Araneus
diadematus.
Araña de xardín. (Araña).

Esta araña tece as súas teas nas
plantas da ribeira, como por exemplo o xunco e outras herbas. A mañanciña, cando
hai xiada, pódense ver estas telas fermosas cheas de gotiñas que parecen xoias. Son moi
fermosas. Ver tamén outra
tela sensacional.
Esta araña acostuma a estar no medio da súa
tea, como se ve na fotografía, sacada en Ourense no río Lonia.
Por certo un río sensacional que hoxe é unha
magoa de río.
Ver
características.
Saír.

A araña de xardín:
características.
Nome
científico |
Nome científico

Fotografía de Shaun Ivory. Femia da araña.
Araneus diadematus.
Taxonomía:
Reino: animalia Filo: Artrópodos
Clase:
Arácnidos Orden: Araneae
Familia:
Araneidae Xénero:
Araneus Especie: Araneus diadematus
Nota: dentro da familia Araneidae hai
soio 4000 especies...incrible. Claro que as arañas xa
son 101 familias dentro de 40.000 especies distintas.
Simplemente se diferencian entre elas pola súa
capacidade de segregar fíos de seda e texer telas ou
arañeiras. As arañas soio teñen dúas partes o
cefalotórax e o abdomen o que está unido por un
pedúnculo.
Ir a
características  |
Nome
galego |
Nome galego

Fotografía de Shaun Ivory. Femia da araña.
Araña de xardín.
Ir a
características 
|
Nome
castelán |
Nome castelán:

Fotografía de Shaun Ivory. Femia da araña.
Araña de Jardín. Araña de la Cruz.
Ir a
características 
|
Dimensións |
Dimensións:

Fotografía de Shaun Ivory. Femia da araña.

Fotografía de Shaun Ivory. Macho de araña.
Entre 10 a 12 mm. A femia
é moito máis grande que o macho, polo menos o corpo. Trátase da
araña de tela circular máis coñecida. Coma tódalas arañas poseen
catro pares de patas que están situadas na primeira parte do corpo,
onde tamén están os ollos.
Os araneidos teñen todos oito ollos, catro deles no frente formando
un cadrado, que se ve na fotografía de abaixo, logo teñen outros dous a
cada lado.

Ollos desta araña.
Ir a
características 
|
Identificación: |
Identificación:

Como todos os arácnidos
poseen 4 pares de patas o que as distingue dos insectos, ademáis o corpo é
completamente distinto dado que as arañas soio teñen duas partes o
cefalotorax (prosoma) e o abdomen (opistoma), distinto os insectos.
Non teñen ás e sí teñen uns quelíceros interesantes...
Son moi distintas os insectos...
Esta araña pode atoparse a carón dos ríos, inda que sexa unha araña de xardín.
A da fotografía está
claramente a carón dun río.

A súa cruz no abdomen é
característica desta araña.
A cruz semella a da orde de
Santiago, concretamente a cruz compostelana invertida.
A cor vai dende un amarelo claro
ata un marrón negruzco.
Outra característica clave desta
araña é a súa arañeira que é moi grande, de feito pode llegar a ter ata
30 radíos. O diámetro pode pasar do metro.
A arañeira que figura na fotografía
no andaba moi lonxe dos 30 radios e o seu diámetro casi llegaba o metro.

O
veleno das arañas.
As arañas, en contra do que se cree
non son tan velenosas, polo menos as que hai en Galicia. Eso si teñen
veleno, de feito utilízano para matar as súas víctimas, pero a súa
picadura o home non deixa de ser como moito a de unha abella, inda que
pode ser dolorosa. Concretamente a picadura desta araña de xardín é moi
dolorosa, así que ollo.
Sobre esto hai todo un tratado en
internet
neste link. O traballo é de Fidel Fernández-Rubio e leva por título
"Artrópodos y salud humana" e está avalado polo Goberno de Navarra no
seu departamente de Saude. toda unha garantia de traballo.
..."Según
este estudio na península ibérica soio hai dúas arañas que poden causar
algúns problemas e para eso non moi serios, que son a Steatoda
paykulliana e a Latrodectus
tredecimguttatos"
Que son estas
arañas:

Steadona paykulliana.
Ten a femia 1,5 cms e o macho a mitade. Sur de Europa e Norte de Africa.
W de Asia.
É a Falsa viuda negra.
Ver este link.

Non sei si existe en Galicia, eu dende logo non a teño
visto.
-------------------------------------

Latrodectus tredecimguttatos.
2 cms. a femia.
Esta é a famosa "Araña viuda ou viuda
negra europea", pero non é nin comparable a a americana.
Seica hai esta araña en Andalucia.
Ver este link.
Ver os casos tratados en Almeria sobre
esta araña.
Tamén este
link en italiano.
E por suposto este
link en castelán.
En algúns lugares chámanlle Araña de
campo. Concretamente en Zamora.

