No dibuxo anterior
vese a reproducción do mexílón de río, sempre que no entorno
exista macho e femia, xa que si non convírtense en hermafroditas
e fan o mismo ciclo, que é curiosísimo xa que polo medio
necesitan a troita ou salmón inda que seica tamén vale unha
saboga ou un sábalo.
Teñen
un ciclo reproductor moi complexo, xa que require o que se chama un
hospedador, que neste caso ten que ser unha troita, un salmón,
un reo, un sábalo o unha saboga durante a fase larvaria. Non
valen os outros peixes.
As larvas son de concha
moi delgada e de tamaño microscópico (os
gloquidios
que miden sobre 50 micras),
incúbanse nas branquias do hospedador, cada femia pode producir varios
millóns (entre 1 e 4 millóns) dependendo do seu tamaño. Estos gloquidios son liberados ó
medio, donde se estimada que soio un 0.01% deles sobreviven, e
seguidamente fíxanse no peixe hospedador.
Normalmente el
gloquidio ten ganchos para amarrarse o corpo
do peixe, normalmente nas branquias, onde se enquista durante varias
semáns antes de transformarse nun xuvenil de vida libre.
Una vez enquistado nos filamentos branquiales do peixe, en
función da temperatura da auga, o gloquidio sufre durante un periodo
de tempo unha metamorfosis ata soltarse das branquias. Caen ó leito
do río, onde deben atopar unha posición favorable en area que esté
limpa... Sábese pouco do tema neste estadio. Si as cousas van ben
alcanzan os dous cms. en 4-5 anos.
A maduración sexual leva entre os 7 e os 15 anos de edad e o
período fecundo pode prolongarse na vellez. É unha especie dioica (hai
macho e femia) pero poden convertirse en hermafroditas dependendo
das condicións poblacionais.
En Galicia os gloquidios son liberados á auga en xullo-agosto.
A vida media da especie está entre 30 e 132 anos e a lonxitude da
concha máxima entre 80 e 145 mm, dependiendo da comida
disponible.
Os estudios realizados con exemplares recollidos en Galicia mostran
que a edade máxima que alcanza a especie nas nosas latitudes está
entre 32 - 40 anos.
Texto sacado da USC, Laboratorio de Hidrobioloxía.
Ir a
características 
Interés:

Importantísimo para un río, os mexilóns de río aparte de estar protexidos, a súa existencia nun río demostra a calidade do mismo. por
eso se fala de especie "paraugas", xa
que si a náiade vive nun río tamén vivirán outros seres que farán
que o río presente un bon estado.

Sei que S. Salman vaime
perdoar. A troita e o salmón están dentro do
paraugas xa que é básica para a reproducción do
mexilón de río. Por suposto que no paraugas hai
moitos máis seres vivos...
Esta especie foi moi explotada no pasado, especialmente en
centroeuropa como fonte do nácar para a fabricacións de moitos obxectos e
para a extración de perlas.
Por certo nun de
cada 3.000 individuos prodúcese un fenómenos único que é a
fabricación dunha perla de gran calidade: o manto que segrega o nácar,
por diversas circunstancias. reacciona producindo un texido que o
envolve pouco a pouco. O proceso dura decenios.
Seica en Alemania existen edictos do ano 1437 nos que a pesca do
mexilón acarreaba a pena de morte.

Grupo de Méxilóns. Fonte
Consellería Medio Ambiente Xunta Galicia.
Descoñezo o autor.
Ir a
características 
Protección.

En peligro de extinción, vulnerable en algunhas zonas
de Galicia.
Convenio de Berna III
UICN-V. En peligro.
Directiva Habitats.
Os problemas claros desta especie son: as
canalizacións, os encoros, os dragados, a contaminación. Por suposto
incendios, caudais ecolóxicos impresentables, etc.
O fluvicidio que está a
sufrir Galicia vai en contra de esta especie.

Esta folla está sacada do traballo de
Paz
Ondina na presentación do traballo Life+Margal+Ulla
ver este pdf.
Está claro que estos desastres que se están a dar
en Galicia nos últimos vinte anos van en contra desta especie.
O anterior é soio unha pequena mostra destos desastres.
Tampouco se pode descartar a regresión que están a
sufrir os hospedadores desta especie: salmón e troita principalmente.
Actualmente están a facer un estudio sobre a
población galega deste mexilón, esperemos os resultados...
Ir a
características 
Ameazas:
Hai que destacar a desaparición de peixes hospedadores
e a introducción de peixes exóticos que compiten con ventaxa cos nosos
peixes autóctonos, aparte os plaguicidas agrícolas, a acidificación
das augas, a modificación dos cursos dos ríos, as construcción de
presas e minicentrais. Todo esto é unha desfeita para esta especie.
O limo do fondo dos encoros é a morte das madreperlas.
A súa conservación pasa polo tanto por un control da
eutrofización dos encoros, polo control do abuso de zonas de recreo (
praias fluviais artificiais feitas sin ton nin son), a protección dos
ríos, a prohibición de recollelos, en fin pasa por buscar a calidade do habitat.
Tamén van na súa contra : as canalizacións, os encoros, os dragados, a contaminación. Por suposto
incendios, caudais ecolóxicos impresentables, etc.
O fluvicidio que está a
sufrir Galicia vai en contra de esta especie.

