Felis
sylvestris.
Gato Bravo (Gato Montés)

O Gato bravo xa
case non existe en Galicia.
En tempos abondaba moito máis que hoxe. Os seus
problemas principais son os incendios e a caza.
Inda se atopa en Lugo e algún que outro en Ourense.
En Ourense xa se ven menos.
De tódolos xeitos, como son as cousas, en xaneiro do ano
2000 vin o gato montés máis fermoso da miña vida, en Ourense, na
zona de Vilariño de Conso, xusto na zona onde está a sala de
máquinas da central do Cenza. Era precioso.
Foron unhos segundos incríbles que puden disfrutar cos
meus amigos : Manolo Zabal, Roberto García e Xose Luis Mourín.
Ver
características.
Saír.

GATO MONTÉS.
Características
Nome
científico:

Felis sylvestris. ( Schreber
1777) Reino: Animalia
Filo: Chordata
Orden:
Carnivoro Familia: Félidos
Género: felis
Especie:
Felis sylvestris
Características |
Nome galego:

Fotografía Natur fotografie.
Gato bravo, gato fero, gato
montés, monteiro.
Características |
Nome castelán:

Gato montés.
Características |
Dimensións:

Entre 50-80 cms. A cola ten
entre 28 e 35 cms.
Ancho ata
28-30 cms. Peso 5 a 8 kg.
Características |
Identificación: 
A cabeza é redondeada e grande. Ten uns dentes
considerables e o aspecto do corpo é inconfundible con rallas marróns e
o pelo gris.

Pero é
moi dificil de ver, xa
que case non existen en Galicia.

Por outra banda confúndense cos gatos
asilvestrados, é decir os gatos domésticos votados o monte.

A pelaxe é entre gris e parda cun atigramento obscuro, o abdomen a menudo e branco. O Rabo é poblado con anelos
negros e punta roma. Ollos verdes-amarelos, con pupilas verticais e
rasgadas.
É precioso.
Tamén se pode confundir coa xeneta.

Gato montés.

Xeneta
De tódolos xeitos a cabeza do gato é máis
redondeada e máis grande. A cola é moi distinta así como a cor do corpo.
Características
|
Reproducción:
O celo vai de febreiro a
marzo. Neste período os machos loitan moitísimo, extremo que moitas
veces nótase nas magulladuras do seo corpo.
Por regra xeral un macho monta a varias femias.
Así ocurría fai tempo, hoxe teño as miñas dúbidas xa que o gato
montés está en período de extinción galopante.

A preñez bota entre 63 a 68 días, traendo o mundo entre 2-6
crías cegas, cun fino pelaxe amarelo e manchas obscuras, que abren os
ollos os 10 días e independizanse os 3-4 meses.

Na
fotografía sensacional de Jose Luis Rodriguez, aparecen uns gatiños
monteses. Ver a
fotografía en grande, merece a pena.
Características |
Inimigos:

Moitos entre eles o home.
Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo.
De tódolos xeitos non é unha presa
fácil para ninguén. É moi rápido e ten uns dentes incribles. O de
defenderse como "gato panza arriba" non é unha coña mariñeira...facer
a proba con calquera gato e levaredes unha sorpresa...
Non é a primeira vez que vexo un gato montés como trofeo de caza,
unha mágoa, que mal lle facía o gato o cazador, seguro que o mata para
que así teña máis coellos. O de sempre, non saber máis. Entre os
cazadores hai moito analfabeto en natureza e así lle vai a esta.

Dice Jose María Castroviejo e Cunqueiro no libro
"Viaje por
los montes e chimeneas de Galicia" que ...No abunda mucho en
galicia el gato bravo, aunque no escasea. Se le caza, aparte de la
escopeta, con cepo para utilizar su piel que es muy estimada. No debe
desdeñarse tampoco su carne que, después de un buen adobo, recuerda
mucho la de la liebre".
Dice también, copiado
de Alonso Martínez de Espinar del libro "Arte de ballestería y Montería"
..."Relúcenle los ojos de noche, como si fuesen de fuego, sus niñas
crecen y menguan con la Luna: no llega a tener más hijos la gata en las
veces que pare, de veinte y ocho, que son los que la Luna da vueltas al
Zodiaco..."
Características |
Alimentación:
É un cazador nato, na súa
dieta atópasen todo tipo de ratóns e pequenos mamíferos ata do
tamaño dunha lebre. Gusta moito dos esquíos e pequenas aves. Os coellos
pequenos son de tódolos xeitos a súa pasión. O malo é que non os hai.
Come tamén réptiles, seica ata un 12% da súa dieta.
É preferentemente nocturno ou crepuscular.
O seu método de captura sempre é o mesmo: a
espera o acecho, primeiro acércase moi despaciño e calidaño,
avanzando sin facer o menor ruido. Oculto o abrigo dun matorral e
perfectamente camuflado. Esperando pacientemente a súa oportunidade.

