Gastronomía da angula

e da anguíla:

Angulas

 

 

Anguía.

 

 

Gastronómicamente tanto as anguías como as angulas (en Portugal meixôes) son productos de primeira calidade e moi demandados nos últimos anos. Por suposto a anguía (en Portugal enguias) é a máis coñecida e fai anos, polo menos en Ourense, había tanta que a "empanada de anguía" era un clásico en todas as festas.

No que sigue cito algunhos platos que poden prepararse coas angulas e coas anguías, platos que veñen perfectamente explicados no libro que poño como bibliografía e de onde tomei as fotografías.

 

Meixöes (angulas)  do Padre Benito.

Angulas platos típicos:

O libro trae 7 recetas, que teñen os seguintes nomes:

Meixöes do Padre Benito.

Practicamente ven sendo igual que a seguinte, a diferencia é que esta forma leva unha folliña de laurel.

Meixöes con alho (Allo)..

     Esta é a forma máis típica de tomar os meixöes (angulas) e realmente é á que eu coñezo e teño probado. Leva simplemente as angulas o dente de allo, aceite e pimenta.

Este ano 2024 tomei esta receta no restaurante Os Pirús de Arbo.

O normal, faixe nunha cazoleta de barro, ideal si se fai con angulas vivas (mátanse cun extracto de tabaco) e tomar 100 g. na ración,  un dente de allo picado, moito aceite de boa calidade e media pimienta caiena, hai que saber preparalo debidamente e o sabor a mar da angula debe prevalecer.

Saben preparalas moi ben moitos restaurantes de Arbo (Pontevedra) entre eles este que cito, dos meus amigos Jose e Begoña.

É un plato de 10, ó peor é o precio. No 2024 o kg de angula andaba nos 1000 €.

Meixöes a galega.

Este leva a salsa galega que se lle pon as caldeiradas ou a moitos pescados en Galicia, con moito pemento.

Omelete (tortilla) de meixôes.

Pastelâo (pastel) de meixôes.

Meixôes con molho verde.

Esta receta leva como salsa mollo verde.

Meixôes gordos.

Esta receta leva touciño e viño.

--o--

 

Anguías frita con unto

Anguías platos típicos:

O libro trae 4 recetas, que teñen os seguintes nomes:

Caldeirada de anguías.

Con patacas, aceite, viño branco, allo, cebolas, pemento e azafrán entre outras...

Anguias fritas con unto.

Esta é a típica forma de facelas, polo menos, xunto coa empanada de anguias, as máis coñecidas en Ourense en tempos.

Ensopado de enguías.

Moi parececida a preparación á caldeirada.

Enguías na raposeira.

Esta é unha receta propia de Portugal xa que leva entre outras cousas pan  de millo (broa), alface (ensalada), cebola e agrióes (hortalizas).

 

 

Anguías, vendíanse en Ourense, na Plaza de Abastos vivas ata o ano 1960

 

Remate: recomendo o libro citado onde os platos veñen cun texto para poder facelos e presentalos; evidentemente non é este lugar de copiar, sin permiso do autor,  ningún deles; simplemente citalos por si estades interesados ou si visitades Portugal, sobre todo a zona de Valença, Vilanova de Cerveira ou Caminha onde podedes atopar algúns destos platos.

Decir que en anos de abundancia de anguías, en Ourense, ata o ano 1960, subían a miles e collíanse na parte de Reza de tal maneira que tódolos días na plaza de abastos de Ourense había cestos enteiros de anguías a venta.

Co encoro de Frieira e o de Castrelo a Ourense xa non chegaron máis anguías.

As formas de preparación eran as anguías fritas e era tamén típica a empanada de anguías.

Hoxe véndense anguías pero non do río Miño, son anguías criadas a partir das angulas a base de alimentalas en criadeiros de engorde...pero non é o mismo, non teñen nada que ver...

 

A empanada de anguías, un manxar de deuses...en Ourense.

 

Empanada de anguías típica.

Lembro levar a Panadería "Pájaro", preto da Praza das Mercedes, onde estaban os bombeiros e onde naceu o que escribe,  en Ourense, na rúa do  Páxaro precisamente,  a pota coas anguías cortadas, por certo dun tamaño tirando a pequeno, como as da fotografía anterior, con moito pemento en trozos, cebola e pequenos trozos de touciño. non moitos. A empanada era o típico das festas ao aire libre en Ourense, tanto en Oira como en Reza e Mende,  a xente iba en familia a comer esas e outras viandas no verán. Non faltaban os chourizos, un bon pan e un bon viño e auga para os nenos...Tempos aqueles...

Esta empanada pasou a historia...

 

Bibliografía



 

Libro "Peixes do río Minho e nàn só. Recetas con historia"

Pais: Portugal

Autores Joâo Guterres

[Editores]  Luis Miguel Cunha/Ana Pinto de Moura/Carlos Antunes/Mário Jorge Pereira e Ulisses Miranda Azeiteiro

Editorial  A Ediçoes Afrontamento.

                 Cooperminho.

Libros 1ª ediçao: Dezembro 2019

Como dice o prólogo do libro, firmado polos editores, este libro non é soio de recetas, é moito máis,. E un traballo antropológico onde se rexistra o pasado, un rexistro de xeneracións anteriores, que escriben sobre coñecementos ecolóxicos tanto locais e tradicionais.

O libro loita por unha sustentabilidade dos recursos endógenos do río Miño. así como tratar de preservalos, conservalos e sustentalos.

Para mín é un libro único, onde queda claro cales son os mellores peixes para cociñar, tanto os que viven no río Miño  todo o ano, como os migradores e aqueles que entran na zona de mareas.

Fala das coziñas nas casas de Valença. Do pan, dos aceites,  para finalmente  indicar por peixes as mellores recetas da zona.

Cada peixe leva unha introdución, un pouco de historia, a pesca na zona, e logo o secreto de amañar todos eles. Por suposto aparecen as fotografías dos resultados finais, que se comen nada máis velas,  e os ingredientes coas súas cantidades.

Non faltan a lamprea , as anguías e os meixóns, o salmón,  a troita, o sabel e a sabela. Remata cos pescados de mar, algúns de fora, como o bacallao, con cantidade de receitas e outros pescados típicos da costa.  Tamén unhas recetas de escabeches.

Moi bon libro, editado cun esmero marabilloso  e para mín unha xoia.

 

Salir.