
Trátase
dun animal típico en Galicia nos nosos montes, preto ou non dos ríos.
En tempos abondaba moito máis que hoxe, os seus
problemas principais son os incendios e a caza.
Non é dificil vela preto dos matorrais densos e altos. A Garduña inda
é bastante común en Galicia.
É o terror dos galiñeiros, xa que o que non pode levar de
tódolos xeitos dalle morte, logo, come o que pode e as veces quédase
a dormir no galiñeiro. É a súa perdicción...
Ve-las
características.
Saír.

A
garduña. Características.
Saír.

Nome
científico:

Martes foina (Linnaeus 1758)
Clase: Mammalia
Orden: Carnivoros
Familia: Mustelidae
Xénero: Martes
Especie: Martes foina
Ir a
características |
Nome galego

Garduña, foina,
fuíña,
furatoxos, garduña papalba, papalbo.
Ir a
características |
Nome
castelán:

Garduña, garduno, juina , guina.
Ir a
características |
Dimensións:

Entre 43-55 cms. Lonxitude do
rabo ata 22-30 cms. Peso 200-2000 gramos.
Ir a
características
|
Identificación:
É moi parecida a marta,
pero coas patas máis cortas ademáis a gorxa da garduña é branca, algo
así como un babeiro que lle chega ata as extremidades anteriores. A
marta, esta mancha, tena amarela e mais curta.

Na garduña o babero é blanco e máis
longo.

Na marta o babero é amarelo.
A súa cor é uniforme, entre pardo castaño e
pardo oscuro, o pescozo e o peito son blancos; orellas grandes e redondas,
branco amarelentas no borde. Rabo longo e moi poblado.
Teñen unha gran potencia
mandibular. Son auténticos carnívoros. Bóns colmillos e moi boas moas.
Ir a
características
|
Reproducción:

O apareamento é nos meses
de xulio e agosto. A preñez que bota 9 meses, ten polo tanto 1 parto
o ano. Veñen o mundo entre 3-5 crías cegas que abren os
ollos as cinco semáns. Abren os ollos as 5 semáns e aprender a andar
polo mundo as 8-10 semáns e no verán xa están emancipados.
Ir a
características
|
Inimigos:

Moitos entre eles o home.
Pode ser presa de todo tipo de mamíferos. Por suposto tamén o Azor, os buhos as grandes
aguias poden ser unha ameazada para a garduña en determinados momentos.
Tamén se ven moitas mortas nas estradas.
Ir a
características
|
Alimentación:

Fundamentalmente ratóns,
galiñas, paxaros, insectos e froitos do bosque. Come en realidade de
todo. Tamén lle gustan os coellos
(34%).
Come de noite, cando se pon o sol é cando a
garduña empeza a actuar. De tódolos xeitos tamén se pode ver polo
día, correndo a saltos cortiños, sempre detrás dos paxaros, das ras,
dos lagartos, e en fin todo o que atopa.
Gústanlle moito os figos e a mel, non hai lugar a
dúbidas. Tamén come outros froitos.
A garduña non trepa como a marta, nin moito menos.
Lóxicamente a saída do sol vaise a descansar, no
seu arboliño ou na súa rocha.
Moi curiosa.
Ir a
características
|
Habitats:
Zonas rocosas e con árbores,
lindes dos bosques, claros dos montes, tamén en pobos e ciudades,
parques , canteiras.
Dase moito ou gústalle moito as
zonas de castaños e terreos calcáreos.
Dende logo é máis social que a marta.

Ir a
características
|
Interés:

Moitísimo.
Ir a
características
|
Protección:

Non goza ningún tipo de
protección e dende logo debera ser protexida. Aparece no anexo III do
convenio de Berna.
A súa situación é con moito mellor
que a de Martes martes ou martaraña ou marta, debido a súa
flexibilidade que posee para vivir en biotopos variados e mesmo moi
humanizados.
Ir a
características
|
Distribución en Galicia

Común, amplamente
distribuída, aínda que en número escaso.
Lopez Seoane en 1861 decía que era abondosa.
En Ourense é onde máis se atopa. Hai moitas polas
zonas do Invernadoiro e do Xurés.
Por suposto tamén en Lugo sobre todo no
Courel.
Ir a
características
|
Curiosidades:
A garduña atopa mellor a
Galicia do 2000 que a súa irman a marta, pero de tódolos xeitos as
cousas non están ben nin para ela nin para a marta.

De todos é sabido o que pasa coa garduña cando
ten oportunidade de entrar nun galineiro. Sin dúbida prodúcese a
desfeita: a garduña, ten por costume matar todo canto hai e logo
tranquilamente sin que ninguén a moleste porse a comer. Cando está
farta de verdade, loxicamente bota unha siesta e esa soe ser a súa
perdicción, xa que non é a primeira vez que o dono das galiñas entra
e realmente a garduña pasouno moi, pero que moi mal.
Hoxe non ten moitas oportunidades, pero pode
ocurrir.
É o único mamífero predador
compatible có raposo, alí onde comparten os mesmos biotopos en áreas
pedregosas con arborado.
Tamén outra cousa curiosa é que se
aproxima moito máis o home que a Martes martes, anotando unha certa
antropofilia...
Ir a
características
|
A
garduña incrible:

Fotografía de Antonio Vázquez un
nº 1 en fotografía de naturaleza salvaxe. Asturias.
A garduña distínguese por
ser cauta e silenciosa. Dice Antonio que en Asturias é o mamífero
máis abondoso. Probablemente o sexa tamén en Galicia, inda que
descoñezo o dato.
Ir a
características
|
As súas pegadas

Deixa claramente a marca dos catro
dedos pero tamén se ven as uñas perfectamente.
Os seus excrementos son por regla
xeral enrollados e depositados en calquera lugar.

Excrementos da garduña.
Ir a
características Bibliografía

Fonte de información :
Atlas de vertebrados de
Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural.
1995.
Cuadernos de campo.
Pequeños carnivoros (I). nº
33. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.
Ir a características
|
|