FERVENZA DO XALLAS (S. Lorenzo F.)

Foto
sacada do libro "Guía das Fervenzas da Coruña" de Ramón
Muñiz de las Cuevas. Ver
comentario
As
fotografías seguintes son do autor da www.
Sacadas 24/08/2003
Pulsando nas fotografías, e tendo moita paciencia,
poden verse a toda pantalla.
Realmente a miña muller e máis
eu voltamos tristes, no ano 1964 víramos a fervenza e non se parecía en
nada. A zona por outra banda está desgraciada, unas tuberías
impresentables e poco cuidado.
Pareceunos
unha tomadura de pelo e por suposto un desprecio auténtico.
Por
suposto a xente que non sabía dela gustoulle en xeral, é lóxico.
Estas fotografías son o meu pequeno tributo a esta
Fervenza que vai acompañado dun berro grande:
¡¡QUEREMOS UNHA FERVENZAS LIBRE!!.
¡¡PEDIMOS QUE SE CUMPLA A LEI FLUVIAL!
CAUDAL ECOLÓXICO DIGNO XA.
NOTA ENGADIDA NO ANO 2012:
Na fotografía da esquerda a fervenza nos anos cincuenta do século pasado. Na
fotografía da dereita caudal ecolóxico da morte ata fai pouco. Unha vergoña para
Galicia e a nosa natureza...
Revisando este apartado vexo, con gran ledicia,
que:
"Depois
de 19 anos a 12 de abril de 2011 a empresa Ferroatlántica , abríu as
comportas do encoro de Santa Uxía, por mandato xudicial, para
devolver o caudal comprendido entre o encoro e a Fervenza a Fervenza
no último treito de 1,4 km do río Xallas."
Pola miña parte sinto unha ledicia especial xa que esta páxina leva
dende 1997 reivindicando o caudal ecolóxico para esos 1,4 km. e
denunciando con fotografías ese desastre...

O tempo, as veces, pon a cada un onde debera estar. Esta
inauguración de Fraga foi esperpéntica, máximo cando a legalidade
era que había que deixar o caudal ecolóxico...
Hai cousas que nunca entendín de Fraga, que se decía un amante
dos ríos...
Revisando no 2020 este pequeno traballo vexo
este video marabilloso sacado cando hai unha subida de caudal o
16/10/2010.
¡Impresionante!
Esta si é fervenza que eu lembraba, pero un
pouco menos...
Video sacado de La Voz de Galicia. Gracias.
Saír.
COMENTARIO
SOBRE ESTA FERVENZA.
Ramón Muñiz de las Cuevas

A FERVENZA DE ÉZARO no río Xallas cerra o sensacional
libro sobre Guía das Fervenzas da Coruña,
da editorial do Cumio e do autor Ramón Muñiz de las
Cuevas, a quen felicito dende esta www polo seu traballo.
Suscribo plenamente os seus comentarios sobre esta Fervenza,
comentarios que reproduzco a continuación: Pechamos esta baixada en cascada
rememorando a fenecida fervenza de Ézaro, o parecer o único cadoiro de
Europa con caída ó mar, agora soamente visible cando as pertinaces
chuvias obrigan a aliviar a carga acuosa dos encoros: entón a fervenza
xorde con toda a súa forza, como reclamando o que é seu, ata que volve
amainar o tempo e torna a recluírse na cadea de cemento que a retén e
a encauza a traves duns espantosos tubos que, profanando a montaña,
rematan na central eléctrica erguida ó seu pé.
Non obstante, dende o verán do 2000 e pola
insistente presión da Asociación Neria e de intelectuais de Soneira, a
empresa condescendeo a abrir as comportas da presa un par de horas os
domingos, para que os cidadáns poidan deleitarse coa baixada dun escaso
caudal.
Tal favor motivou que o Presidente da Xunta,
Manuel Fraga Iribarne, aproveitase a ocasión para, nun alarde de
orixinalidade, inaugurar esta fervenza, único elemento da natureza que
se coñece que fose obxecto de tal honra. Haberá quen se conforme con
esto. Nós expoñémola aquí, como homenaxe póstuma a esta maravilla
da natureza que no seu día completaba o encanto desta vila mariñeira
xunto o impoñente Pindo e unímonos ás voces que continúyan
reclamando : "LIBERTADE PARA A FERVENZA DO
ÉZARO!
SUBIR.
|