DEFINICIÓNS
BÁSICAS SOBRE TROITAS E PESCOS:

Parto duns principios discutibles, pero que para mín son dogma:
Troita ( Salmo trutta fario )
: animal astuto, desconfiado, rápido , loitador ,
marabilloso
e que vive únicamente nos ríos altamente osixenados.
Algún día non te levarei á cesta e devolverei tódalas troitas ó río;
e algún día como esto siga así únicamente poderemos contemplar as troitas en
diapositivas.

Pescador de troitas :
persoa afeccionada a disfrutar da natureza, que o único que desexa
é, con artes legais ( xa sexa con cola de rata, cucharilla, mosca con
buldó, mioca, besbello, saltamontes, mosca natural, devón, pez vivo, etc. )
enganar
á troita e levala a cesta ou devolvela o río ( unha alternativa interesante).
Nota:
Ultimamente: ó disminuir o
habitat imponse unha dimensión ( 19 cms. en Galicia é excesivo, sobre todo para troitas
de regatos, dado que as troitas son de menor tamaño, cando son adultas, este feito
pode demostrarse) e un número 3 a 6 troitas, que se asume cada día mellor.
Non é pescador :
(
suponse que se vai de pesca ó río ) o que incumpre a definición anterior. É dicir con
"artes ilegais " leva a troita á cesta. A este
elemento eu prefiro chamalo "mal amigo", "depredador" ou
simplemente "delincuente". Tamén está metido nese saco os que
pescan máis do número permitido. Incumplen a lei e inda por riba non pensan
nos demais...
Volver o principio .

CAUSAS
DA DEGRADACIÓN DOS RÍOS:

