TEXTOS PARA
REFLEXIONAR
(Reflexiona e saca
consecuencias dos pensamentos seguintes)

Félix Rguez. de la Fuente
O home non é un ovni
que veu dunha afastada galaxia; o home
é un poema tecido coa néboa do amencer, coa cor das flores, co canto dos
paxaros, co ouveo do lobo ou o ruxido do león. O home acabarase cando se
acabe o equilibrio vital do planeta que o soporta. O home debe amar e
respectar a terra como ama e respecta á súa propia nai.
(Félix Rodríguez de la Fuente)
|

Respire
Video cun guión sensacional e cunha música que pon a pel de galiña para decir que estamos rematando este sensacional planeta e podemos chegar, de seguir así, a ter que
ver en película ou en video o que hoxe podemos ver directamente na nosa
natureza.
Na nosa man está poñer os medios
para que esto non pase...
Ver este
sensacional video.
(Música de Michey 3D. Respire)
|

Jane Goodall
Os recursos do planeta esgótanse. Si realmente
impórtanos o futuro do noso planeta, deixemos de confiar en que os demais resolvan tódolos problemas, correspóndenos a nos salvar o mundo
para o mañá: depende de ti e de min.
( Jane Goodall: libro "Gracias a la vida")
|

Kristine McDivitt
A Natureza é capaz de crear obras
mestras que deben ser tan respetadas, reverenciadas e conservadas
como ó son un Turner ou un Picasso.
(
Kristine MCDivitt, conservacionista. Filántropa e activista atípica...)
|

Minicentral San Miguel. Caudal
ecolóxico
Soio despois de que o
derradeiro árbore sexa cortada
soio
despois de que o derradeiro río sexa envelenado
soio despois de que o derradeiro peixe sexa apreixado
Soio entón sabrás que os cartos non se poden
comer.
( Profecía india).
|

Antela, a memoria asolagada.
Descoñece-la natureza é a causa da
desgracia humán.
(Epicuro)
|

Caudal ecolóxico, encoro de Chandrexa de
Queixa.
Non herdamos a terra dos nosos antepasados, tomámola
prestada dos nosos fillos.
(Profecía india.)
|

Seattle
Para que respecten a Terra, contádelles que a
Terra contén as almas dos nosos antepasados.
Ensinade ós vosos fillos ó que nós ensinamos ós nosos:
que a Terra é nosa nai. Ó que acaece á Terra, acaécelles
tamén ós fillos da Terra.
Cando os homes cuspen á Terra, estanse cuspindo a si
mesmos.
Pois nós sabemos que a Terra non pertence ós homes,
que os homes pertencen á Terra..."
(Mensaxe do Gran Xefe Seattle ó Presidente dos EEUU. 1855)
Ver o texto completo.
|

Seattle
Os ríos son irmáns nosos, xa que nos libran da sede. Os ríos
arrastran as nosas canoas e nos dan os seus peixes. Si vendemos a nosas
terras, teríades
que lembrar e aprender os vosos fillos que os ríos son irmáns nosos e tamén
vosos.
Teríades que trata-los co voso corazón.
(Mensaxe do Gran Xefe Seattle ó Presidente dos EEUU. 1855)
Ver o texto completo.
|

Diane Fossey
...Cando
te dás conta do valor da vida, un preocúpase menos por discutir sobre o
pasado, e concéntrase máis na conservación para o futuro...
(Frase de
Diane Fossey a amiga e estudiosa dos gorilas, brutalmente
asesinada en 1985, seguramente por esa causa)
|

Atahualpa Yupanqui
...Tú
que puedes, vuélvete, me dijo el río llorando...
(Frase de
Atahualpa Yupanqui seudónimo de Héctor Roberto Chavero, 1908-1992,
Atahualpa foi cantautor, por certo cunhas letras marabillosas.
Para Atahualpa Yupanqui un
río é un ser vivo que non ten volta atrás. Idea collida do "Libro
de horas" de Miguel Anxo Murado. Galaxia 2016, no artigo "Ladaíña dos
ríos".)
|

Porque non acertamos a valorar, nin
apreciar, os dons da natureza.
Como se unha vez deteriorada pola contaminación, o home poidese comprar outra nova, !NON! a natureza non ten
recambio. I en Galicia
será ó que nosoutros, os galegos, queiramos que sexa.
Emporiso os camiños andados en algúns puntos, siñificativos,
non parecen ser halagüeños, afagadores, senon todo o contrario (
refírese os nosos desmáns có río Miño ) . E se non se corrixe, os
galegos acabaremos tendo o que nos merecemos por non cuidar o noso medio
ambiente.
Ernesto Vieitez Cortizo. Presidente de la Academia Gallega de Ciencias. |

Merda no río Barbaña. Ourense.
Decidir qué parte dos ingresos do Estado se teñen
que utilizar
para manter certa calidade de vida é tamén un problema político.
E cando se
trata da calidade de vida, a auga é, sin dúbida algunha, unha das partes
máis
importantes.
A auga, e polo tanto os
ríos, son o noso patrimonio de calidade máis importante.
Manteñamos limpos os nosos ríos, son a nosa
vida.
(Dtor. Helmounth.)
|

Lontra
"Un plan hidrolóxico que non sexa capaz
de garantiza-la presencia de londras non debera ser nin discutido"
Miguel
Delibes.
|

Lume en Valoiro (Ourene)
Tal como van as cousas, pronto teremos que cambiar
o himno galego:
"Que din os rumorosos
nas costas verdescentes..."
Por que xa non quedarán pinos (rumorosos) nin as costas serán tan verdes...
Juan A. Iglesias ( Caracas 27-10-89)
|

Río Limia en tempos. Hoxe baixo o encoro de Lindoso
Alguén dixo que o coñecemento é o recurso máis estratéxico, e a
aprendizaxe o proceso máis importante. Sen dúbida, Galicia necesita
urxentemente de ambos os dous instrumentos no eido do medio ambiente.
Estamos a dilapidar o patrimonio natural con excusa do desenvolvemento e
modernidade, da globalización e a mundialización, e, sen embargo, un
gran ermo, vacuo e silencioso, un bafo estarrecente chegado das serras e
do mundo rural galego, arrodea as grandes urbes da emigración interior.
Galicia 2020. Algúns
aspectos da política ambiental galega.
José Benito Reza.
|

Amieiro en Chandrexa de Queixa
Por todo iso,
viaxeiro que me contemplas,
ti que me
plantaste coa túa man
e podes chamarme
fillo,
ou que me
contemplaches tantas veces,
mírame ben,
pero...
non me fagas dano.
(Rabindranath
Tagore (India
1861-1941). Poesía adicada as árbores.)
Ver a
poesía completa. Merece a pena.
|

Félix Rguez. de la Fuente
A ciencia pódenos outorgar os elementos necesarios para salvar a
humanidade, con todo as decisións finais non as toman os científicos,
tómanas os políticos.
Oir o
discurso completo, merece a pena.
(Félix Rodríguez de la Fuente)
|
Rematemos estas reflexións en tono optimista:

La naturaleza en peligro. M. Delibes
Reiteremos que o futuro será o que nós, todos
nós, queramos que sexa. Está nas nosas mans. Ademáis, contra o
pesimismo da intelixencia, sempre podremos invocar o optimismo da
voluntade. Queremos salvar a natureza e, ademáis necesitamos facelo.
( Miguel Delibes,
libro "La naturaleza en
peligro"). |
Como podemos saír do desastre ecolóxico que temos hoxe?:
fagamos como o colibrí; poñamos todos un pouco...
(
Pierre Rabhi: figura actual da agricultura biolóxica."). |
Saír.

|