
Entre os arácnidos de río, en
Galicia, o máis famoso é o que aparece na
figura.
Esta araña tece as súas teas,
bastante simples por certo, nas
plantas da ribeira, como por exemplo o xunco. A mañanciña cando
hai xiada pódense ver estas telas cheas de gotiñas;
algunhas parecen xoias auténticas.
A araña sempre agarda entre os xuncos
e espadainas e non
é doado vela. De tódolos xeitos si algo
toca na tela acudirá rápidamente; usan o teléfono de fios dende moito antes que o home.
Non lle falla.
Ver
características.
Saír. 
Tetragnatha de
montaña: características.
Nome
científico |
Nome científico:

Tetragnatha
montana, Simon 1874.
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase:
Arácnidos
Orden: Araneae
Familia:
Tetragnathidae
Xénero:
Tetragnatha
Especie: Tetragnatha montana
Nota:
en algúns manuais figura como a araña típica de río a
Argyronetra aquatica,
chamada araña de auga,
que é a que aparece metida nunha bolsa que ela misma fai, e
que lle permite vivir no fondo do río alimentandose de insectos,
tanto no fondo como na superficie.

Pois ben, esta araña non existe en España, polo
tanto non existe en Galicia, está claro.
O feito de coller á Tetragnatha,
como representante da chea de arañas que hai a carón dos nosos ríos
e regatos, penso que cae de caixón...
Ir a
características  |
Nome
galego |
Nome galego:

Araña de río.
Ir a
características  |
Nome
castelán |
Nome castelán:

Araña de río.
Ir a
características  |
Dimensións |
Dimensións:

Femia ( izq)
.
Macho (dereita).
Entre 15 y 25 mm. A femia
é moito máis grande que o macho, polo menos o corpo.
De tódolos xeitos hai
varios tipos dentro das tetragnathas, inda que coido son moi similares.
As fotografías correspóndense a variedade "montana".
Ir a
características 
|
Identificación: |
Identificación:

Como todos os arácnidos
poseen 4 pares de patas o que a distingue dos insectos. Esta araña
atópase preto dos ríos, gusta moito da zona onde hai xuncos, ten unhas
patas moi longas, entre duas e tres veces o corpo. Como todas o seu corpo
ten duas partes moi diferenciadas, a dianteira que neste caso é pequena e
a traseira que é máis blanda.

O seu corpo é bastante
tubular é ten cor verde con brillos metálicos.
A parte anterior soporta
tódalas patas, ademáis dos palpos e os ollos. Os quelíceros veñen a ser
como dentes venenosos.
Ir a
características 
|
A
súa tea de araña, as arañeiras: |
A súa tea:

A súa tea pode verse perfectamente
ó achegarnos á beira dos ríos, sobre de todo nas mañas de orballo,
xa que veremos xunto os xuncos e espadainas unhas arañeiras con pouco
máis dunha ducia de radios circulares onde o centro está sin rematar.
A araña aparenta ausente, pero si
temos paciencia e buscamos non moi lonxe da tea de araña atoparemos a
tetragnatha ... seguro.
A femia é a única que fai
arañeiras.
O macho debe adicarse únicamente en
procurar as femias da súa mesma especie.
Ir a
características 
|
Alimentación: |
Alimentación:

É coma todas as arañas:
carnívora. Gustánlle moitos todo tipo de insectos. Neste caso comen
volvoretas, moscas, mosquitos, efémeras, tricópteros, etc.

Eiquí vese
que a arañeira non é unha xoia, pero é efectiva.
Ir a
características 
|
Habitats: |
Habitats:

Nos prados a beira dos ríos.
Non é doado vela salvo que se teña
paciencia.
De tódolos xeitos si algo
cae na tela acudirá rapidamente.
Usan o teléfono de fios dende moito antes que o home.
Non lle falla.
Ir a
características 
|
Vese
nos meses: |
Esta
araña vese...

De maio a octubro.
Ir a
características 
|
Reprodución: |
Reproducción:

O seu apareamento é moi
característico, xa que o macho si non anda listo pode morrer no
intento. É polo que, o primeiro que fai, é coller coas suas mandibulas
as da femia e logo aparearse. Non é de todo tonto...
Ir a
características 
|
Protección: |
Protección:

Non están protexidas que
eu sepa.
Ir a
características 
|
Curiosidades: |
Curiosidades:
A súa técnica
de camuflaxe é por as súas patas o longo do soporte onde están.
Técnica que tamén utilizan para camuflar os ovos.