Cando esta se produce pega un salto e morde na nuca ou no
pescozo,
rematando rápidamente coa víctima, que non espera este ataque tan
repentino e fulminante.
Características
|
Habitats:

Habita en zonas boscosas e
zonas mixtas con boa conservación, zonas de vexetación mesta de
matorreira con rochas. Sempre en áreas de media e alta montaña.
Non sobrepasa os 1.300 metros de altitude.
Normalmente o macho vive soio, salvo na época do celo
que comenza en febreiro. A gata vai parir sobre abril, maio.
Características |
Vese
nos meses de ...

É dificilísimo velo. Por
outra banda hai moitas mezclas con gatos domésticos o cal é unha
mágoa auténtica. Eu tuven a sorte de velo pero foi excepcional.
Características
|
Interés:

Máximo. É unha
auténtica xoia entre os mamíferos galegos.
Características
|
Protección:
Figura no anexo III do
Convenio de Berna. Está protexido. Está tamén na lista bermella de
especies a desaparecer.
Camiña a extinción total. Unha pena.
En tempos foi cazado xa que era considerado unha
alimaña, está seguramente en peligro de extinción en Galicia.
Características
|
Distribución en Galicia

Escasísimo. Moi raro.
En Pontevedra e Coruña casi non existe, e dende logo e máis
abondoso na provincia de Lugo.
Hai gatos monteses pola zona de Vilariño de Conso,
O bolo, A Veiga e en xeral no oriente de Ourense.
Falta por suposto nas cuadrículas de calquera mapa que
sean máis humanizadas e degradadas.
Características
|
Curiosidades:
Os bufidos seica son moito más intensos que o
gato doméstico. Non me estrana...
Foi moi perseguido xa que
se consideraba unha plaga para a caza. Logo demostrouxe que era falso.
As anécdotas sobre este felino son cuantiosas:
é
típica a da aguía que colleu un deste felinos e apareceu morta o día
seguinte. Non me extrana.
Outra curiosidade é que eu, vin este ano do 2000
un gato montés puro, como xa contei máis arriba. Incrible.
Una visión marabillosa.
Reproducindo exactamente o texto de Xurxo de Vivero no seu
libro maravilloso "Eses nobres cazadores", remito exactamente
unha das súas frases para rematar:
" Mentras a fera viva entre
as árbores,
mentras o salto elástico sexa un raio implacable,mentras o gato
bravo cace nas serenas ou tumultuosas noites de silencio e
encanto , mentras sexa así, a nosa natureza conservará un
derradeiro alento indomable ".
Esto
foi escrito en 1990.
Eu penso que o alento indomable,
desgraciadamente, é historia...

Outra curiosidade:

Dice Jose María Castroviejo e Cunqueiro no libro
"Viaje por
los montes e chimeneas de Galicia" que ...No abunda mucho en
galicia el gato bravo, aunque no escasea. Se le caza, aparte de la
escopeta, con cepo para utilizar su piel que es muy estimada. No debe
desdeñarse tampoco su carne que, después de un buen adobo, recuerda
mucho la de la liebre".

Dice también, copiado de Alonso Martínez de Espinar del libro "Arte
de ballestería y Montería" ..."Relúcenle los ojos de noche, como si
fuesen de fuego, sus niñas crecen y menguan con la Luna: no llega a
tener más hijos la gata en las veces que pare, de veinte y ocho, que son
los que la Luna da vueltas al Zodiaco..."
Características
|
A súa
pisada:
A súa pisada é circular e marca catro dedos e unha
plantilla posterior. Os excrementos de entre 6 a
8 cm por 1,5 de anchura que terminan en punta e cheiran moi mal.
Características
Bibliografía:

Fonte de información : Atlas de vertebrados de
Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural.
1995. Tamén utilizo o sensacional libro " Eses nobres
cazadores" de Xurxo de Vivero, unha maravilla , para mín poética,
que fala dos nosos bravos e sensacionais mamíferos. Dende a milla www
doulle a gracias, polos fabulosos ratos que me fixo e me fai pasar, todo
un canto a nosa natureza.
Tamén teño que decir que as
fotografías de Antonio Vazquez, que descubrín en maio do 2001 son unha
auténtica delicia e irei incorporando algunha pouco a pouco.
Antonio
Vazquez é todo un experto en fotografía da
natureza. É asturiano.
Tamén teño usado o sensacional
libro de Jose María Castroviejo e
Alvaro Cunqueiro
"Viaje por
los montes e chimeneas de Galicia".
Características
Fotografía sensacional.

Fotografía de Antonio Vázquez. Libro "Los espacios
naturales de Galicia"Nigratea 2004.
Por suposto que si o autor considera que non debera
poñer esta fotografía na miña páxina este é o meu email para decirmo.
Email
Características
|
|