Lepus granatensis.
Lebre
(Liebre)

Trátase dun animal típico, en
Galicia, nos nosos montes, preto ou non dos ríos.
En tempos abondaba moito máis que hoxe, a caza, sin dúbida,
afecta moitísimo a esta especie, inda que os seus problemas
principais son os incendios, o furtivismo, as pistas por tódolos
lados, a caza (por suposto) e as enfermedades.
Inda se atopa en toda Galicia, pero en
pouco número.
En Ourense xa se ven poucas : Xurés,
Randín, Baltar, Vilariño de Conso, A Veiga, etc.
É
unha pena xa que é un mamífero espectacular. Posee unha magnífica
vista e dende logo é moi rápido.
Ve-las
características.
Saír.

A LEBRE-
Características.
Nome
científico:

Lepus capensis ( Rosenhauer
1856)
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orden: Lagomorpha
Familia: Leporidae
Xénero: Lepus
Especie: Lepus granatensis.
Especie autóctona. Endemismo ibérico.
Nota: ata 1979 chamouse Lepis capensis.
Hoxe ten o nome de Lepus granatensis para distinguila de
outras lebres. Efectivamente esta lebre é a que existe en Galicia,
aparta da lebre do piornal, Lepus castroviejoi, Palacios, 1977 ; que se atopa nun número moi escaso nas montañas altas lucenses,
concretamente nas montañas dos Ancares.
En España actualmente hai tres tipos de lebres, as
dúas anteriores e a lebre europea, Lepus europeaus, que é un pouco maior
en peso.
Ir a
características |
Nome galego:

Lebre. Lebre ibérica.
Ir a
características
|
Nome
castelán:

Liebre.
Liebre ibérica.
Ir a
características
|
Dimensións:

Entre 40-70 cms.
Ancho ata 7-11 cms. Peso 1,5 a 2,6 kg. Cola: de 9 a 11 cms. Orellas:
entre 9 a 10 cms. Alzada entre 17 a 25 cms.
A Lebre europea é un pouco maior en peso, pode
pasar dos 4 kg.
Ir a
características
|
Identificación:

É a máis pequena das lebres da
península ibérica.
A cor da pelaxe é pardo
amarelento entrecanoso. Abdomen e parte inferior do rabo blancos.

Orellas moi, moi longas que terminan en puntas negras.
As orellas cando se deitan cara adiante exceden o fuciño.
Patas traseiras
moi longas tamén terminadas en puntas negras, por supostos moito máis
vigorosas que as patas dianteiras.

Para distinguir a femia do macho
únicamente se pode facer comprobando, o que se chama vulgarmente "o
sexado na man", non hai outro xeito.
A lebre pódese confundir có coello
pero penso que non debera haber problema...

Lebre.
A lebre ten as orellas moito
máis longas que o coello. Aparte no rabo remata cunha mancha negra
que non ten o coello.

Coello.
Ir a
características
|
Reproducción:

A lebre é menos prolífica có coello,
xa que como moito trae catro lebratos.
O apareamento é nos meses
de xaneiro a agosto.

Típica liorta entre lebres machos...
Previo a típica liorta entre os
machos, onde chegan ata porse de pé e arreanse unhas labazadas do
demonio...
O macho que vence é o que se aparea
coa femia despois duns xogos.