Nesta fotografía
vese o dito anteriormente. Trátase da Tetragnatha montana, nesta caso a
femia.

Nesta fotografía
vese o dito anteriormente. Trátase da Tetragnatha montana, nesta caso o
macho.

Esta araña ten nada menos que oito ollos.
¡Menudos quelíceros ten!.
Fotografía
sacada dun
link
fantástico sobre arañas.
Outra curiosidade é responder a
pregunta de ¿por qué a araña non se queda pegada á tea?

Esta pregunta é xeral
para tódalas arañas que fan teas.
A resposta é a seguinte:
as arañas fan distintos tipos de fios ó construir a tea, destos
tipos soio un é pegañento. O mismo fío ten zona pegañentas en
glóbulos e outras non. Cando a araña vai coller a súa presa vai
con coidado polas zonas onde non está o fío pegañento.

Ir a
características 
|
Pedir
perdón: |
Pido perdón a esta araña:

Dende estas lineas
pídolle perdón a nosa araña. Pídolle perdón como pescador.
¿Por qué ?.
Non sei si vos terá
pasado , pero a mín moitas, moitísimas veces, que pescando a troita en
río difíciles, o subir polo río e ter que meterme por esos lugares,
levar por diante, moitas arañeiras, e por suposto conmigo tamén a
araña.
Si non vos pasou esto é
que non pescades "fino", eu teño feito de todo.
Por eso pídolle
perdón...
Eu sei que mo dará...
Ir a
características  |
Saír.

AS
TEAS DE ARAÑA: as arañeiras
Arañeira marabillosa: pero non é da
Tetragnata

|
Aquí pódese apreciar perfectamente
as perliñas que formou a xiada nunha tela de araña.
Marabillosas.
De tódolos xeitos está arañeira non é a da
Tetragnatha.
A
arañeira da nosa araña é moito máis simple e feita doutro xeito,
simplemente con 10 ou 15 radios saintes e pouco máis. O centro semella
como pouco traballado.
De
tódolos modos vese o que se quere decir das perliñas que forma a noite
de orballo.
|
Outra obra maestra a carón dos ríos:

Tampouco esta arañeira é a da Tetragnatha, xa
que esta araña fainas máis simples.

Este foi a araña que fixo esta tela.
Esta tea de araña demostra as claras as auténticas
xoias que podemos contemplar algunhas veces. Esta tea atravesa o río,
incrible, ademáis tiña varios cabos para tensala, cabos que se poden
observar na fotografía, estos cabos son moitísimo máis grosos.
Podo decir que facía moito vento e que sin embargo a tea prácticamente
non se movía.
Realmente marabilloso. Unha obra maestra.
A fotografía está sacada no río Queixa, Chandrexa
de Queixa. Ourense.
---------------------------------------

Fotografía da Tetragnata coa súa tea. Está sacada deste
link.
Fai a súa arañeira entre os xuncos
e espadainas, pero son con pouco máis dunha ducia de radios e
espirais. Son circulares e semella que a araña preguiceira deixou o
centro sen rematar.
Vexe que esta araña ten outras
virtudes...
Observar as súas patas e quizás se
vexan as súas virtudes...
Ir a
características 
Buscando a Tetragnatha

Fotografía sensacional de AMR-Cabor. Internet.
Dicen Victor M. López e Miguel
A. Fernández Martínez no seu libro "A natureza dos
ríos e ribeiras de Galicia", auténtico libro de inspiración
da miña páxina web:
..."Ó achegarnos á ribeira do río
nas mañás de orballo fanse patentes, entre os xuncos e as espadainas
da ribeira, unhas arañeiras con pouco máis dunha ducia de radios e
espirais. Son circulares e semella que a araña preguiceira deixou o
centro sen rematar. Aparentemente a autora da estructura está
ausente e aínda que tentamos atopar o refuxio de seda, típico
doutras especies, esta non aparecerá. Con paciencia e observando
cada un dos talos dos xuncos sorprenderemos inmóbil a araña que sin
dúbida pertencerá ó xénero Tetragnata. Estas arañas teñen o corpo
alongado e tubular de cor verde con brillos metálicos e para
semellarse ó soporte, as longas patas están dispostas na mesma
dirección có estrito soporte...".

Fotografía sacada no río Navea. Pozo do Félix. 2008.
Ir a
características 
Saír.

|