Formiga a tamaño natural.
As formigas non podía faltar nesta pequena relación de insectos. A formiga pode entrar na dieta da troita, pero non é un cebo bon.
Formigas no mundo hai 9.000 especies, en España coñecense 160 especies, que son as chamadas formigas ibéricas, unha delas é a formiga roxa que é común en toda Europa. Trátase dunha depredadora de bosques.
Distínguese entre outras cousas porque na súa cintura soio ten un anelo. Pode verse na fotografía.
Mide pouco máis dun cms.
Características.
A formiga vermella: características.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitats Alimentacións Reproducción Vese nos meses de Tipos formigas Fotografías. Curiosidades
Nome científico
Formica rufa. Linnaeus 1761.
Taxonomía:
Reino: Animalia
Clase: Insectos
Orden: Himenoptero
Familia: Formicidae
Xénero: Formica
Especie: Formica rufa
Nome galego
Formiga vermella, formiga roxa.
Nome castelán:
Hormiga roja.
Dimensións
Pode ter o tamaño entre 14-11mm.
Esta formiga pode vivir entre 1 a tres anos. A súa reina ata 10 anos.
Tamaño natural.
Identificación:
Dende logo é moi común.
As cores pardo-negruzcas da cabeza, abdomen e pata é bastante común.
Seis patas como todos os insectos.
Nesta fotografía a formiga está en actitude defensiva e saca as mandíbulas para asustar.
Mandíbulas potentes.
Fotografías collidas deste link.
Para ampliar ver este link.
Alimentación:
![]()
Gústalle moito os outros insectos, como o saltamontes.
Na fotografía un grupo de obreiras carretando un saltón para o nido.
En realidade comen de todo dende follas, sementes, etc.
En canto a comida e as acumulacións da comida para o inverno hai unha cousa ben curiosa:
Habitats:
Xunto os ríos e charcas, non preto do río. Gusta máis de espacios abertos na mitade do bosque ou lindeiros.
Vese nos meses:
Dende o final da primavera ata os principios do outono.
Reproducción:
Poñen numerosos ovos no seu nido. Logo alímentan estos nidos con insectos de todo tipo.
Para elo forman os chamados formigueiros, como por exemplo:
Teñen unha organización bastante complexa, de feito acumulan comida para os tempos malos, cuidan os ovos, poseen unha reina, formigas machos, formigas obreiras, etc. etc.
Neste links hai moitas preguntas sobre as formigas e a súa organización, como se alimentan, como traballan, etc.
Curiosidades:
Viven en grandes montóns que poden chegar a ter máis de 1 metro de altura.
As formigas funcionan como un todo, sempre como colonia. Fan por exemplos túneis de ata 90 metros con avenidas secundarias, pozos de ventilación e cámaras para botar a porcallada. O seu mundo é incrible.
Contan por exemplo que para instalar o nido envían exploradoras e o regresar cada una presenta o seu emplazamento que logo se colle de forma que sexa, o escollido, o mellor.
A reina da colmea é a superespecialista en rerpoducción xa que chega a poñer ata 29.000 ovos ó día.
En canto a gardar a comida fan cousas incribles, sobre todo como selecionan as sementes que recollen e o que fan para que sexan realmente comida e non lles fastidien a casa, así algunhas córtanas en dous pedazos para que así non exista a flaración e outras en catro, xa que en dous si se reproducen. Como se entende esto. É incrible.
Que poucos sabemos do que nos rodea.
Ver este tema que engado en marzo de 2024:
A fonte é a National Geographic Nature.
Tipos de formigas:
Hai outros tipos de formigas, máis grandes e tamén máis pequenas.
En España hai 160 especies de formigas.
Son comúns a formiga negra, formiga amarela, etc.
Ver este link.
Links sobre as formigas:
Detalle dunha formiga típica. Fotografía 16/05/2006. A formiga ten tres veces o tamaño real.
Detalle de formiga en plan defensivo. Moi aumentada.
Fotografías extraordinarias do link.
Fotografías extraordinarias do link.