GALICIA
1911:
PARAÍSO DO
PESCADOR DE TROITAS.
Escribe Secundino Lorenzo.
Email.

Enhoraboa a Xosé María Gómez
Clemente, pola súa tradución, sensacional
Un verán en Galicia é
deses libros que se atopan de casualidade, no meu caso gracias a miña
compañeira do IES As Lagoas de Ourense, e profesora de Galego Celia Diaz (escritora); una muller que non é a primeira vez que me indica cousas interesantes para
a miña páxina www sobre os ríos galegos.
Un Verán en Galicia,
é un libro escrito en 1911 por una inglesa C. Gasquoine Hartley que veu
co seu marido a Galicia a coñecer a nosa terra e a pescar troitas. Unha
auténtica xoia...No libro deixa
ver, ben as claras, que Galicia tiña uns ríos únicos e marabillosos. Xustamente o que afirmo na miña páxina www. Quedou
prendada do río Miño, tamén do río Sil, do Eume , Ulla, Tambre ,
Xallas e outros.
Así
escribía C. Gasquoine Hartley en 1911 dos nosos ríos:
Tendes neste link o libro en inglés
Volver á "Vida nos ríos".
Volver ó río Miño.
Salir
R. Miño
O
PARAÍSO DO PESCADOR DE TROITAS.
A
escritora inglesa C. Gasquoine Hartley a principios do século pasado
pasou varios meses en España "pescando co meu marido en varias
partes do país". Máis dun mes estuvo en Galicia. "De entre
os lugares que visitamos un dos que nos proporcionaron as mellores
experiencias e lembranzas foron o Miño e o sil".

Río Miño nos Peares,
xusto onde desemboca o río Bubal. Nesta zona estuveron pescando
no ano 1911 e quedaron enamorados do lugar. Non me extrana, eu inda
hoxe, en octubro do 2002, estou namorado e xa non é nin a sombra
do que era.
No seu libro Spain Revisited. A
Summer Holiday in Galicia, publicado en London en 1911, e agora
traducido co título Un verán en Galicia. Confesa
Gasquoine Hartley: "Visitei moitos ríos en moitos países, pero
non lembro ningún que tivera un atractivo tan grande para mín como o
Miño. Aínda hoxe me obsesionan os soños que naceron naquelas raigadas
fermosas, naquelas gorxas salvaxes onde xorden caóticamente penedos
grandes e cinsentos de augas avoltas; sitios onde non hai sinais de
vida, de quitando o miñato ou algunha chasca...".

O río Miño en Frieira. Una
marabilla de río. Seguro que en tempos era do mellor de Europa.
Hoxe está defesnestrado pola contaminación e os encoros que Fenosa
ten non seu cauce.
...
"É bo momento para deterse a
describi-las posibilidades do pescador de cana en Galicia. Hai moitos
ríos bos para a práctica deste deporte en tódalas partes do reino,
especialmente nas provincias de Lugo e a Coruña, que posúen tódalas
calidades para a producción de fauna acuática. En Mondariz, na Toxa,
no Lérez preto de Pontevedra e en Ferrol tiven conversas con pescadores
que falaban moi ben da pesca nestes lugares. Un escocés en Ferrol
díxome que el pasaba tódalas súas horas de lecer pescando e tiña boa
sorte coas troitas asalmonadas nos ríos do contorno. O Miño e o Sil
teñen troitas grandes como as de calquera outro río de Europa. A pesca
é gratis, a non ser porque hai que pagar unha licencia que custo o
redor de tres xilíns. Non hai dúbida de que, cun cultivo axeitado,
Galicia pode transformarse no paraíso do pescador ó cabo duns anos.
Pero compre revisa-la Lei de pesca. Os ríos non se poboan e descoñecen
os viveiros de troita. Abundan os pescadores furtivos que utilizan
trampas, lanzas e, nalgúns lugares a mortífera dinamita. Tamén usan
as follas dunha planta que en Galicia coñecen co nome de trobisco para
pillar as troitas. Os labregos poden pescar grandes moreas delas só con
botar as follas nas pozas pouco fondas dos ríos. O seu efecto é
velenoso para os peixes, que soben á tona da auga e pódense capturar
con facilidade"...