Prácticamente as 2-3 semáns independízanse,
inda que a mai as siga visitanto periódicamente algúns días.
Necesitan polo tanto un mimetismo especial para pasar
desapercibidos. Fotografía de Paco Serrano que aparece na parte
superior.
A preñez bota 42 días e normalmente soe ter 3-4
partos o ano. Veñen o mundo entre 2-5 crías cubertas de pelo e cos
ollos abertos, son amamantadas durante 2-3 semáns e logo independízanse despois de catro semáns. Incríble a súa rapidez.
Ir a
características
|
Inimigos:
Moitos, entre eles o home e
os incendios, a caza furtiva, as excesivas pistas forestais que permiten
a caza furtiva, etc..
Os seus inimigos naturais , de tódolos xeitos, son
os lobos, o zorro, os buhos, as águias, etc. Ten moitos. Pero é moi,
moi áxil... Pode alcanzar os 70 Km/h.
O seu perfecto coñecemento do terreno libraa de
moitos sustos. A súa visión, a súa rapidez, o seu oido, en fin, está
dotada para salvar os seus inimigos, menos o home, "o home é un
tramposo" , e hoxe máis... Que mágoa.
Deféndese có seu oído e olfato, ten
mala vista, é por suposto é moi rápida.
Ir a
características
|
Alimentación:

Fundamentalmente vexetariana
: gramíneas, herbas, setas e frutos.
Poden comer dende a herba máis fina ata corteza de
árbores.
Ir a
características
|
Habitats:
Habita rexións esteparias,
hoxe sobre todo en estepas cultivadas, tamén en paraxes pantanosos e
montañas.
Quere campos abertos e bastantes
chans onde poida defenderse, a súa
defensa é correr. Por supostos prefire matogueiras e campos de montaña
que lle permitan correr xa que é a súa defensa.
Dice a copla: "Hallarás liebre de veras
en invierno las solanas
en verano en las junqueras
Por la tarde y la mañana
sitios frescos y albuferas."
En galego o dito dice "En xaneiro a lebre co cu no
lameiro"
E esta outra "A lebre que has de matar
costa abaixo hala botar"
Textos sacados do libro "Viaje por los montes y
chimeneas de Galicia" de José María Castroviejo y Álvaro
Cunqueiro.
Ir a
características
|
Vese
nos meses de
É dificil ver unha lebre xa
que hai poucas, pero pode haber sorte. Eu pola miña banda vin moitas,
tuven esa sorte. ¿ Onde ?. Pois na Veiga de Calvos, en Randín. Hoxe xa
non quedan.
Por certo nunca matei ningunha. Non me gusta a caza
e nunca me gustou.

É tipico o dito galego "Debaixo
dun toxo pequeno pode sair unha lebre grande", o refrán ten moita
miga que explicar pero creo que ven a conto o tratarse dunha ficha da
lebre.
Ir a
características
|
Interés:

Moito interés. É un
mamífero incríble a pouco que se estudie a súa forma de ser.
Foi emblemático en Ourense, onde habitaba moi
numeroso nas zonas da serra, incluso no val do Limia.
Lembro que en Randín, na Veiga de Calvos vin
moitas nos meus anos mozos. Hoxe co encoro do Salas, imaxínome que
estarán afogadas (é un decir....).
Ir a
características
|
Protección:

Cazapo.
Aparece recollida no III
convenio de Berna.
A lebre está a desaparecer de
Galicia polo furtivismo, a caza de noite, a cantidade de estradas que se
fixeron sin ton nin son favoreceu esta desfeita; amén dos atropelos,
etc.
Según os cazadores de verdade que
son moi poucos, hai moito matarife que incumple as leis, pódese facer
moito por recuperar esta especie.
Ir a
características
|
Distribución en Galicia:
Vese por toda Galicia.
É unha especie pouco común, pero moi ben distribuida o longo de toda
Galicia.
Esta en regresión pola caza e sin dúbida polos
incendios que arrasan Galicia ano sí e ano tamén.