Esta folla está sacada do traballo de
Paz
Ondina na presentación do traballo Life+Margal+Ulla
ver este pdf.
Está claro que estos desastres que se están a dar
en Galicia nos últimos vinte anos van en contra desta especie.
O anterior é soio unha pequena mostra destos desastres.
Tampouco se pode descartar a regresión que están a
sufrir os hospedadores desta especie: salmón e troita principalmente.
Faixe algo en Galicia ?.
Eu penso que nada. A Consellería de Medio Ambiente Galega non se
dedica a estas cousas. Esto está escrito no ano 2003. Esperamos que a
Consellería actual, ano 2007 fago algo polos nosos ríos. Tampouco.
No 2011 en febreiro anúnciase que se van a cultivar no Ulla,
veremos a ver que pasa. A idea é fora de serie xa que está en
peligro.

Fotografía de M.P. Codina.
Por fin se fai algo en Galicia, ver o
proxecto Life+Margal+Ulla que xa rematou e que, sin dúbida, está a ser
un éxito. A miña ¡enhoraboa! a todo o equipo.
Os interesados
podedes ver este video. Son 28 minutos que explican en que consistiu
este proxecto , o que supón para a conca do río Ulla e como se pode
extrapolar a outras concas. O traballo centrouse no estudio deste
mexilón a Margaretifera e tamén a auganeira,
Ir a
características 
Distribución en Galicia

Atópase en moitos ríos galegos, en especial o Umia, o
Ulla e o río Eo. Ver mapa.
Fora de Galicia únicamente se atopa en zonas de Navarra e Pirineo
navarro.

En Galicia está presente de momento en ríos como o Umia
( sin dúbida desaparecerá co encoro si se leva a cabo) o Ulla o Tea.
Tamén nos afluentes do Arnego e Deza. Tamén nos afluentes do
Ulla : arnego e Deza. Tamén nos ríos Tambre e Mandeo. Tamén nos
ríos Landro, Ouro, Masma e no río Eo. Tamén noutros ríos ver a
referencia o traballo de
Estanislao F. de la Cigoña.
Unha maravilla a conservar.
En Asturias tamén existe en varios ríos ( Narcea, Navia, Esva,
etc. ). En Zamora no río Tera
Os encoros rematan esta especie
Efectivamente, si se estudia a reproducción do
mexilón de río vese claramente que a súa estratexia reproductora
básase nos peixes hospeadores, en Galicia a troita e o salmón. Os
encoros impiden as troitas e salmóns moverse e polo tanto non alcanzan
os tramos medios dos ríos, no Miño quédanse casi o principio os
salmóns, co cal no van arriba.
Así por exemplo o encoro do río Umia, unha obra totalmente
ilegal (hoxe xa funcionando), de ir para adiante rematará con esta especie sin lugar a
dúbidas.

Os encoros rematan con esta especie. Tamén as canalizacións que
se están a facer en Galicia, por certo o 99% pensadas cos pés, pois
ben, nestas canalizacións non hai madreperla.
Certos deportes
acuáticos son tamén nefastos para esta especie.
Xa non digamos a moda do 4x4 que é nefasta para ríos e regatos de
Galicia. O paso polos leitos dos ríos debera estar restrinxido ou
prohibido, salvo en determinados lugares.

Grupo de Méxilóns. Fonte
Consellería Medio Ambiente Xunta Galicia.
Descoñezo o autor.
Ir a
características 
Estudios sobre a Margaritifera.

Ver
documento da Universidade de Oviedo moi interesante sobre a madreperla.
Deste documento saquei algunhas fotografías e cousas do texto.
Ver
tamén este
link.
Fotografías
moi boas
neste link.
Tamén hai un
bon libro con fotografías, publicado pola "Junta de Castilla
y León" "Las Náyades en Castilla y León" de Juan Carlos Velasco Marcos y
Raquel Romero Boyero. Consejería de Medio Ambiente. 2006.
A foto descoñezo o autor está sacada da web da Xunta deGalicia
Ir a
características 
Atopados mexilóns no Ulla.

