Oryctolagus cuniculus.
O Coello.
(Conejo)

Trátase dun mamífero herbívoro. Un animal típico en Galicia nos nosos montes, preto ou non dos ríos.
En tempos abondaba moito máis que hoxe, a caza, sin dúbida,
afectou moitísimo a esta especie, inda que os seus problemas
principais son os incendios e as enfermedades. Por suposto os furtivos
tamén fixeron das súas...
É unha magoa. Un animal que nos cae simpático a todos.
Ver
características.
Saír.

O COELLO:
Oryctolagus
cuniculus.
Nome
científico:

Oryctolagus cuniculus
Reino: animalia.
División: Chordata
Clase: Mamalia
Orden: Lagomorpha
Familia: Leporidae
Xénero: Oryctolagus
Especie: O. cuniculus.
Ir a
características

|
Nome galego:

Coello, coenxo (en castrapo...conexo).
Ir a
características
 |
Nome
castelán:

Conejo.
Ir a
características
 |
Dimensións:

Entre 33 y 40 cms.
Ancho ata 7-11 cms. Peso 2 a 7 kg.
Ir a
características

|
Identificación:

A Cor da súa pelaxe é gris máis ou menos oscura.
O abdomen e parte inferior do rabo blancos.
As orellas
son
longas pero non tanto como a lebre.
As patas traseiras
tamén
moi longas e terminadas en puntas negras, por supostos moito máis
vigorosas que as patas dianteiras.
Dicen os cazadores que o coello de monte nunca debe
pasar de 1,5 kg. de peso; as orellas, unha vez morto, non deben pasar do
fuciño; e debe ter a cola blanca na parte inferior e ser do mesmo cor no
resto.

O coello en libertade pode vivir de tres a catro
anos.
Os excrementos son moi característicos. Son
esféricos de 1 cm de diámetro aproximado. A súa cor depende dos
alimentos que consume pero vai dende o negro ata o gris. Son
característicos os seus retretes ou cagurreteiros onde se acumulan
moreas de cagarretas.

Fotografía sacada deste
link
O sexo, ou sexa distinguir o macho da femia, hai que facer a proba que llaman os cazadores de "el sexado
en mano", ou sexa comprobar o xenitais do coello.
En canto a edade saber que os
coellos ata os nove meses presentan no cúbito un abultamento típico.
Ir a
características

|
A reproducción:

O coello posee unha xerarquía moi
marcada en torno o tobo, a súa familia componse de varias femias e un
macho adulto dominante, logo hai varios machos máis xóvenes e varias
femias.
O apareamento é durante todo o ano, pero sempre
coincidindo coa abundancia de comida nos montes en que vive.
A preñez bota
entre 28 a 33 días, normalmente soe ter 5-7
partos o ano.
Veñen o mundo entre 3-9 crías cubertas de pelo e cos
ollos pechados, e pesan entre 40 a 50 gramos, son amamantadas durante 3-4 semáns e logo independízanse a
quinta semáns.
Incríble a súa rapidez.

O coello considérase adulto os 8 meses con un peso
aproximado de 1 kg.
Ir a
características

|
Inimigos:

Moitos, entre eles o home e
os incendios, a caza furtiva, as excesivas pistas forestais que permiten
a caza furtiva, etc.
Os seus inimigos naturais , de tódolos xeitos, son
os lobos, o zorro, os buhos, as águias, etc. Ten moitos.
Tamén as enfermedades. En particular a mixomatosis,
unha enfermedade vírica que está a rematar con esta especie.

Coello enfermo por mixomatosis.
Ir a
características

|
Alimentación

Fundamentalmente vexetariana
: gramíneas, herbas, raices de plantas, talos, etc.
Ir a
características

|
Habitat:
Habita en xeral montes e bosques. Quere normalmente
monte baixo, con solainas. Necesita tamén un terreo que sexa compacto
para poder facer o seu toco ou toba.