Sen pretender ser exhaustivo nas causas enumero as seguintes:
-
En primeiro lugar
os
vertidos e tódolos seus aledaños. Porquería depositada no río. En
Galicia todo se bota o río (granxas botando de todo, animais mortos, vertidos de industrias, sumideiros
de pobos, vertidos incontrolados, lavadoras, televisores, o vello coche,
plásticos de todo tipo, botes de cerveza, etc ).
-
As accions do mal
pescador
o que eu
chamo o asasino de ríos ou delincuente do medio ambiente : envelenamentos de
ríos (sempre se fixo, sobre todo nas festas dos pobos, etc ) . Fai anos
lémbrome cando era un cativo, coller as troitas coa man ou con rede, ese era o
método, un método non legal pero leve, non se mataba o alevín e o ano
seguinte había troitas. Hoxe utilizase lexía, trobisco, dinamita,
baterias de coche para electrocutar as troitas, etc. O ano seguinte e en varios anos
non hai troitas. Os furtivos tamén abundan, últimamente falase de moito furtivismo no
Caurel, en Chandrexa de Queixa no río Navea, no río Camba, etc.
2.1.- A Pesca intensiva
nun couto pode producir una baixa importante na población de ese couto:
efectivamente a desaparición de proxenitores ( ó pescar en exceso as
troitas de medida) disminue o alevín e pode facer desparece-la
pesca á larga.
-
As políticas incontroladas e
que só pensan nos intereses de tanto gano caiga quen caiga. En todo caso o de fago
tal cousa que total os únicos que protestan son catro pescadores sen importancia e tres
chalaos ecoloxistas ( así falaba un compañeiro de Medio Ambiente e no fondo
desgraciadamente tiña razón )
.- Encoros sen deixar caudal ecolóxico e escalas. Estos encoros, o seu
uso é otorgado polos políticos e en ningún momento realizase un
estudio serio de beneficios e perxuicios a longo plazo.
Os encoros perxudican moítisimo o entorno.
Por outra banda en
Francia xa os están destruindo, considéranos pouco rentables, e nulos de cara o turismo.
.- Minicentrais incumprindo tódalas normas mínimas.
Os políticos cren, que polo feito de ser
elixidos, teñen patrimonio de corsos, sobre as cousas que son de todos. Esto no é
así. Nun futuro non moi afastado discutiránse estos temas, pero pode
non ter xa remedio. Non chega con facer unha
declaración de utilidade pública, como se fai coas minicentrais. Teñen que ser
de utilidade pública realmente e aquí é ónde meten a pata.
As minicentrais perxudican moítisimo o entorno de
feito están a producir a morte de moitos ríos galegos.
Por
exemplo : río Edo ( Ourense) , Tuño , Cernado (Ourense) , Grou,
Barbantiño, Cadós, Deva ( Ourense) , etc. Son exemplos de ríos prácticamente mortos.
.- Apropiamentos indebidos de zonas de río. O río é patrimonio dos
cidadans. Esto prácticase moito en Ourense. O de moitas canteiras e sobre
todo a extracción de Pizarra é de vergoña, os ríos da zona quedan
irrecuperables.
.- Usos indiscriminados de regadios. Existe moi pouca mentalidade de
conservación da natureza e tense á mentalidade de que todo é válido mentras non me
multen. En definitiva úsase pouco a cabeza.
.- Abonos de fincas indiscriminados e sen ningunha normativa.. Existe un
gran descoñocemento por parte do agricultor e moitas veces contaminase un río por
este problema. Os zurros son un problema. Pola outra banda as talas de árbores a
beira dos ríos leva implícito que estos no absorben moitos dos puríns que se verten nas
fincas e polo tanto chegan o río e desgracian ao mesmo.
.- Construccións de embarcadeiros, autovias , estradas e pistas que arrasan con
todo. Así destruen regatos e ríos por todos os lados. En algunos sitios
fixeronse auténticas salvaxadas
cos regatos a hora de facer as autovias, pistas e carreteras.
.-Unha mala política de repoboacións. Estas fanse sen pés ni cabeza.
Pense o lector na introducción, nos ríos galegos, da chamada troita
arco iris, hoxe xa non se fai, a carpa americana ou o
bass , por exemplo, foron un desastre. Pense por exemplo no feito de botar pachangas (
troitas de 38 cm. e más) ó río, un engaña-bobos, e así un largo etc.
.-A moda ourensán, nos pobos, de facer paseos nas beiras dos
ríos e regatos, en
definitiva, estropear as beiras e por suposto o río. Sin pés nin cabeza. Os alcaldes
saben pouco ou nada de Natureza, en xeral, e o término "non agredir o río" nono coñecen.
Si arranxan o problema das basuras no séu Municipio terían máis que suficiente, pero
eso non dá votos. Sanear un río non é talar árbores, empedrar o río ou
canalizalo entre muros de pedras varios kilómetros. Eso é escarallar un
río. Sanear un río é eliminar todos os verquidos nese río, o ademáis
debe quedar como está, seguro que está moito mellor que facer esas
barbaridades.
4.-
Os
incendios e por consiguinte o cambio de clima. Galicia como
tódolo territorio do estado español sufre unha plaga desgraciada: os incendios
forestais. Todo arde e todo influe no habitat, nos ríos. A queima de bosques é
outra das causas da degradación dos nosos ríos sin lugar a dúbidas. En agosto de 1998
levamos 3.500 incendios no territorio gallego. Ata 40.000 Ha. queimadas ( algo así como
40.000 campos de fútbol). Ata cando. Basta xa. En 1999
xa arderon 12.000 Ha. Dende o ano 2000 ata agosto do 2003 Galicia é unha
auténtica catástrofe en incendios. Esto vai de mal en peor. Inda por riba,
tal como van as cousas, esto da queima dos montes, parece unha auténtica
mafia...cada vez máis negocio e cada vez peor...As cinzas que van os ríos
son a súa morte de vida. Hai exemplos de ríos mortos por
esta causa, por exemplo o río Navea ou Queixa, entre outros...
Para rematar, calcúlase actualmente
que o 30% dos ríos de Galicia está altamente contaminados. Sinceramente creo que na
provincia de Ourense a porcentaxe é superior. ( Correo Galego 31-03-98).
Este dato hoxe quédase moi corto; ríos sin contaminar en Ourense
quedan os do Invernadeiro, o resto a todos pasoulles a merda e
os puríns por riba. Nas demais provincias as cousas non están
mellor, ríos emblemáticos como o ríoNavia, por poñer un
exemplo, hoxe teñen problemas e así suma e sigue, sálvanse da
queima algunhas cabeceiras de ríos, pero poucas lle quedan...
Non me resisto a escribir
outra causa fundamental que vai implícita nas causas anteriores:
"O subdesenrolo cultural
galego foi nos últimos anos inversamente proporcional ó desenrolo económico".
Si analizamos o desenrolo económico (a forma de vida, etc.) é evidente que creceu
moito, pois ben, na misma medida decreceu o desenrolo cultural e esto tradúcese na
conservación da natureza : basureiros incontrolados por tódalas partes, ríos
envelenados e porcallentos, montes queimados a propósito e con mala fé, ou
fé terrorista, lugares con paisaxes incríbles cheos de papeis, restos de comida e asquerosos,
plásticos e botes de cerveza por tódolos sitios e un longo etc.".
Un dato que demostra o anterior:
soio
un 15% dos galegos cree que está degradado o medio ambiente e que realmente ten problemas.
Cunha simple deducción matemática sáquese como corolario que : o 85% dos galegos non se
enteran de moito, ou de nada.
HAI QUE PORLLE REMEDIO XA. A
AUGA É O NOSO BEN MÁIS PRECIADO E OS RÍOS SON UN PATRIMONIO CULTURAL DE PRIMEIRO
ORDEN.
Secundino
Lorenzo Fdez. Autor da web e responsable do texto.
Volver o principio .
Saír á Vida nos ríos galegos.