Latrodectus tredecimguttatos.
1 cms. o macho.
datos neste links.
Nota: para profundizar un pouco nas
arañas hai un link moi
interesante.
En Galicia hai unha comunicación
moi
interesante.
Neste traballo fálase de que en
Galicia soio foron localizadas, de momento, 131 especies das 2000 que se
coñecen en España. Fala do ano 1994.
Ir a
características 
|
A
súa tea de araña, as arañeiras: |
As arañeiras: construcción.

No dibuxo, moi curioso, pode verse
como fai unha araña a súa tea.
No primeiro dibuxo vese como a
araña lanza o fío a ver que pasa hasta que choque no pau contrario,
aproveitan por suposto o vento e non atinan fácilmente, esto sábese xa
que moitas veces eu diría sempre atópanse fíos que non deron no pau.
Seguidamente apuntalan este fíop
facedoo máis groso a base de cruzar varias veces. No paso 3 vese a
famosa y e así a apuntalamento é perfecto.

Nesta fotografía vese este aspecto hai tres
fios moito máis grosos e que apuntalan a arañeira. Fotografía
sacada no río Navea, neste caso a arañeira cruzaba o río.
Incrible.
A súa tea pode verse perfectamente
ó achegarnos á beira dos ríos, sobre de todo nas mañás de orballo.

A construcción destas arañeiras
fanna as arañas femia en base os fíos de seda que fabrican, en realidade
trátase dunha proteina, a fibroína, que está demostrado posee una
resistencia incrible, dicen que superior o aceiro.
A arañeira vai a permitir a araña
cazar as súas presas en base a que as detecta rápidamente e acude a
moitísima velocidade para matala rápidamente.
É curioso que a arañeira casi a fan
tódolos días. Efectivamente o cabo do día sufre pequenas averias. A
araña o chegar a noite vai devorando toda a arañeira xunto cós mosquitos
ou animaliños que teña. Antes do amanecer volverá a tela lista.
Ir a
características 
|
Alimentación: |
Alimentación:

Araña envolvendo unha avispa que logo dará conta dela...Descoñezo
o autor da fotografía.
É, coma todas as arañas,
carnívora. Gustánlle moitos todo tipo de insectos. Neste caso comen
avispas, abellas, cabaliños do demo de todo tipo, bolboretas, moscas, mosquitos, efémeras, tricópteros, etc.
A alimentación fanna dunha forma moi
singular, primeiro mata a peza, logo inyecta uns xugos gástricos que
descompoñen a peza e finalmente chupa eses xugos.
Ir a
características 
|
Habitats: |
Habitats:

Nos prados a beira dos ríos é o seu
lugar ideal, pero realmente construe a súa arañeira en calquera lugar
onde teña dous postes o un valado ou pedras dun lado e de outro, e poda
así construir perfectamente a súa arañeira.
Non é doado vela salvo que este no
centro da tea, que é o normal desta araña, pero tamén pode estar
escondida nas herbas, neste caso tan pronto como un mosquito ou mosca
toque a tela e se enmarañe nela, acudirá rápidamente.
Usan o teléfono de fios dende moito antes que o home.
Non lle falla.
Ir a
características 
|
Reproducción: |
Reproducción:

Fotografía sensacional de Shaun Ivory. Femia.

Fotografía sensacional de Shaun Ivory. Macho.
O macho ten o corpo máis pequeno.
A femia desta araña tarde casi un
ano para facerse adulta e capaz de aparearse. Nótase xa que nese momento
fará unha gran tela e ademáis liberará o que se chama unha feromona
(para que podamos entendernos unha especie de colonia) que atraerá
irremisiblemente o macho.
O ciclo vital é así un complexo
ritual. Logo a bolsa dos ovos queda camuflada na femia dentro da tela
primeiro e na corteza dos árbores ou entre as follas do bosque. As veces
esa bolsa lévana ata a eclosión.

Sensacional fotografía de J. Monzó sacada de
Fotonatura.org.
Nesta fotografía vese a nosa araña trasportando a
bolsa dos ovos ou xa das pequenas arañas que as veces saen da bolsa.

Fotografía sensacional de Shaun Ivory. as
pequenas arañas...
Estas tres fotografías están sacadas
deste
link.
O demais xa o sabemos a femia
cargará cos ovos e logo virán o cabo dun tempo os fillos, que se
buscarán a vida rápidamente.
Ir a
características 
|
Vese
nos meses: |
Vese
nos meses de...

