Carabus
(Ctenocarabus)
galicianus.
Cárabo galego. (Cárabo).

Fotografía de Antonio Martínez.
É un insecto, coleoptero
endémico do noroeste peninsular, que non se ve facilmente xa que gusta andar preto dos ríos,
pero en zonas sombrías e de moita vexetación, e sobre todo pola noite.
O seu recoñecemento, unha vez
que se ve, é doado xa que ten os fémures de cor laranxa, que contrastan
co corpo entre azul e negro. Por certo o corpo por arriba é acanalado.
Por outra parte non é pequeno
xa que mide
sobre 2, 4 cms. Os machos son mais pequenos.
Habitan os canles de ríos de augas limpas.
É polo tanto un bioindicador da calidade dos ríos. Presente en toda Galicia,
Asturias, León, Zamora e norte de Portugal.
Características.
Saír.

O Cárabo galego:
Características.
Nome
científico:

Fotografía de Faunayflora.net
link
Carabus
(Ctenocarabus) galicianus Gory,
1839.
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Insectos
Orden: Coleoptera
Familia:
Carabidae
Xénero: Carabus
Especie:
Carabus galicianus
Ir a
características 
|
Nome galego:

Fotografía de Antonio Martínez.
En principio non existe nome galego.
O máis lóxico e
chamarlle Cárabo galego, igual que en castelán.
Pola miña
banda tomei conciencia deste cárabo cando o vin nun cartel facendo a
ruta das Pozas de Melón. Este era o cartel:

Cartel na ruta das Pozas de Melón. Ourense.

Pozas de Melón. Río Cerves. Ourense
Ir a
características 
|
Nome
castelán:

Fotografía de Antonio Martínez.
Cárabo.
Ir a
características 
|
Dimensións:

Fotografía de Antonio Martínez.

2,4 cms a 2,6 cm..
De tódolos xeitos a talla é bastante variable.

Ir a
características 
|
Identificación:

Fotografía de Antonio Martínez.
Como todos os carábidos son
alargados diferenciandose perfectamente a cabeza o tórax e o abdomen.

Por suposto o cárabo é moito máis pequeno que este
dibuxo, posto así para distinguir as súas partes e que se vexa as partes
da cabeza, tórax e abdomen. Tamén as patas cós fémures laranxas.

O cárabo mide 2,5 cms. É así máis ou menos.
O feito de ter os
fémures de cor laranxa que contrasta co corpo acanalado de cor azul
tirando a negro fai que sexa fácilmente reconocible.
O problema é que soe cazar pola
noite e non é doado velo polo día.

Este cárabo pode confundirse co
Carabus
melancholicus pero os cores son diferentes.


Penso que está clara a diferencia.
Ir a
características 
|
Alimentación:
Fotografía de Antonio Martínez.
Son uns devoradores
natos, comen típulas, pequenas
lesmas, moluscos, miocas, larvas, etc.
Habitan pequenos ríos de augas en
moi bon estado, por eso se fala deles como un bioindicador de primeira
calidade dos ríos. Normalmente está agochado debaixo das pedras inundadas, e
escapa rápidamente cada vez que se descubre.
Ir a
características 
|
Habitats:


Fotografía de Antonio Martínez.
Habitan pequenos ríos de augas en
moi bon estado, por eso se fala deles como un bioindicador de primeira
calidade. Normalmente está agochado debaixo das pedras inundadas, e
escapa rápidamente cada vez que se descubre.
Gústanlle os lugares sombrios e de
moita vexetación. Tamén que teñan pequenas praias de area, que é onde
poñen os ovos.
Repito sempre coa auga en moi bon
estado.
En Galicia é máis abondosa nas provincias de Coruña
e Pontevedra.
Por suposto que tamén se atopa en Lugo nos Ancares
e no Courel e en Ourense na zona de Manzaneda e Trevinca.
Hai carabos preto do río Cerves en Melón. Ourense.
En canto a altura na que habita hai de todo dende
100 metros ata máis de mil de Trevinca.

Na fotografía sacada do blog
http://luarnafraga.blogspot.com/2010/04/carabus-galicianus-el-escarbajo-gallego.html
Vese como rápidamente se esconde entre os ranúnculos
do río.
Ir a
características 
|
Vese
nos meses de...

Fotografía de Antonio Martínez.
De abril a
outubro.
Normalmente nos outros meses
hiberna.
Nos lugares onde habita pódese
atopar un individuo por metro cuadrado aproximadamente.
En Galicia é máis abondoso nas
provincias de Coruña e Pontevedra.
Por suposto que tamén se atopa
en Lugo nos Ancares e no Courel e en Ourense na zona de Manzaneda e
Trevinca.
Ir a
características 
|
Reproducción:

Fotografía de Antonio Martínez.
Poñen ovos, sempre en pequenas praias de area a
carón dos ríos, dos que nacen posteriormente as
larvas que son alargadas e oscuras xa coas patas desenroladas e fortes
mandíbulas. Pode reproducirse ata tres veces o
ano. Logo hibernan tanto as larvas como os adultos.
Por certo os machos son un pouco máis pequenos cas femias.
Ir a
características 
|
Interés:

Fotografía de Antonio Martínez.
Habitan pequenos ríos de augas en
moi bon estado, por eso se fala deles como un bioindicador de primeira
calidade.
Este é o interés, entre outras
cousas, que poden ter os cárabos.
Ir a
características 
|
Protección:

Fotografía de Antonio Martínez.
Esta especie está
considerada como vulnerable.
As razóns son lóxicas xa que esixe augas en perfecto
estado, cousa rara en Galicia.
As desfeitas que están a producirse das orillas e a
desforestación van en contra do cárabo.
As minicentrais non favorecen a esta especie que
desaparece. Tamén os coleccionistas fan das súas. Ollo con esta
mala costume.
Ir a
características 
|
Curiosidades:

Fotografía de Antonio Martínez.
O Cárabo e unha especie estenotópica (trátase dunha especie cunha
distribución moi pequena e localizada) e higrófila (que vive en
ambientes de moita humidade).
Gusta que preto de onde vive teña pequenas praias de
area onde pon os ovos.
É un bioindicador moi bon sobre o estado da auga do río. Ou sexa
sobre a contaminación.
Ir a
características 
|
Bibliografía

Links interesantes sobre o Cárabo galego:
Algunha información está collida deste links
Tamén neste lugar tendes citas

O carabus é moito máis pequeno, pero esta imaxen é para
ver o detalle.
Outro link interesante

Bibliografía sacada do link anterior:
- Andrade Malde, Xulio (1980) Notas sobre la
biología de Ctenocarabus galicianus, Gory. Nouv. Rev. Ent. X:19-28.
- Prieto Piloña, Fernando & Valcarcel, Javier P.
(1996) Catálogo bibliográfico de los Caraboidea (Coleoptera) de Galicia
(N.O. de la Península Ibérica). Suplemento nº 1 del Boletín de la
Sociedad Entomológica Aragonesa. 17 pp. Zaragoza.
- SGHN (1991) Programa Esenga: Período 1985-1988.
Voceiro de de divulgación nº6. Vilagarcia.
Ir a características

