Calopterix virgo.
Gaiteiro aliazul.
Caballito del diablo
azul.

Os gaiteiros son inconfundibles nos ríos. Son os famosos cabaliños do demo, pero de ás pegadas o corpo. Existen moitos tipos e a da fotografía e un deles;
trátase do gaiteiro aliazul,
Calopterix virgo macho, que poño como exemplo xeral.
O
seu cambio de larva de río o estadio final é incríble. Recomendo vela
bibliografía, merece a pena.
Estos insectos non teñen moita vergoña, non é a primeira vez que se
pousan nun brazo, estando pescando.
Son
feos como o demo, pero é unha delicia velos.
Ver características.
Ver outros gaiteiros.
Diferencia entre gaiteiro e libeliña.
Saír.
Exemplo dun
gaiteiro galego:
o Gaiteiro azul. Características
Nome
científico:

Calopterix virgo
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Insectos
Orden: Odonata
Suborden: Zygópteros.
Familia:
Calopterixae Xénero: Calopterix
Especie: Calopterix virgo
Ir a
características 
|
Nome galego:

Gaiteiro aliazul.
Tamén por suposto cabaliño do demo ( en Galicia chámanse cabaliños do
demos tanto as libeliñas como os gaiteiros.).
Tamén se chama Gaiteiro azul.
Ir a
características 
|
Nome
castelán:

Fotografía sensacional de Manuel
Ruíz

Ollo que esta é a femia.
Caballito azul. Caballito del
diablo azul.
Ir a
características 
|
Dimensións:

Fotografía de Gonzalo Sancho.
Son odonatos de corpo
ata 45-49 mm.
Ir a
características 
|
Odonatos. Identificación.

Tanto a libeliña como os gaiteiros
son odonatos, insectos de moito colorido e corpo moi alongado. Cabeza
movil con grandes ollos.

A femia, en xeral, é de cor verde metálica coas ás afumadas de cor
acastañado.

A femia, en xeral, é de cor verde metálica coas ás azuis, azul
cobalto metalizado. Os principios das ás soen ser blancos.
O corpo presenta tres partes
perfectamente diferenciadas. Teñen as que en reposo permañecen
desplegadas nas libeliñas e sobre o corpo nos gaiteiros.
O acoplamento entre macho e femia
é espectacular, ver fotografía máis abaixo.
Logo poñen os ovos na auga.
Aparato bucal de tipo masticador,
con mandíbulas fortes.
Os odonatos están divididos en dous
ordenes: os anisópteros ou libeliñas ( libellula, Aeschna, Anax,
etc )

Libeliña
e os zigópteros (Lestes,
Pyrrhosoma, Calopteryx, etc. ). Tamén se chaman gaiteiros.

Gaiteiro.
O gaiteiro é máis pequeno que a libeliña, as ás
tenas o longo do corpo.
Ir a
características  |
Identificación do gaiteiro
aliazul:

A cor do seu abdome, o macho,
é azul cobalto e o corpo tamén é azul con destellos.

As ás son acastañadas cunha manchiña
na parte superior blanca. O corpo é verde metálico.
Ir a
características 
|
Alimentación:

Insectos voadores que capturan en
pleno voo collendoos coas súas patas, tamén outros insectos, como moscas,
mariposas, etc.
Ir a
características 
|
Respiración:

As larvas respiran por
branquias traquiaís.
O osíxeno consígueno gracias a
existencias dunhas tráqueas branquiais internas o circular o líquido a
través delas, gracias a esto a larva logra, mediante a expulsión dun
líquido unha sobre - velocidade para capturar presas.
Ir a
características  |
Reproducción:
É do máis incrible, dende
a copulación ata o estadio final, pasando entre 10 a 15 estadios.

Nesta fotografía son dous cabaliños pero non
Calopterix virgo.
A cópula é incrible. Na fotografía
vese como o macho suxeta a femia e como esta recolle os espermatozoides.
Logo a femia pon os ovos na auga.

Esta é unha larva dun zigóptero que logo dará
lugar a un gaiteiro.
A partir de aquí e durante 1 a 5 anos
próducese un proceso incrible onde pasa de larva de distintos xeitos,
cada vez máis grande e cambiando moito de caparazón, ata subir a unha
ramiña ou a unha pedra e cambiar por completo de forma, pasando de
larva, máis ben exuvia a cabaliño do demo.
Ir a
características  |
Habitats:

Preto dos ríos e charcas.
Esta gaiteiro concretamente pide augas rápidas .
É moi común.
Ir a
características 
|
Vese nos meses de ...

De maio a agosto.
Ir a
características 
|
Interés:

Son moi espectaculares.
Ir a
características 
|
Protección:

Non están protexidas.
Ir a
características 
|
Curiosidades:
Normalmente están sempre no aire
voando. Os acoplamentos das libélulas macho e femias é incríble, xa
que o macho suxeta a femia polo pescozo.