Río Eume un dos ríos
citados por Gasquoine e que pescou co seu marido. Hoxe non é nin
a sombra de aquel Eume. Unha magoa.
..."O Ulla, o Tambre, o
Xallas e o Eume son todos ríos de pesca que se poden comparar cos
mellores ríos de Inglaterra, Escocia e Irlanda. Pódense atopar
salmóns en moitos ríos. Hai zamborcas, lampreas, barbos, bogas,
escalos -unha sorte de cruzamento entre un alburo e un peixe cacho- e
outros peixes menos finos. Nalgúns ríos tamén hai abundantes
anguías, aínda que afortunamente os mellores lugares para a troita
están libres delas. O barbo é distinto do de Inglaterra, ó ser un
peixe fermoso e máis fino. A fermosa zamborca prateada péscase con
redes que teñen a abertura cuberta cunha póla verde que parece unha
alga e así engana os peixes que pasan por alí. A zamborca non pica con
ningún engado, pesa entre dous e seis quilos e é un peixe de sabor
excelente, parecido o salmón". ...
Sigue decindo:
"Galicia
está case totalmente libre de ter ríos envelenados e contaminados. Hai
centos de quilómetros de ríos fermosos que destacan pola ausencia de
fábricas, industrias ou grandes ciudades preto das súas augas. Tamén
a abundancia de peixes é milagrosa. Casi todos os grandes ríos están
izados de troitas porque as pozas fondas deteñen os pescadores
furtivos que se concentran nos tramos pouco fondos e nos
afluentes..."
"...o
Ulla, o Tambre, o Xallas e o Eume son todos ríos de pesca que se poden
comparar cos mellores ríos de Inglaterra, Escocia e Irlanda, na que
abundas as troitas. Na provincia de Ourense atopámo-la gran lagoa de
Antela, na que abundan as troitas..."
Para chorar si comparamos có que
hai hoxe nestos ríos e nestas lagoas inexistentes...
Volver
O
MIÑO E O SIL NOS PEARES.
Nota: poño un anaquiño da estancia da escritora e o
seu marido (gran pescador) nos Peares, pescando no ríos Miño, Sil e
Cabe (co río Cabe están equivocados seguramente co nome, xa que nos
Peares é o río Bubal o que desemboca). Realmente a descripción do
lugar e a súa grandeza queda perfectamente reflexada no texto.
Acompaño cunhas fotografías do lugar sacadas no 2002. Soio pasaron
case 100 anos. Case nada.
--------------------------------
Nesta fotografía vese a
desembocadura hoxe do río Bubal no río Miño e no río Sil o fondo
a esquerda. Esta vista non dista moito da descrita pola escritora. O
lugar é fora de serie.
"...Almorzamos
nunha solaina cuberta cun parreiro que dominaba o río. Era un lugar
feiticeiro, cunha vista magnífica. Xusto debaixo de nós, á dereita,
estaba a confluencia do Cabe coa corrente principal. Os leitos dos dous
ríos formaban como un Y. Na outra dirección, á esquerda, estendíase o
barranco rochoso onde se xuntan o Miño e o Sil. A mañá, aínda que
fresca, mostrábase gloriosamente brillante e en tódalas direccións
resplandecían as cores alegres que seguen as tormentas. Os birrios voaban
preto das fiestras da casa: era unha mañá perfecta..."

Río Sil, polos anos 1920. Hoxe
esta zona está debaixo do encoro de San Esteban. O río da unha idea
de como era polos anos 1911, que é cando escribe C. Gasquoine.
"...A sorte
non nos acompañou á hora de pescar durante a nosa estadía nos Peares o
tempo seguía a ser bo e radiante, Aínda así, os días que ali pasamos
foron magníficos. Nunca vín unha paisaxe tan impresionante e fermosa
coma a esgrevia gorxa do Sil, que continúa varios quilómetros maís aló
dos Peares. Se, como creo eu, os lugares, igual cás persoas, teñen un
caráter visible -si, unha alma de seu-, a alma do río Sil ten un poder
abraiante. Nunca sentira unha atracción que era metade terror e metada
fascinación, como a dalgunha xente que non sabes se amas ou odias. Nunca
cheguei a perderlle por completo o medo a este río, á súa forza brutal
e a súa corrente despiada e implacable. Ó meu parecer, o trazo máis
salientable do seu caráter era a crueldade, un trazo que de por sí é
máis poderoso ca bonito...

