración.
Destaca a larga trompa, as patas traseiras grandes e
palmeadas e a cola longa, moi longa.
Tamén o pelo denso e hirsuto. Ollos e orellas
diminutos. |
No prólogo do pequeno libriño trae un trozo de
texto que non ten ningún desperdicio e que vou poñer íntegramente,
realmente sensacional:
A gran sorpresa de
Félix R. de La Fuente:
Entre
los miles de animales que he tenido la fortuna de observar y estudiar en
mi larga vida profesional de las ciencias naturales, ninguno me ha
impresionado tanto como el Desmán de los Pirineos. Seguramente, el
origen de este asombro mío debía estar muy influido por el hecho de
que antes de nuestras observaciones éste era animal
prácticamente desconocido, hasta el punto de que no se podía encontrar
una sóla fotografía en el mundo entero acerca de este insólito legado
del período glaciar.
Imagínese el lector la trompa de
un elefante, los fuertes e hirsutos bigotes de una morsa, el cuerpo
rechoncho, como un tonel, de un castor, las garras de una iguana y la
cola de una rata.
Reduzca todo a las proporciones de
un lirón careto; anime el conjunto con los movimientos más vivos y las
capacidades notorias más asombrosas que imaginarse pueda. El resultado
será el increible Desmán de los Pirineos.
Todo el equipo anatómico de un
animal ocupa un área geográfica reducidísima, está al servicio de la
captura de invertebrados y pequeños vertebrados en el seno de las aguas
heladas y violentas de los ríos de montaña.
El Desmán ha de conservar el calor
de su cuerpo a las temperaturas muy próximas todo el año a los cero
grados, en las aguas que habita. El Desmán debe ser capaz de bucear y
nadar en los rápidos y las torrenteras. El Desmán, prácticamente
ciego, debe detectar las larvas de los tricópteros, las acorazadas
fases acuáticas de las libélulas, los gusanos de río y otros
animalitos, simplemente por el tacto ó el olfato. Y el frenesí de sus
actividades ha de ser tan infatigable como para que esta criatura
obtenga un aporte alimentario que supera diariamente el propio peso de
su cuerpo.
Durante horas, a través de la
cámara subacuática, en los misteriosos remansos de nuestros ríos
montañeros, he tenido la dicha de sorprender y filmar las más íntimas
actividades de un legado de la Europa glaciar que se resiste a abandonar
la historia de la vida.
Félix
R. de la Fuente. 1980.

Volver a características. |
I M Á X E N E S
A destacar a película
feita polo grupo "El hombre y
la tierra" de Felix Rodriguez de la Fuente. A película "La conquista del
agua" é impresionante, máximo cando están realizadas en 1975.

A dedicada á aguaneira ilustra cantidade de datos desta ficha. Na
película, que hoxe 2005 pode atoparse en DVD vese o aguaneiro no seu
medio: cazando (chama a atención a súa movilidade e que realmente non
para...), arranxando o seu pelo. O seu buceo de aproximadamente 1 minuto
é incrible. Tamén se ve como se aparea. Repito impresionante.

Felicitar unha vez máis a Felix (morto en 1980), onde esté unha
aperta e as miñas gracias de corazón, polo que fixo
pola nosa xeneración. Estas películas zoolóxicas son únicas e
fantásticas.

Fotografía sacada dunha película de Félix R. de la
Fuente.

Fotografía sacada dunha película de Félix R. de la
Fuente.
Na fotografía vese un desmán, observar
como brila a súa pelaxe, que peliños tan largos ten na trompa, a
cola, e un longo etc. É o mamífero máis importante da comunidade
galega.
Volver a características.
Bibliografía da ficha:
"Atlas vertebrados de Galicia" . Tomo I. "Peixes,
Anfibios, Réptiles e Mamíferos". Colección do
Patrimonio Ecolóxico. Sociedade Galega De Historia
Natural. Santiago de Compostela 1995.
"A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia".
Colección Ir Indo. Natureza. Víctor M. López Román e Miguel A.
Fernández Martínez. 1999.
"Gran Guía de la naturaleza: animales amenazados"
de M.A. de la Cruz Alemán y otros. Editorial
Everest. 1996
"Guía dos mamíferos de Galicia"
de Juan Ignacio Díaz d´a Silva e Yosy Cartelle.
Baía Edicións. 2007
Outros datos sacados de internet nos links especificados.
Links.
Volver a características.
Video sensacional.
Este video da
BBC Natural history Unit
permite ver no seu medio a este sensacional mamífero.
Volver a características.
Fotografías sensacionais.
Volver a características.
|
Queren recuperalo no
río Ulla.

O grupo dos departamentos de Zooloxía e Xenética, coordinados
por Paz Ondina, nunha xornada de traballo no río
A idea é boísima e seria,
non outras que cara a galería emprende a Consellería de Medio
Ambiente galego en canto os ríos de Galicia. Veremos os
resultados no 2015.
"Obxectivo
A finalidade do proxecto
Life Margal Ulla é contribuír á mellora do estado de
conservación das especies sinaladas, asegurando as
poboacións existentes no Ulla e establecendo as condicións
máis óptimas para a recuperación das orixinais. Para isto
levaranse a cabo varias accións sobre unha área importante
desta conca fluvial, nun primeiro momento para obter máis
información sobre o estado actual de conservación de Margaritifera
margaritifera e Galemys
pyrenaicus. Posteriormente, este
coñecemento levará a establecer medidas eficaces de mellora
do estado de conservación da náiade de río e do auganeiro,
pero tamén do seu hábitat e deseñaranse estratexias de
sensibilización de cara á poboación. A divulgación dos
resultados do proxecto está encamiñada, por outra parte, a
servir como base para estender as medidas establecidas a
outros ríos galegos e europeos onde aínda perviven con moito
perigo estes seres vivos.
Trátase da primeira
ocasión na que se considera de maneira conxunta a
conservación destas dúas especies intervindo esencialmente
na mellora do hábitat no que se desenvolven. Por outra
banda, é tamén a primeira ocasión na que se busca a
rexeneración da poboación de mexillón de río en condicións
seminaturais e controladas en España.
A náiade e a toupa de auga
son especies que requiren medios fluviais cunha boa calidade
ecolóxica, polo que o perigo no que se atopan responde
precisamente ás graves presións que están a experimentar os
medios fluviais. Isto explica que as medidas previstas, e
nas que participa activamente a USC, están destinadas á
recuperación da funcionalidade natural dos ríos para
favorecer a conservación da biodiversidade que lles é
propia."
¡¡Sensacional!!.
Ler a información
completa neste link:
Ver a referencia na www da USC.
Ver a referencia na Voz de Galicia 10/07/2011
Ver
seguimento 2015
Ver como empezaron as
cousas:
¡Vai en serio!

Ver e ler ó pdf
Volver a características.
|
|