Dytiscus
marginalis.
Ditisco. (Ditisco).

É un insecto coleóptero que mide sobre 3 cms. Trátase
dun feroz devorador dos pequenos ríos. Ten unhas mandíbulas moi grandes para devorar as
presas, que son outros insectos. É moi abundante nos ríos galegos.
Son
bastante rápidos.
Si queres ver algúns levanta unha pedra do río e
fixádevos. Entre os
bichos que saen seguro que hai un ditisco. Hai unha excepción o anterior. Si hai unha minicentral por riba, o
máis seguro e que o levantar a pedra non saia nada.
Pasoume no río Tuño. O río debe quedar seco, seguro, e morre todo
canto hai.
Características.
Saír.

O escarabello
acuático: Características.
Nome
científico |
Nome
científico:

Dytiscus
marginalis.
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Insectos
Orden: Coleoptera
Familia:
Dytiscidae Xénero: Dytiscus
Especie: Dytiscus marginalis
Ir a
características 
|
Nome
galego |
Nome galego:

Escarabello acuático.
Ditisco
Ir a
características  |
Nome
castelán |
Nome
castelán:

Escarabajo acuático,
ditisco.
Ir a
características 
|
Dimensións |
Dimensións:

Pode ter o tamaño da
figura. Casi 4 cms.
De tódolos xeitos a talla é bastante variable.
Poden vivir ata 5 anos.
Ir a
características 
|
Identificación: |
Identificación:

Dende logo é moi común. Teñen como
se pode ver na figura unha linea aerodinámica incrible. Coa cabeza
metida, son nadadores natos. As patas de atrás utilízanas para nadar e
son anchas e peludas.

A parte dorsal é negra, borde
amarelo o abdomen tamén amarelo, as patas teñen pelos longos que
sirven perfectamente para remar. Nas patas dianteiras do macho teñen
tres ventosas, que sirven para coller e suxetar a femia no apareamento.

Os elitros do macho son lisos, os da femia teñen
profundos surcos.
Presentan adaptacións especiais
para dispoñer de aire durante o mergullo. Vese as veces unha branquia baixo
os elitros de bastante tamaño.
Os machos diferencianse das femias
xa que nas patas dianteiras teñen unhas ventosas, que se ven
perfectamente na fotografía, e que van a servir para aparearse.
Con elas poden xuntarse, poñerse un por riba do outro sin caer, xa
que si non as tuvera resbalaría totalmente xa que o ditisco ten unha
sustancia que impregna os elitros para nadar mellor e facelos
resbaladizos.
Ir a
características 
|
Alimentación: |
Alimentación:
Son unos devoradores
natos, carnivoros feroces, poden rápidamente con rás, tritóns, peixes.
Son incríbles.
As larvas incluso son máis feroces
que os adultos, o que pasa e que a súa alimentación é distinta, xa
que cravan unha agulla nas víctimas e despois chúpana. Incríble.

Larva do ditisco. Esta larva cólgase
da superficie da auga para respirar, pero ante unha presa, serpentea con
rapidez para atrapala.
A larva ten as patas ciliadas e na
punta leva dous garfios cós que colle as presas.
É moi voraz.
Ir a
características 
|
Habitats: |
Habitats:

Xunto os ríos e charcas.
Normalmente vexo o ditisco en
pequenas charcas que deixou o río o baixar o nivel. De tódolos xeitos
como son moi bons nadadores e tamén voadores cambian de charca con
facilidade.

Prefire as augas estancadas, claras
e con moita vexetación.
Son voadores, polo tanto poden
colonizar, rápidamente outros lugares.
Ir a
características 
|
Vese
nos meses: |
Vese
nos meses de...

