O normal é decir "O meu can é o
máis listo", eso é verdade, pero hai que decir que moitos cans teñen
unha intelixencia probada e o can de palleiro non iba ser menos.
O psicólogo e experto en
investigación canina Stanley Coren da Universidade British Columbia
afirma e sosten nos seus estudios, no libro The intelligence
of Dogs que os cans teñen capacidade para
resolver problemas complexos e no fondo é máis parecido o home e os
primates do que se pensaba.
·As capacidades dos cans estan moi
próximas as de un neno de dous anos e medio de edade".
Outros estudiosos como Pablo
Teijeiro van más lonxe xa que fala de que algúns cans teñen a
intelixencia de nenos de sete ou oito anos".
En calquera caso a raza é
determinante e uns cans son máis intelixentes cos outros, según a
raza a que pertenecen.
Hai tres tipos de intelixencia nos
cans: a instintiva, a adaptativa (que é a capacidade de aprender do
entorno para resolver problemas), e de traballo e obediencia (que
sería a equivalente a aprendizase nos humans).
 |
 |
 |
1.- Border collie
O
típico pastor, vixiante experto e can de terapias
varias. Un fenómeno. Ideal como compañeiro de
senderismo, running ou acampada.
|
2.- Caniche
O
típico can que aprende rápido e é capaz de facer moitos
trucos. Para os nenos son os cans preferidos xa que son
moi cariñosos.
|
3.-Pastor alemán.
É un dos cans
preferidos pola súa beleza e tamaño. Can sensible e
amigo dos amigos. Son propensos a sufrir enfermedades
como a displasia de cadeira.
|
 |
 |
 |
4.-Golden retrevier
Outro típico
can, extraordinaria beleza, carácter bonachón, educado e
amable. Lévase moi ben cós nenos e tamén con outros can.
Especial en moitas terapias.
|
5.- Doberman pinscher.
Tranquilo e moi
tolerante. É moi intelixente e rápido en actuar ante as
órdenes dos preparadores. É moi activo e intelixente e
debe facer moito exerxicio físico e mental. Sempre
defenderá con todo a familia.
|
6.-Pastor chetland.
Can tirando a
pequeno. Ten moito que ver con Borden Collie, é unha
mezcla con cans mais pequenos. Moi intelixente e rápido.
Convén facer moito exercicio con eles.
|

7.-Labrador
O Labrador conte
con rasgos moi bons: é inteligente, é doado de adestrar
e é un excelente compañeiro na familia. Necesitan
practicar exercicio moderado porque, en caso contrario,
o si se quedan soios, poden adoptar comportamentos
destructivos. Can cazador.
O número un do mundo seica é o
"border collie", seguidos do caniche e do pastor alemán.
Arriba tendes o hit-Parade dos cans.
Onde está o noso can de
palleiro?
Seguro que o día que a midan levan
unha sorpresa...
O noso can de palleiro que lugar ocupará?.
-----------------------------------------------------------------------
O certo é que un can pode aprender
o redor de 150 palabras incluidas señais e que algúns chegan as 250.
Nos números seica contan ata ata
cinco como máximo, do cal dedúcese que para levar a economía
doméstica non valen, evidentemente.
Outra cousa curiosa da
intelixencia dos cans é que durante o xogo poden enganar a
conciencia os mismos cans ou o home todo por gañar evidentemente.
-----------------------------------------------------------
As súas características que máis
destacan:
no Can de Palleiro

1.- O noso can para empezar xa xoga
ó despiste coa cor. Ver si non
os exemplares anteriores.
2.- Sabe polo menos 300 palabras, xa que o normal son 150, por suposto do idioma do estado, pero este sabe outras 150 de galego,
seguro, xa que non anda coas caralladas do idioma que andan hoxe os
políticos e outros e domina o que hai que dominar, por algo é galego.
3.- Conta ata 12 mínimo xa que controla perfectamente a explotación
de vacas ata o 10, máis o dono e a dona.
4.- Controla perfectamente os xogos e as falcatruadas. Cando fai
unha non aparece na casa en dous días mínimo.
5.- Ten, según Manuel Rivas, a memoria dun cabalo.
6.- A sabedoría do raposo. (según Rivas)
7.- A serenidade da vaca (según Rivas)
8.- A sabiduría do seu mellor amigo, o galego fetén. (según
Rivas)
9.- Non traicionará nunca o seu dono, polo que sexa... morrerá
si é preciso.
10.-Ladra doutro xeito: dun modo escéptico...non fai guau, guau si
non uau, uau... (según Rivas)
11.- O palleiro sempre anda o seu. É un anarquista a todas luces...
12.-É dos poucos que se poden levar a misa si fai falta, ver un
partido de fútbol, ler o periódico e outras moitas cousas.
(según Rivas)
Ver máis cousas
neste link.