RUTA: ó
TEIXADAL DE CASAIO
Bosque de teixos único en España.
(12/11/2013)

Camiño do
Teixadal que se ve enfrente. O Teixadal está orientado o norte
e ten detrás nada menos que Pena Survia (2112 m), no centro, e Pena
Negra (2123 m.) a dereita; detrás está Pena Trevinca (2127 m.)
. O Teixadal está a 1320 m. É o bosque de teixos maior de España.

Como chegamos?: comentario
Características da Ruta.
Fotografías.
A fotografía é un teixo, dos máis de 420 que hai no Teixadal. Unha
árbore que pode ter miles de anos. O da fotografía pasa de 250
anos. Chámanlle "O embruxado" por algo será...
Nesta misma páxina
web, no apartado de árbores, tendes un ficha adicada
a esta árbore sensacional; a
árbore da vida eterna..
Como chegamos. Comentario...

Mapa para
chegar dende o Barco de Valdeorras (Ourense) ó
bosque do Teixadal de Casaio (Ourense).
Primeiramente hai que ir o Barco de Valdeorras e dende
alí ata Sobradelo. Dependendo da ruta, por suposto, xa
que o Teixadal pódese ir dende outros lugares como
Ponferrada, neste caso, habería que ir a Sobradelo ou
dende a Veiga (Ourense).
En Sobradelo
coller a estrada que leva a Casaio e logo nese lugar
facer a ruta que poño a continuación.
O Teixadal
de Casaio é un bosque de teixos dunhas 2 Ha. En total
hai por riba dos 420 teixos. No bosque por suposto hai
outras árbores como carballos, cerquiños, pradairos,
capudres (serbal dos cazadores), acivros, avelairas e algúns máis.
¡É unha pasada!...
O regato do
Penedo atravesa o Teixadal de arriba abaixo, arriba son
1.400 m. Este río xúntase máis abaixo co regato de
Castaño para logo formar o regato de San Xil. Na
zona hai moitos regatos; algúns no verán secan...
É un bosque
único en Europa e está ben conservado, sin dúbida polo
dificil que é de chegar ata el.
O Teixadal é unha xoia botánica a nivel
mundial, así queda dito polo diario O Sil de outubro de 2016.
"O Teixadal é un espazo tan engaiolante como inaccesible.
Precisamente esto permitiu a súa pervivencia ao longo de miles de
anos"... dice Ángeles Rguez. nese traballo. É resulta que é totalmente
certo. Según Olano Gurriarán autor do libro "El tejo y el Teixadal
de Casio" (2004-Dep. Ourense), "O que fai excepcinal ao Teixadal non
é a súa extensión, nin o número de teixos, senón a antigüidade deste
bosque, que se mantén inalterado nese lugar dende hai milleiros de
anos"..."Aquí non funciona dende hai moitos anos a reprodución por
sementes. O teixo ten sido capaz de reproducirse de forma natural polo
método vexetativo do acodo a partir dalgunha das súas ramas". Efectivamente no bosque vense teixos que nacen de ramas caidas...

Eduarno Olano Gurriarán é autor do libro
"El Tejo y el Teixadal de Casio", publicado pola Diputación
de Ourense no ano 2004. O libro é un estudio pormenorizado e
exhaustivo do bosque de Teixos do Teixadal. Ver datos do estudio que
fixo nesta misma páxina web, no apartado de
árbores e na ficha dedicada o teixo.
Para rematar ese artigo dice Olano Gurriarán "O
Teixadal continuará sendo, co seu singular ritmo vital e a súa atmósfera
engailonte, o guardián máis lonxevo da flora autóctona galega e o avó
dos bosques europeos"

Mapa onde aparece a ruta que
fixemos entre varias que hai para chegar o Teixadal de
Casaio.
A ruta parte da capilla de San
Xil, a nova que se fixo en 1973, que está a 4 kms. de Casaio pola estrada OU-122
que sube o Hotel de Pena Trevinca. Hai que apartarse a
dereita, é doado xa que aparte da capela hai un campo de
fútbol.