De maio a agosto.
Ir a
características 
|
Reproducción: |
Reproducción:

A femia leva por riba o macho durante
varios días; o apareamento leva en sí poucos minutos.
Na primavera pon ovos de 7 mm. de
lonxitude e algo curvados que os depositan nas plantas acuáticas. As
larvas, o eclosionar o ovo, miden 10 mm. de lonxitude e alcanzan moi
pronto os 80 mm; logo no verán saen da auga e en terra fan a fase
ninfal.
O remate, despois de dúas semáns
máis saen os escarabellos xa adultos.
Este proceso non é doado de
entender xa que do ovo saen as larvas que se ve na fotografía. Da larva
sae a ninfa a terra e da ninfa o escarabello final. Incrible.
A
larva do ditisco:

Esta é a larva do ditisco, que é unha
depredadora nata, leva as patas ciliadas e na punta garfios.

As larvas incluso son máis feroces
que os adultos, o que pasa e que a súa alimentación é distinta, xa
que clavan unha agulla nas víctimas e despois chúpana. Incríble.
A fotografía está sacada do libro
"Macroinvertebrados
de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González
González y Fernando Cobo Grandín.
Vese como unha larva de ditisco está a
devorar unha larva de anfibio.
|
Esta larva cólgase
da superficie da auga para respirar, pero ante unha presa, serpentea con
rapidez para atrapala.
A larva ten as patas ciliadas e na
punta leva dous garfios cós que colle as presas.
É moi voraz.
Ir a
características 
|
Interés: |
Interés:

Son moi espectaculares.
En Galicia a fauna dos Ditíscidos
esta representada por unhas ochenta especies, pertencentes a 24 xéneros,
entre eles está este escarabello que é o de maior tamaño.
Algúns xeneros como o Hydroporus o
Agabus incluen especies da nosa fauna e en moitas ocasións endemismos.
Ver os interesados o libro "Macroinvertebrados
de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González González y
Fernando Cobo Grandín.
Ir a
características 
|
Protección: |
Protección:

Non están protexidas.
Ir a
características 
|
Curiosidades: |
Curiosidades:

Ollo xa que son moi
voraces. Son na opinión de moitos os máis voraces dos ríos.
Poden vivir ata 5 anos.
O ditisco renova o aire entre 4-7
veces por hora. A reserva de aire tena debaixo dos elitros.
Si queres ver algúns levanta unha pedra do río e
fixádevos. Entre os
bichos que saen seguro que hai un ditisco.
Hai unha excepción o anterior. Si hai unha minicentral por riba, o
máis seguro e que o levantar a pedra non saia nada.
Pasoume no río Tuño. O río debe quedar seco, seguro, e morre todo
canto hai.
Os ditíscidos en Galicia:

En Galicia a fauna dos Ditíscidos
esta representada por unas ochenta especies, pertencentes a 24 xéneros,
entre eles están os escarabellos de maior tamaño da nosa fauna
como o ditíscido desta ficha o Dityscus marginalis, e tamén o Cybister
lateralmarginalis.
Algúns xeneros como o Hydroporus o
Agabus incluen especies da nosa fauna e en moitas ocasións endemismos.
Entre eles figuran o Deronectes costipennis costipennis , o Deronectes
ferrugineus, o Nebrioporus carinatus e o Hydroporus brancoi.
Ver os interesados o libro "Macroinvertebrados
de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González González y
Fernando Cobo Grandín. Hercules Edicións. 2006.
Ir a
características 
|
Mala
sorte: |
Mala sorte as veces...

O distisco é moi bon voador, pero as veces
aterriza en lugares, sobre todo si están mollados, non desexados, como
pode ser unha rúa dun pobo ou tellados acristalados. Un caso de mala
sorte.
Ir a
características 
|
Bibliografía

Algunha información está collida do libro
"Animales de charcas y estanques" de Werner Machtigall, Guia de la
Naturaleza de Everest.
Tamén do libro "Macroinvertebrados de
las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González González y Fernando Cobo
Grandín. 2006.

Fotografía espectacular sacada da Wikipedia.
Ir a características

Saír.

|