Escrofularia de auga. (Albichorno)
Esta planta dase perfectamente en terrenos húmidos, ribeiras, manantiais, regatos e ríos. Pode alcanzar máis dun metro de altura.
O tallo é oco. As follas son ovais, dentadas e opostas.
Utilízase como refrescante, laxante, purgante e tamén como antihemorroidal.
Dende logo é unha planta moi utilizada.
.
Saír.
Fotografía de Anna-Lena sensacional.
Nome científico: Scrophularia aquática.
Nome galego: Escrofularia de auga.
Nome castelán: Albichorno
Dimensións:
Pode medir máis dun metro de alta.
Descripción:
Planta herbácea, rizomatosa, pode ter ata dous metros.
As follas son pecioladas, opostas e oblongo-elípticas. Aserradas, bastante características.
Flores moi pequenas, reunidas en acios.
Froito en cápsulas ovoideas.
Florece na primavera e no verán.
Habitats:
Neste dibuxo pódense apreciar perfectamente a forma das follas.
Dase moi ben en terreos húmidos, ríos, manantiais, camiños e sendeiros sempre que exista humedade.
Utilidades:
![]()
Trátase dunha planta antihemorroidal, antiinflamatoria, laxante e purgante.
Contén saponina, lecitina, resina, azúcar e principios amargos.
No libro de Txumari Alfaro "Plantas e remedios naturais do camiño de Santiago" están descritas varias recetas, con base esta planta, para as feridas, chagas, úlceras e hemorroides.