Schubert:
A troita, quinteto para piano e cordas
![]()
![]()
![]()
A música que pódedes escoitar no video é de Franz Schubert "La trucha, quinteto para piano y cuerdas. Op. 114". Nada menos que o gran compositor Schubert dedicou unha obra memorable a nosa troita, dona e señora dos ríos galegos. Trátase do cuarto movemento, un "Andantino-Allegreto", que se atopa na tonalidade Re Maior.
Sobre esta música dice Juan José Moralejo, no libro "As troitas miñas señoras" 2ª edicción. Galaxia 2005 :
"A troita, o quinteto para corda e piano de Schubert, unha xoia, un agarimo de música na que fica ben probada a calidade do músico e ben homenaxeada a excelsitude da troita; é unha música tan boa que podemos facer a proba de ir pola beira do río asubiándoa e veredes cómo as troitas tiran a cabeza fora da auga para a escoitar..."
Concierto de Musica de Camara. Ciclo "La Scala Fuera de La Scala". Biblioteca Nacional, Domingo 8-11-09
Alicia Belleville (Piano), Rafael Gintoli (Violin), Verónica D' Amora (Viola), Jorge Bergero (Cello), Hernan Maisa (Contrabajo)
Soio decir, pola miña parte: ¡que é certo! . Agora entendo por qué meu amigo Hilario (que é "profe de música" e pescantín ou quizais ó revés...) é tan bon pescador.
Juan José Moralejo morreu en maio de 2012. Esta música é a miña dedicatoria a un home amante dos ríos galegos...
Onde estés amigo: ¡gracias, moitas gracias.!
¡Gustaríame que nese lugar houbese uns ríos marabillosos!.
Hoxe, día 21/06/2012 fixen este video que che dedico de corazón:
Trátase do Quinteto da troita de Schubert pero con imaxes dos teus e dos meus ríos.
¡Espero que che guste!