Todo o ano. É evidente que en
inverno será máis dificil de ver, o lóxico é que se vexan máis na
primaveira e no verán.
Ir a
características 
|
Protección: |
Protección:

Esta araña non goza de ningunha protección oficial
que eu sepa.
Ir a
características 
|
Curiosidades desta araña: |
Curiosidades desta araña:

Non se pode decir que unha araña
sexa intelixente, pero dende logo algo teñen superior a moitos bichiños
da natureza. Unha das cousas que máis me chama a atención é por suposto
a construcción da súa arañeira; é toda unha obra de arte.

Neste dibuxo están os pasos da construcción. Toda unha
obra de enxeñería. Alta enxeñería diría eu...
Outra das cousas é que as arañas
casi poden voar, en realidade non voan pero teñen unha técnica que
aproveitan o vento para desplazarse, sempre por suposto atadas por
hilos de seda. O que fan é lanzar primeiro o fío de seda e logo
desplazarse, vese moi ben nos pasos 1 e 2 dos dibuxo. Así fan grandes
distancias. Hai xente que dice que fai quilómetros con este procedemento
ou similar. En realidade falan de que fai parapente, que é outra cousa,
pode ser...

Esta arañeira estaba atravesando un río, o río
Navea en Ourense, nese lugar entre as orillas do río había máis de
dous metros. Toda unha obra de enxeñería, alta enxeñería xa que os
fíos que se ven máis grosos que os outros, non son
fáciles de romper que mo digan a mín...
A potencia deste fío, feito dunha
proteina especial, é incrible, dicen que superior o aceiro. As
propiedades deste fío seica son milagrosas por exemplo para taponar
feridas...

Outra cousa que maravilla é o
previsoras que son có tempo, son auténticas estacións metereolóxicas
infalibles. Por exemplo preven a choiva, porei un exemplo: si as arañas
detectan que mañá vai chover inmediatamente desfan a súa arañeira e
fana uns centimetros máis arriba. Incrible pero certo...

Dicen que esta araña ten a
capacidade de cazar bolboretiñas de noite en voo. Dicícil verdade?
Pois si, simplemente soltan una
sediña, a misma coa que fan a arañeira soio que cunha diferencia e que
na punta leva unha gotiña de pegamento.

Simplemente os pasos 1 e 2 do
dibuxo. A seda vai cara arriba polo vento e si atopa unha bolboretiña,
que se de por morta. Logo xa é recoller...e comer...
-----------------------------------

Para rematar decir que esta araña
ten tamén moitos depredadores que a consideran marisco. Así hai un
morcego que se achega a súa arañeira e en pleno voo colle esta araña que
pasa a outra vida. Si no campo vemos unha arañeira, sin araña e sin o
centro da tela debemos pensar que pasou por alí o especialista en
marisco de bosque...
Normalmente trátase do morcego de
orellas dentadas o famoso Myotes emarginatus, todo un especialista...

Esta arañeira sin araña e rota no centro da que
pensar...
Neste caso pasou por ali o Homo sapiens có programa
PSP. pero podería ser o morcego perfectamente...
-------------------------------------------------------------
Agora me entero de que as arañas
son as primeiras que chegan os bosques queimados polo lume sendo
así clave para rexeneralos.
Leer este
link.
Ir a
características 
|
Pedir
perdón: |
Pedir perdón a esta araña:

Dende estas lineas
pídolle perdón a nosa araña. Pídolle perdón como pescador.
¿ Por qué ?.
Non sei si vos terá
pasado , pero a mín moitas, moitísimas veces, que pescando a troita en
río difíciles, o subir polo río e ter que meterme por esos lugares,
levar por diante, moitas arañeiras, e por suposto conmigo tamén a
araña.
Si non vos pasou esto é
que non pescades "fino", eu teño levado moitas por diante, non
queda máis remedio.
Por eso pídolle
perdón...
Eu sei que mo dará...

Esta foi a última
arañeira que estropei, como pode verse pola araña que está
intentando reparala. Pasoume no río Navea
moi preto do pozo do Félix, nun regatiño que baixa e no que sempre
bebo auga. Pois ben, non vín a tea e leveina por diante. En honor da
araña poño esta fotografía e pido novamente perdón. (09/05/2006).
Ir a
características

|
Sair.

XOIA DE
TEA DE ARAÑA

|
Aquí pódese apreciar perfectamente
as perliñas que formou a xiada nunha tea de araña.
Marabillosas.
De
tódolos modos vese o que se quere decir das perliñas que forma a noite
de orballo.
|
Obras de inxeñería marabillosas. Obras maestras:

Esta arañeira demostra as claras as auténticas
xoias que podemos contemplar algunhas veces. Esta tea atravesa o río,
incrible, ademáis tiña varios cabos para tensala, cabos que se poden
observar na fotografía, estos cabos son moito máis grosos.
Facía un vento bastante grande e dende logo a tea
casi non se movía, sensacional.
Realmente marabilloso. Unha obra maestra.
A fotografía está sacada no río Queixa, Chandrexa
de Queixa. Ourense.
Ir a
características


|