Concretamente partimos do camiño que hai
a dereita desta fotografía e que leva a primeira pizarreira.
Escollemos está ruta xa que supoña
en parte andar 10 kms en 4x4 bordeando de forma
non fácil dúas canteiras de pizarra, xa que estaban a traballar, e
logo pasar polas minas dos alemáns, minas de Valborraz,
onde chegaron a traballar 1000 persoas na segunda guerra
mundial, para extraer wolframio para as forzas alemáns.
Subiremos o alto do Seixo para deixar o 4x4 xusto onde
baixa o camiño a capilla antigua de San Xil.

Minas de Valborraz
explotadas polos belgas na primeira guerra mundial
(1913-1928) e
logo polos alemáns (1937-1945) na segunda guerra
mundial. Nela traballaron 461
presos políticos extraendo wolframio que logo os
alemáns usaban para endurecer os materiais con que
facían os tanques entre outros. Abríronse, varios
empresarios da zona, nos anos cincuenta
(1954-1963) aproveitando a guerra de Corea. Logo
quedaron abandonadas...
Na ruta de 10 km. en 4 x 4 houbo
momentos malos, sobre todos os pasos polas dúas
canteiras de pizarra e os pasos entre escombreiras. Logo hai un
mal paso nas minas de Valborraz, o pasar o regato que
leva ese nome nunha curva, e outro máis subindo o alto
do Seixo...

Fotografía subindo o alto do Seixo 1.474 m,
ó fondo as canteiras de pizarra que tuvemos que pasar. O alto do
Seixo marca dous mundos, os das canteiras de Pizarras, eu penso
que único no mundo, nestes lugares hai canteiras por todos os
lados, e ó da natureza pura e dura pero incrible co bosque
do Teixadal e o valle do Foio Castaño e as alturas de Pena
Trevinca, Pena Surbia e Pena Negra e outros. ¡Marabilloso e
único!

Baixando o alto do Seixo,
neste cruce deixamos o 4x4 , os carteis poñen a
dereita baixando a capilla de San Xil, de frente O
Teixadal e na dirección que traíamos as Minas de
Valborraz. Dende este lugar hai 3 kms. o Teixadal.
A partires dese punto hai tres kms
o Teixadal. Dous por bon camiño, ata a mina de ferro,
e 1 kms. de carreiro peligroso, xa que hai que ir con
moita precaución.

Nesta fotografía vese o
carreiro que hai que seguir. No medio a mina de
ferro. A partires dese punto o carreiro en algúns
pasos é peligroso

Bosque do Teixadal; unha
imaxen para a vida...
"A terra pertence os seus
donos, pero a paisaxe só é de quen sabe apreciala"
A frase é de Upton Sinclair.
Está claro que esta imaxen é
miña...
Nota de
xustiza: moitos datos desta ruta están tomados do PDF de Senderos
Geonaturales do Instituto de Estudios Bercianos (Aula de
Naturaleza y senderismo), que foron os que me deron a idea
da ruta a facer.
O pdf está
neste link.
Volver.
Características da Ruta.

Chegada o Teixadal. Observar o sendeiro
a esquerda. ¡Impresionante!.
----------------------
Kms.total ruta
ida e volta:
26
Kms.
En 4
x4: 20 km (ida e volta)
e camiñando 6 km
(ida e volta).
Tempo estimado:
con calma e vendo as cousas 5-6 horas.
Desnivel bruto:
70 metros.
Dificultade: alta co
4x4, hai pasos moi malos, o resto, andando, a
dificultade e baixa salvo o último km. que lle poño a nota de media-alta. É un sendeiro
estreito e nalgúns momentos hai pasos de moita dificultade.
Avisos:
No bosque hai que andar
xuntos e saber orientarse, non é dificil perderse de vista. O
bosque ten o río Penedo que ó atravesa. É pequeno 2 ha. ou sexa
dous campos de fútbol pero e largo e estreito (180 m. largo x
100 m. ancho todo moi empinado). As árbores están bastante
xuntas e hai que seguir os sendeiros feitos. A clave é o río
Penedo, que dependendo da época do ano pode levar moita auga. Repito é fácil
perderse.

O Teixadal. Ver as
árbores bastante xuntas...
--------------------------------------
A situación do
Teixadal de Casaio é 43º 17´ 23.70 ¨ N
6º 45´ 52.80 ´´ O
Coordenadas en
Google Earth 42.28991 -6.764666
En Google Maps
--------------------------------

Nesta fotografía vese
o carreiro que hai que seguir. No medio a mina de ferro. Nese lugar
hai un mal paso...
Volver..
|