Río Sil por debaixo do encoro
de San Esteban, non moi lonxe dos Peares. Realmente a escritora
describe, perfectamente na miña opinión, o que debía ser este río
en tempos. Hoxe ten poucos tramos onde non esté domado por Iberdrola.
O río Sil é temeroso pero por outras causas. Foto 2001.
"...
Algunhas das pozas chegan os quince metros de profundidade. Hai poucos
lugares por onde vadear o río. O mellor xeito de pescar é lanzando a
sedela cun engado vivo dende os penedos......o noso amigo D. Carlos,
experto pescador co carrete de Nottingham, tiña as capturas aseguradas
gracias ó seu coñecemento do río. Contounos que adoitaba coller tre ou
catro troitas ó día que, en total, podían pesar ata dez quilos. Non é
a primeira vez, que colle un peixe de cinco quilos e chegou a ver unha
troita de quince. Este peixe matárao un labrego cunha forquita nas augas
pouco fondas dun afluente. Queda claro, logo, que as pozas do Sil teñen
troitas tan grandes coma as de calquera outro río de Europa...".

Na fotografía vense os Peares,
o cañón dos Peares co río Miño o fondo. A dereita a desembocadura
do río Sil. Esta fotografía é de principios de siglo e non dista
moito do que escribe C. Gasquoine Hartley no seu maravilloso libro.
Para min unha xoia auténtica.

Esta fotografía aparece no
libro "Os ríos galegos" de Ramón Otero Pedrayo. Edicións
Castrelos 1977. Mostra o río Sil xusto pola dereita da
fotografía anterior.

Nesta fotografía histórica
vese a Ponte do tren dos Peares e o río Miño, a misma visión que
tuvo a autora e o seu marido. Descoñezo o ano da fotografía pero si
podo afirmar que é anterior a 1950.

Vista actual da misma ponte. Octubro do 2006. Fotografía do autor da www.

Esta é a zona actualmente
vista dende o SIGPAC. A escritora inglesa
C. Gasquoine Hartley
efectivamente fala que dende unha casa dos
Peares vía exactamente unha Y. Do que estou seguro e de que non vía
a ponte coa estrada que leva de Ourense a monforte, o resto por
soposto.
Atención: nunha das visitas
o libro en Inglés atopo que ten fotografías.
Toda unha xoia:

Unha marabilla dos Peares en 1911, a fotógrafa é a
autora do libro, C. Gasquoine Hartley.

Unha marabilla no río Sil, na cabeceira, en
Matarrosa. 1911, a fotógrafa é a autora do libro, C. Gasquoine
Hartley.

Matarrosa e río Sil hoxe. Pasaron 102 anos.
http://youtu.be/HYGnJji-Sf8
Volver
O
MIÑO EN ARBO
Nota:
poño un anaquiño da estancia da escritora e o
seu marido en Arbo, a carón do gran Miño, un lugar onde o río Miño,
inda hoxe, octubre deo 2002 inda é un río.
O texto selecionado comenza coa viaxe en tren dende Tui ata Arbo.
--------------------------------
Nesta fotografía vese,
precisamente, a zona que describe dun xeito maxistral a escritora C.
Gasquoine Hartley no seu libro. O río Miño denantes de chegar a
Arbo. Realmente é un río fermoso. Os galegos déberamos esixir que
estuvese vivo totalmente. É o mellor que temos. É o símbolo da
nosa Galicia e da nosa bandeira.
"...A
vía vai bordeando a ribeira do Miño, seguindo tódalas súas
reviravoltas tan de preto que, ás veces, case semella que o tren vai dar
na auga. Sería imposible imaxinar unha paisaxe máis fermosa cá que
ofrece este camiño de ferro. O val faise máis estreito e fondo ó tempo
que o río se precipita por entre penedos e rochas que o atormentan e
cambian o seu cursp a cada pouco. Aquí as pedras sepáranse e ábrense
formando vales fértiles con viñas; acolá obstaculizan o camiño
obrigando a que o tren as rodee lentamente..."