Realmente é moi difícil e dende logo non inmediato
poñer remedio as causas anteriores.
1ª Causa
:
a
dos vértidos é doado remedialo.
Na miña opinión debera ser o obxetivo
principal da policia de Montes e dos Gardarios, aplicando a lei contundentemente. ( Hoxe
xa teñen tipificado o delicuente do medio ambiente de feito hai unha setencia de
17/4/97 en donde condenase a 4 anos de cárcere a un empresario por botar vertidos
ó río Sorreig, afluente do Ter. Tomen nota.). De momento as denuncias
son moi poucas.
A solución de saneamentos de ríos pasa por
actuacións integrais da conca, iniciativas como a de ADEGA ( 22-11-98) e outras
asociacións que pretenden poñer en marcha un saneamento integral dos ríos Arenteiro e
Avia son sin dúbida a única solución viable. Esperemos que esta iniciativa sexa un
éxito e por suposto sexa extensible polo menos as concas fluviais máis
importantes de Galicia nunha primeira etapa. (Non se fixo nada de nada.
Xaneiro do 2008)
En Ourense, agosto do 2003
non se fixo
nada de nada.
2ª Causa :
os
malos pescadores, os asasinos de ríos. É máis dificil de remediar.
Na miña opinión débese partir
da escola e dunha campaña de tres ou catro anos de mentalización do cidadán, con
código penal axustado o delito ecolóxico que se comete, é dicir, penas altísimas
incluida a cárcere.
3ª Causa :
As
políticas incontroladas a súa corrección é máis utópica pero non por elo
irrealizable.
Esixiría
medidas urxentes e moi costosas . Pódese facer moito. Esixir dende logo e dar un
prazo pequeno , un ano como máximo, para acondicionar tódalas presas da
provincia, colocando escalas e multiplicando o caudal ecolóxico por dos.
Suprimir a construcción das minicentrais,
no futuro só traerán pobreza ó pobo galego. ( Recoñezo que esto é moi díficil
dado que por "lei" e mediante unha declaración de utilidade pública vanse
concedendo incriblemente, xógase, como sempre, coa pouca información do cidadan
e beneficianse a uns poucos en detrimento da maioria. É broma.). En
setembro do 2000 existe todo un clamor tanto en Galicia como no estado
Español, para que non se fagan máis minicentrais. Científicos da
Universidade de Santiago ( ata 50 firmas) demostran claramente que as
minicentrais estragan de forma irreversible os ríos galegos. (En
xaneiro do 2008 son poucas as que se fan e a Xunta controla máis o tema...)
Desmantelar algunhas minicentrais
construidas. O dano xa está feito pero poderíanse recuperar algunhos ríos.
Devolución o patrimonio común de todo o roubado
por pequenos e grandes empresarios, que se apropiaron de parte de determinados rios.
Pedir os polítícos que utilicen a Galicia
como si realmente fose a súa casa ( de portas adentro) e non como si fose a casa
dos demais. Uns cursos acelerados de ética non lles vendrían mal. O
"amiguismo" impera en Galicia e o importante é o "diñeiro" e si
queda na familia mellor que mellor. Pasamos da época de Franco no que do caciquismo se
beneficiaban unhos cantos, a outra época que có amiguismo e o partidismo se benefician
as familias dos políticos e os amigos. Mala democracia é esta e non me extraña que intelectuais
solventes galegos presenten o manifiesto da Luz en
Galicia. O que eles senten é o que sentimos a maioría dos gallegos.
Mentras tanto a nosa natureza cada día
está máis degradada.
A corto plazo:
non son optimista. Inda que no fondo si son
idealista e coido que debemos poñer os medios para arranxar a situación ( O
obxetivo desta páxina leva implícito esta esperanza, que as cousas melloren no
futuro. De outro xeito nona escribiría).
A largo plazo : é necesario e
compre ser optimistas.
En agosto do 2003 non son nada
optimista, e máis, penso que de seguir así en poucos anos esto no
ten volta atrás.
" Do que estou seguro é de que
gustaríame deixar un mundo más bonito os nosos fillos. Cada día que pasa está máis
difícil".
En xaneiro do 2008 polo menos fálase máis dos ríos,
da súa limpeza, de analizar como están (xa hai algún informe), etc.
Queda de tódolos xeitos moito por facer e vamos lentos, lentísimos... |
É urxente tomar algunha iniciativa en canto as enerxías non
contaminantes nin degradantes do medio natural, o chamado "desarrollo sostenible"
está a fundir Galicia. Outras
Comunidades xa están tomando estas medidas. Galicia como sempre, detrás do carro e
"a velas vir". O tema enerxético,
hoxe por hoxe, é un auténtico caos en Galicia. Estanse a montar as cousas o son de
empresas como Fenosa, Iberdrola e algúns particulares moi ben situados que o único que
miran son os seus bolsillos. Por suposto esta é unha opinión todo o
discutible que se quiera pero é unha triste realidade totalmente
demostrable.
Volver o principio .
Saír á Vida nos ríos galegos.