Fago unha reproducción íntegra do email recibido:
MIGUEL SOUTO
(la voz | lalín)
"Margaritífera margaritífera es el nombre técnico
de un molusco que se conoce comúnmente como mejillón de río, perla,
ostra o madreperla de agua dulce. En las últimas semanas pescadores y
ecologistas han encontrado conchas de margaritífera en el lecho del río
Ulla, en la zona de las torrentes, entre los concellos de Agolada y
Palas de Rei. Algunos incluso apuntan la existencia de ejemplares vivos.
Esta especie ha visto disminuída sustancialmente su población en los
últimos años. Los miembros de la Plataforma Social en Defensa do Ulla
reclaman medidas de protección del hábitat de este molusco para evitar
su desaparición. Creen que la construcción de embalses podría dañar
seriamente las colonias que supuestamente perviven en esta zona del río.
Este molusco busca para vivir ríos de aguas limpias y claras; aguas
blandas relativamente pobres en calcio, fondos rocosos y arenosos con
bajo contenido en limos. Es abundante en las pozas naturales en las
orillas de los ríos.
Desde la Plataforma se estudia solicitar la inclusión de esta zona en la
propuesta de la Red Natura para preservar el hábitat natural de
numerosas especies. Una de las medidas que se proponen es la elaboración
de un plan de restauración de los ríos que incluya incluso la posible
demolición de algunas presas. Uno de los objetivos que se persigue es
devolver su hábitat natural a especies como el salmón o la anguila, que
-según los ecologistas- han visto reducido su hábitat en más de un 90%
en Galicia. Una demanda que se planteará a través de una iniciativa
legislativa popular."
Ir a
características 
Atopados no río Navia e
noutros ríos:

No río Navia a partires da Talla ou
Calexón, 4 quilómetros por debaixo da Pobra de Navia, xa preto do límite
con Asturias atopou Estanislao F. de la Cigoña varios exemplares de
mexilón de río en total medidos botaron unha media de 7,27 cms de longo
por 1,84 de altura, todos cós vértices das cunchas desgastadas. Nun
artigo publicado no libro "A voltas coa fauna galega", 2004,
describe esta presencia do mexilón, que el chama náiade, na
conca deste río, así como as súas características.
Os exemplares foron recollidos en
lugares de augas remansadas, xeralmente cuando a corrente do río vese
minguada por algún saínte, sobre fondos de area e pedras soltas, preto
da beira e a pouca profundidade: entre 15 e 30 cms.
Tamén fala de que foi atopado
noutros lugares:
Según o libro "A volta coa fauna Galega" de
Estanislao F. de la Cigoña en Galicia está confirmada a
existencia do mexilón de ríos nas catro provincias.
Así atopou mexilón en Pontevedra: no río Ulla
e nos seus afluentes Arnego e Deza. Tamén no Umia e no Tea. Está
presente tamén na parte baixa do río Miño.
Na Coruña no Mandeo e no Tambre o seu paso por
Coirós.
En Lugo, onde o parecer a especie aparece ben
espallada, atopou mexilón no Landro, Ouro e Masma e por suposto no
Navia onde fixo o estudio precisamente do mexilón. Tamén na Terra
Cha no río Narla na localidade de Ombreiro. No Ladra en Begote.
Tamén no Ferreira. (Estos datos dice que son de Gustavio Martínez
2003).
En Ourense atopou varios exemplares no río
Avia en Leiro no ano 2004.
Escribe tamén sobre as ameazas para a súa
supervivencia: disminución de peixes hospedadores, a introdución de
peixes e moluscos exóticos, a creciente acidez das augas e a
contaminación dos ríos son as grandes ameazas desta especie.
Ir a
características 
Outros bivalvos en Galicia
Que se teña estudiado en Galicia hai varios
bivalvos como a Anadonta cygnea (que se atopou por exemplo
no río Támega en Ourense) que é moi parecida a Margaritifera (os dentes
son distintos, parecen unha alfombra de tubiños). Tamén a Potomida
littoralis que é parecida e que se atopa no río Miño en Lugo,
xunto a Unio delphinus.
Os Unio dos que se atoparon dúas especies
en Lugo, co tema das piscinas no río Miño e os traslados que se
fixeron, por exemplo no ano 2024.
Son todos moi parecidos:
 |
Margaritifera
margaritifera
Sobre 10-12 cms.
Ríos troiteiros, con fondos areosos e de pedra, sombríos. |
 |
Potomida litoralis
Sobre 6-8 cms.
Canais e acequias con fondos blandos e de
pedra.
Atopouse en Lugo no río Miño. |
 |
Unio pictorum..
Sobre 8-10 cms.
Fondo arenoso e raíces de árbores.
Tamén se atopa en Lugo, pero o Unio
delphinus. |
 |
Anodonta anatina...
Sobre 18-20 cms. É bastante grande.
Augas lentas e encoros. |
Para ver as diferencias hai que acudir a
caracteres morfolóxicos, os interesados ver o libro " Las náyades de
Castilla y León". Ver
bibliografía.
A Corbícula fluminea, é outro bivalvo,
que lle fixen unha ficha especial, xa que é unha invasora incrible. Ver
este
link.
Tamén hai en Galicia os bivalvos pequenos
(menores de 2 cms.) como todos os sphaeriidae e os mytilidae.
Para ampliar ver o libro "Macroinvertebrados de
las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González y Fernando
Cobo. 2007.
Tamén outros ver
bibliografía.
Poño este esquema sacado dun traballo
sensacional de Paz Ondina Publicado a raíz do traballo Life+margal+
Ulla e que podedes topar o pdf
neste link.