O que sigue é un
resumen do traballo de Xavier Amigo,
o único engadido son as fotografías que están todas tomadas
de internet e non figuran como tal no traballo.

A columna de Habitat ten os seguintes significados:

Habitat nº 1-2-3 según a zonas nos ríos.
Habitat nº 1:
o leito do río.
Engloba
os pleustófilos e hidrofitos que se poden dar no leito fluvial e que
son tan importantes para a fauna de macroinvertebrados.
Neste caso hai dúas ameazadas.

Nymphoides peltata.
Unha especie nenufar amarela propia de remansos e augas pouco
profundas. Está en perigo crítico. Vese no tramo alto do río Miño en
Lugo e no tramo inferior a partir de Arbo ata Tui.

Isoetes fluitans.

Poboación
numerosa de Isoetes fluitans
no río Xallas en Mazaricos.Fotografías sacadas do
traballo de Xavier Amigo.
Probablemente non sexa o da fotografía pero si moi similar. Trátase
dun parente próximo dos fentos. Ten o interés de ser unha especie
endémica en Galicia e que está presente en poucos ríos como o Ladra,
Parga, Miño novo, Xallas, Mandeo e Tambre entre outros.
Habitat nº 2:
as herbeiras das ribeiras.
Ou sexa tanto os helófitos como os biotopos terrestres cando se
presentan na primeira fronte da beira do río.

Myrica gale.
Esta planta pode verse en beiras de ríos do noroeste da Coruña entre
o Xallas e o Mandeo.

Fotografía de J. González.
Galium teres.

Habitat de
Galium teres: leito do río Sil con
acúmulos croientos por detrás do Salgueiral do borde.
Río Sil en Montefurado. Fotografías sacadas do traballo
de Xavier Amigo.
A Galium teres aparece en coiñais do
río Sil, por exemplo por Montefurado. Tamén hai citas por
Portomourisco e outros, sempre preto dos leitos fluviais. Entre os
coios. Trátase dun endemismo do
noroeste peninsular.

Narcissus cyclamineus.

Narcissus cyclamineus
en pequena illeta no leito do río Castro
(Cee). Un típico endemismo galaico-portugués, atópase en
numerosas beiras de ríos da vertente atlántica entre o
Eume e o Vouga (río que desemboca en Aveiro).
Fotografías sacadas do
traballo de Xavier Amigo.
Tratase dunha herba a que lle teño
unha ficha. É un endemismo galaico-portugués.
Habitat nº 3:
os bosques riparios ou
vexetación de terra firme.

Dryopteris aemula
En bosques por baixo dos 500 metros por exemplo entre o Eume e o Eo.

Dryopteris guanchica
Ambientes semellantes a anterior na Coruña, non se afasta
moito do litoral e casos moi puntuais en Pontevedra.

Fotografía de Eduardo Fidalgo.
Culcita macroparma

Aspecto dunha poboación
de Culcita macroparpa nas marxes dunha corga tributaria do
Eume. Parque Natural das fragas do Eume.
Fotografías sacadas do traballo de
Xavier Amigo.
Este o parecer é un caso rechamante xa que este fento ten
follas de ata 3 m. de alto e polo tanto non pasa desapercibido. Ten
o apelido de "en perigo" xa que a súa presencia é moi reducida. Soio
se pode ver en Galicia,
no extremo norte coruñés.

Trichomanes speciosum
Este fento é de talla máis modesta pódese ver en algunhas paredes
rezumantes, ver a fotografía, moi sombrizas e agochados de forma
parecida o Culcita macrocarpa.

Hymenophyllum tunbrigense

Fotografía de Grahan Day.
Hymenophyllum wilsonii
Estos dous teñen en común a súa cativeza de tamaño. O
primeiro está nun nivel intermedio entre a D. aemula e a de Culcita
macrocarpa, cun elevado nivel de coincidencia nos regatos. O segundo
é un caso excepcional xa que a única localidade onde apareceu foi
nun regato, no río Landoi en Cariño.

Christella dentata
Ten unha distribución moi puntual, aparece no río Caldo en
Lobios, Ourense, A súa presencia nese lugar podería ser polas augas
termais. Unha actuación municipal, como moitas na nosa Galicia,
rematou con ela...
Dice Xavier Amigo que debería ser unha especie extinta en
Galiza.
Ata aquí un resumen do resumen. Efectivamente Xavier Amigo fai
un resumen das especies ameazadas nos ríos galegos nas súas zonas
media e baixa, dice que non fala das cabeceiras onde seguramente tería que
incluir outras moitas especies que están hoxe en peligro de
extinción, non o fixo por non complicar.
|