Río Miño en Arbo
"...Arbo
está situado como un niño de aguia nunha gorxa salvaxe do
Miño.......Pasamos unha semana feliz en Arbo. O tempo non era propicio
para a pesca: un sol radiante e a falta de choiva facían empeora-las
condicións da auga día a día. O mellor lugar para a práctica do noso
deporte atopámolo nun afluente que se xunta co Miño a menos de dous
quilómetros da vila e que está situado nunha enfeitizante valgada
sombriza. As troitas eran pequenas pero abundantes e vigorosas... "

"...Aquela
tarde fixera máis calor que nunca. As rochas á beira do Miño queceran
tanto que case poderiamos asa-los peixes nelas. Non había nin un alento
de brisa. Alegrámonos de fuxir da abafante raxeira por un momento e
descansar na pousada ata que a sombra das montañas caese sobre o Miño.
Daquela seguímo-lo río ata onde ao afluente se xunta coas augas avoltas
da corrente principal. O serán era perfecto e sobre a auga reflectíase
unha tardía luz dourada. Chegamos a unha zona pouco fonda, larga e cunha
corrente bastante rápida, onde crecían algas entre o grixo. O meu marido
dixo que probablemente era un bon lugar para as troitas. Lancei a sedela,
e, case inmediatamente, collín un peixe grande. A miña lixeira cana de
loureiro das Indias dobrouse ata que pensei que se ía partir mentres o
peixe nadaba rápidamente cara ó medio do río. Como dixen antes, non son
unha gran deportista, pero aínda lembro a emoción daquel momento. Berrei
polo meu marido como una tola.
-¡Déixao correr!
-foi a súa resposta-.¡Sexa o que sexa, é un peixe grande!.
A miña cana cedeu
máis, aínda que a liña seguía a saír do carrete. A uns vinte metros
unha batuxada rompeu na auga e por un segundo un gran resplandor prateado
escintilou por riba da auga. ¿Era un salmón, unha zamborca ou unha das
poderosas troitas do Miño? Nunca o saberemos, a miña cana endereitouse e
a sedela caeu sobre a ribeira. ¿Estaba triste ou leda?. Non sei. Creo que
estaba anoxada pola emoción que sentira..."

Nota: Tal como describe C.
Gasquoine, a zona é a que está xusto no medio da fotografía que é
onde desemboca en Arbo o río Deva. Este río é o que pescaban e tal
como describe foron ata desembocadura co río Miño. A verdade é que
o libro escrito no 1911 paréceme unha xoia.

Esta é a zona vista
exactamente dende o SIG PAC, os ingleses deberon pescar na
desembocadura do río Deva. Un lugar extraordinario de pesca. Esta
fotografía correspóndese exactamente coa de arriba (vista dende a
parte inferior esquerda).
Volver
O
MIÑO EN OURENSE
Nota: poño un anaquiño da estancia da escritora e o
seu marido en Ourense, a carón do gran Miño.
--------------------------------
Nesta fotografía vese,
precisamente, a zona que describe a autora. A fotografía é de
Pacheco. Hoxe o Miño neste lugar nin se parece.
Hai quen di que cambiou para
mellor, sinceramente non é nin comparable a beleza do río Miño na
fotografía a zona actual.
"...Daquela
chegou a choiva, feito que parecía imposible durante o tempo radiante dos
últimos días...como a choiva xa parara, fun andando co meu marido ata
o río. O Miño é moi largo en Ourense e flúe paseniñamente por riba
dun leito de grixos, pero en tempos de enchentes a auga sobe rápidamente
e chega a unha altura considerable. Topamos cun home que levaba cana de
pescar e o meu marido saudouno como a un irmán pescador. Mostrounos as
súas moscas caseiras, máis pequenas, e estaban feitas con máis maña ca
ningunha outra que viramos en Galicia. Uns homes andaban a poñerlles os
cebos ás liñas que, logo, lanzaban ó río. Preguntámoslles qué
collían e eles contestaron:
-Maiormente anguías.
O serán
agoiraba treboada e o ceo do solpor tiña unha cor cobre alaranxada cando
o vimos dende a magnífica ponte de pedra do século XIII, que estendía
os poderosos arcos sobre as augas avoltas. A vila, tendida por riba do
río, parecía unha muller vestida de branco durmindo docemente e as
montañas cubertas de néboa ó lonxe eran o leito azul sobre o que
repousaba..."

Esta fotografía, que tamén pode
ser de Pacheco, está sacada por esa data e da unha idea da maravilla do
río Miño en Ourense.
Volver
|