Na fotografía
macho e femia copulando, trátase de gaiteiros, pero ben a selo o mesmo.
A típica formación en roda.
A femia cúrvase para recoller
o esperma ata parte delanteira do macho. Así voan e voan ...
En Galicia chamamos libeliñas as
libélulas máis grandes (odonatos de ata 80 mm.) e gaiteiros as mais
pequenas, ata 40 mm.
En realidade as libeliñas saen dos
anisópteros e os gaiteiros saen dos zigóptero.
Tanto un como outro son odonatos.
Tanto unha como outra xa son
diferentes o nacer, xa que mentras os anisópteros teñen un sistema
especial de liberarse da membrana que conforma o ovo. Así válense
dunha lámina denticulada, mentras que os outros empregan unha
inflamación para romper a membrana.

O desenrolo da larva pode durar de 1 a
5 anos ( 10 a 16 estadios).
Ir a
características 
|
Os zygópteros en Galicia:
Os zigópterós son moi abondosos en
Galicia e comprenden outras familias como as calopterygidae,
coenagrionidae, lestidae e platycnemididae.
En todas estas familias hai
representantes en Galicia así:
Nos
calopterygidae que
son odonatos figuran as tres especies galegas dos Calopterix que trato
nesta ficha así:

Calopteryx virgo macho

Calopteryx xanthostoma

Calopteryx haemorrhoidalis.
-------------------------------------
Precisamente dentro dos
Coenagrionidae o
parecer estas os odonatos mellor representados xa que conta con sete
xéneros e once especies, así por exemplo:

Pyrrhosoma nymphula, seica moi abondoso en
Galicia.

Esta é unha exuvia
entendendo por exubia a última cutícula da larva abandonada. Esta
exuvia parece dunha libélula.
Fotografías sacadas deste link.
Dentro dos
lestidae hai tamén
varios cabaliños en Galicia entre eles o:

Lestes viridis
Por último entre os
Platycnemididae hai
tamén outros como o :

Platycnemis latipes
Todos por suposto teñen as súas larvas
correspondentes que viven no leito dos ríos.
Nota importante:
Esta información
está sacada do libro "Macroinvertebrados
de las aguas dulces de Galicia"
dos autores Marcos A. González e Fermín Cobo.
|
Fotos incríbles.

Ver unha fotografía moi aumentada.
Outro link tamén moi bons.
Fontes:
Fauna e flora de Europa. Guía de campo básica.
Editorial Blume.
"Macroinvertebrados de las aguas
dulces de Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo.
Hercules Ediccións. 2006
Aproveito para dar as gracias a
Gonzalo Sancho Blanco polas notas de corrección desta ficha
sobre todo polo exemplo que puña o confundir o Enallagma
cyathigerun co Calopterix virgo.

Enallagma cyathigerum

Calopterix virgo macho-Agriidae.
Penso que as diferencias son claras o
primeiro ten o corpo con aneles negros.
Ver tamén as sensacionais fotografías que
me mandou.

Calopterix virgo macho-Agriidae. Fotografía Gonzalo
Sancho.

Calopterix virgo femia (Lin 1758). Fotografía Gonzalo
Sancho.
Ir a características

Saír.

|
LIBELIÑAS
E GAITEIROS.
Anisópteros
(Odonato)
Ata 80 mm. |

|

|
Libeliña ou Libélula.
Quitaollos común. |
|
|
|
|
Zigópteros
(Odonato)
Ata 40 mm
|

|

|
Gaiteiro.
Gaiteiro alizul.
(Máis pequeno ca libeliña) |
A larva de libeliña, o odonato
(Anisóptero) que tamén chamo besbello é moito maior que a de
gaiteiro ( Zigóptero) y dende logo con moita máis forza. As duas teñen
mandíbulas pero mentras o Odonato (anisóptero) caza por vista, e moi rápido e moi
depredador o outro o do gaiteiro(zigóptero) caza por aproximación e en base as
antenas, é polo tanto moito máis lento no río.
Ver máis diferencias:
 |
 |
Na libeliña a
cabeza é redonda e os ollos case están pegados. As ás
permañecen abertas en reposo e o longo da cola presentan tres
segmentos tipo cono moi característico.
Teñen un voo moi sofisticado, son capaces de parse
incluso.
|
No gaiteiro a
cabeza é redonda pero os ollos están máis separados. As ás
permañecen pousadas o longo da cola. E non presentan, por
regra xeral esas tres partes.
Son dende logo máis pequenos e
incapaces de pararse en voo.
|
Estas larvas, a pequena da lugar os
gaiteiros e a grande , as libeliñas que son máis grandes.
Esa é a diferencia.
Saír.

|
|