O único que lle interesa é que poda excavar
o seu toco, toba ou madriguera (en castelán), que en galego tamén se chama toqueira ou tobo. Polo que o
terreno debe permitir facer os tobos.
Ir a
características

|
Vese nos meses de...
Fai anos víaxe todo o ano, polo menos
os seus excrementos e os seus tobos. Hoxe prácticamente xa hai moi
poucos en Galicia.
Ir a
características

|
Interés:

Moito interés. É un
mamífero básico como alimentación de moitas especies. Por outra banda é
a estrela en Galicia da caza menor. Sempre o foi.
Ir a
características

|
Protección:

Ningunha.
Dende logo Galicia non é hoxe nin a
sombra do que era en coellos. Xa o dixen: os lumes, a caza excesiva, os
furtivos, as pistas e un logo etc. fixeron que hoxe esté a tocar
mínimos. Pero pode facerse moito polo coello.
Por suposto que non teñamos
incendios nos montes e limpar e desbrozar facendo o habitat mellor. En
definitiva mellorar o medio.
Ir a
características

|
Distribución do coello en Galicia:
Esta en regresión pola caza e sin dúbida polos
incendios que arrasan Galicia ano sí e ano tamén.

Tamén a excesiva proliferación de pistas
forestais, que sin dúbida favorecen a súa caza furtiva.
Hai que citar tamén as enfermedades que padecen en
particular a mixomatosis.

Coello enfermo por mixomatosis.
O coello en Ourense ten algunhas zonas boas por
Viana do Bolo, a Cañiza, a Mezquita e pouco máis. Realmente xa empeza a
escasear bastante, a pesares de ser a peza estrela da caza menor en Ourense.
Dende logo a xestión do monte e outras medidas
escasean bastante...
Ir a
características

|
Links sobre o coello:

Especialmente recomendo o seguinte:
El conejo.
Ir a
características

|
O coello en crisis:

En moitos lugares de España o coello,
actualmente no ano 2005, está nunha crisis profunda. En principio nos
anos 1960 en adiante foi a mixomatosis a causa principal. Logo foi a NHV
(neumonía hemoráxica vírica) que deixou as poblacións de coellos moi
tocadas. Fálase dunha reducción en España do 80% das poblacións.
Hoxe có lince tamén na UVI da natureza,
o coello estase a prestarlle máis atención, por suposto non en Galicia.
De momento na lista da UICN figura o coello catalogado como
"Preocupación menor", realmente para chorar...
A revista Quercus nun artigo do mes de
octubro do 2005, do que saquei ideas e algunhas fotografías" analiza o
tema sarcástico anterior e fala de duas razóns, para que no se tomen as
medidas que se deberan tomar: primeiro fala dos cazadores, como a causa
negativa de que no se tomen medidas que equivaldrían a deixar de cazar
simplemente. Como segunda razón alude os agricultores que se verían
afectados pola obligación de facer descastes e certos controis.
As cousas pintan moi cal para os
coellos...está claro.
O artigo aboga por facer algo
científicamente e non deixar morrer definitivamente esta especie
emblemática dos nosos montes.
Ir a
características

|
Os
coellos en Ourense
Gústanme os coellos, gústanme
velos nos nosos montes.

O coello sempre foi a peza estrela da caza menor en
Ourense.

Este é o mapa da provincia de Ourense onde de cor
marrón están as zonas onde hai coello non de forma óptima e de cor azul
as zonas onde o coello escasea. As zonas amarelas de altos índices de
coello non existen.
A destacar algunhas zonas con Bande, Calvos de
Randín, Baltar no Sur. Viana e Vilariño a Gudiña e a Mezquita no
este. Maside, Irixo, Piñor de Cea no norte. E tamén o cañón do Sil na
súa maioría.
Estos datos son do ano 2000 e
están sacados do libro "Guía de turismo cinegético en la provincia de
Ourense" editado pola Camara de Comercio de Ourense.
Ir a
características

|
|