Tamén a excesiva proliferación de pistas
forestais, que sin dúbida favorecen a súa caza furtiva.
Aparece recollida no III convenio de Berna.
Falta no litoral e falta casi na Coruña.
En Ourense quedan algunhas lebres no Xurés, pola
zona do Val do Salas, e na zona do Invernadoiro, Vilariño de Conso,
Trives...
Pero, insisto, hai moi poucas.
Nas montañas lucenses dos Ancares hai outro tipo de
lebre, a Lebre do Piornal, pero escasea moito.
Ir a
características
|
Curiosidades:
A súa estratexia é
correr. Colócase na súa madriguera có seu nariz contra o vento
para detectar todo, as súas orellas e os seus ollos xiran a distinto
lado. Os ollos están dispostos de tal forma que se cruzan os seus
campos visuais, podendo decir que a lebre é capaz de ver o redor sin
xirar a cabeza.
A lebre posee prácticamente unha
visión de 360º, xa que os ollos móvense en tódalas direccións. Esto e a
súa rapidez na huída, son as características principais da lebre.

Na súa "cama" que así se chama pode detectar
calquer inimigo que se acerque ( vela fotografía anterior que é
sensacional).

A lebre actua en varios kilómetros a redonda,
onde dispón da cama principal, varias madrigueras que actuan de
letrinas, comedores, lugares para toma o sol ou solainas, baños de sol.
Si a lebre detecta un inimigo pode quedarse
completamente queta, a non ser que este se acerque demasiado que entón
salta explosivamente. É a ventaxa que ten, correr explosivamente.

Fotografía de Antonio
Manzanares. Artículo aparecido na revista Natura do mes de maio
e que facía referencia a que a lebre gústalle o estrés.
Efectivamente a lebre soio emprende a fuga cando é descuberta,
ata entón, intenta pasar desapercibida, pero en continuo
estrés e coa quinta marcha posta.
Si ten sorte logo, botará unha carreira a
gran velocidade para liberar a enerxía acumulada.
Antonio Manzanares, indica no traballo
citado que os humáns deberan recordar esta lección da lebre e
eliminar o estrés de xeito parecido.
Moi interesante.
O que está claro é todo o contrario do que se
creía da lebre, que era cobarde. A lebre é valente, ten moitísimo valor
para aguantar ata o último momento e logo saltar como un resorte. No seu
correr é capaz de cambiar de dirección constantemente.
Outra cousa moi curiosa é que pódense recoñecer entre elas polo
cheiro dos pés; efectivamente nos pés teñen unha glándula que segrega
este cheiro que vai permitir localizarse entre elas.
Outra cousa curiosa da lebre é que ten uns músculos moi poderosos que
ademais conteñen hemoglobina o que fai que a súa carne sexa bermella e
escura.
Ir a
características
|
A lebre na provincia de
Ourense:

Os datos que aparecen a continuación están sacados
do libro "Guía de turismo cinegético en la provincia de Ourense" libro
publicado pola Camara de Comercio de Ourense en 1999.

Neste mapa da provincia aparece en azul as zonas
de nivel baixo de lebre, por suposto en blanco zonas onde non hai
ningunha. En marrón unha zona media.
O amarelo é zona de alta densidade pero hoxe non
hai ningunha.
É polo tanto unha zona media todo o Xurés, a zona
da baixa Limia, e ata Randín, Baltar, zonas que sempre tuven por moi
boas, de feito na zona de Randín, concretamente nas Veigas de Calvos,
preto de Paradela, había moitísima lebre en tempos.
Logo por suposto outra zona que comenza na antigua
Lagoa de Antela e métese por San Mamede ata a zona do Invernadeiro,
Viana, O Bolo, Vilariño de Conso e toda a Veiga ata Trevinca.
Estos datos son do 2000. Hoxe no 2007 penso que as
cousas deberan estar un pouco peor.
Ir a
características
|
Gústanme estos links.

Fotografía Paco Serrano
Liebre común. Paco Serrano
Liebre ibérica. Sierra de Gaza.
Para huellas de la liebre. Jesús Nicolás.
Ir a
características
Fotografía sensacional
Gústanme as lebres, gústanme
velas nos nosos montes.

Descoñezo o autor da sensacional fotografía.

Paco Serrano. Sacada do link:
Liebre
común.

Fotografía de Antonio LLamazares.
Ir a
características
|
|