A verdade é que non hai moito no que escoller
para este apartado e sintoo moito. Un cánsase de escoitar boas ideas, pero
despois ves que non se levan a práctica e que son auténticos enganos, política
de conto
mezclada e outras cousas...; podería
citar unha chea deles, pero neste apartado quero poñer ideas que están feitas e
que considero que se deben coñecer, para repetilas unha e mil veces:
Porei para empezar cinco iniciativas ben
feitas, hai algunhas máis pero non moitas. Outra cosa que observo en Galicia
dende fai tengo é que non hai continuidade, polo menos tratándose de ríos. Fanse
cousas e non se continua ou non se remata como debera.
Lembro a iniciativa no río Ulla co estudio do
aguaneiro e da Margaretífera, o famoso Proxecto Life+Margal-Ulla,
con excelentes resultados; podedes ver as fichas
deles nesta misma páxina web e todo quedou en qué?. Haberá protección destas
xoias? ou parouse por temas tan negros, por non dicir outra cousa, como Altri ou
similar?...
--0--
Vexamos algunhas iniciativas que mereceron e merecen a
pena.
Escribe Secundino Lorenzo Fdez.
Abril do ano 2026
--0--
1.-Proxecto
Migra - Miño Minho.
Un planbásico, ben artellado para o río Miño, Minho en
Portugal, de protección e conservación de peixes migradores no
tramo internacional de este río Miño ou Minho e os seus afluentes, ata o
encoro de Frieira, ou sexa a parte internacional do río.
Estuvo a funcionar dende o ano 2017 e
con resultados á vista, pero como todo hoxe, en abril do ano 2026, está
pechado.
2.-Especial
río Tins en Outes (A Coruña): primer Río con declaración de dereitos e
compromisos en España.
10 dereitos e 14 compromisos cun e nun río galego. Unha gran idea, por certo que
xa se estaban levando a cabo noutros paises do mundo. No libro "¿Están vivos los ríos? de
Robert Macfarlane fala en moitos capítulos desta declaración a nivel
mundial.
"...Os ríos non son mera materia ao
servizo do ser humano, sinon seres vivos que merecen ser recoñecidos como tales,
na nosa imaxinación e tamén ante a lei..." Robert Macfarlane
Que eu sepa soio se levou acabo en
Galicia co río Tins en Outes (A Coruña) no ano 2024. Qué pasa en Galicia?
--0--
3.-Unha
escada de peixes no río Deva en Arbo.
Non é a única que hai en Galicia, pero faltan moitas nos ríos
galegos. Esta escada está posta nun lugar básico: o río Deva, o que desemboca en
Arbo no río Miño no tramo internacional, que son os últimos 75,5 km e
nese tramo no hai encoros e teoricamente suben casi todas as especies
emblemáticas do Miño, non todas. Esto quere dicir que o río Deva pode ter entre
outros peixes anguías por exemplo...
Esta obra no río Deva entrou dentro do
proxecto Migra Miño minho e fíxose en moitos ríos para habilitar a subida de
especies migradoras. Un gran traballo que se pode repetir en moitos lugares de
Galicia.
Centro de Interpretación do río Miño "O Soño".-
Os Peares.
Nota:
o arco da vella non é casual, un día en soños, subín a ese arco e pedín un
desexo, seica nesas condicións concédense todos, como dice a famosa canción
"Over the rainbow"
cantada
por primeira vez por Judy Garland na película "O mago
de Oz" en 1939; neste caso,
si visitades o meu soño, poño a canción nunha versión maabillosa cantada por Eva
Cassidy.
O desexo é que algún día a Xunta
de Galicia, con axuda do estado e Europa faga nos Peares un
Macro-Museo-Acuario do río Miño, pero coa condición de que a ese lugar cheguen
algún día os sábalos, as lampreas, o salmón e outros...
Xa sei que hai tres encoros que
nunca se deberon facer: Frieira, Castrelo e Ourense pero eses poden
transformarse ou destruirse, que é como se está a facer en EEUU con moitos
encoros deste tipo.
--0--
5.-
O proxecto Life +Margal-Ulla.
O proxecto levouse a cabo entre os anos 2010 e 2015 e afectou
ao
mexilón de río
e a
auganeira
do río Ulla. Fíxose un estudio a fondo destas dús especies e sacáronse
conclusións que podrían aplicarse, aparte do Ulla, en outros ríos de Galicia. A
idea foi moi boa. Pero logo aplícuose en outros lugares, e no Ulla?
Un gran proxecto, uns resultados espectaculares e logo?.
Ver algunhas cousas que pusen nas miñas fichas do aguaneiro, como mamífero
descoñecido por moita xente, unha marabilla, sin dúbida.
Ver este link.
Tamén puxen referencias sobre a Margaretífera, o mexilón de río, que está
por desaparecer nos ríos galegos.
Ver o meu link.
Ver tamén este video de youtube, para enterarse un pouco máis.
Merece a pena ver este video, leva escoitalo pouco máis de 28 minutos, que fala do estado do mexilón ( náiade de río ou
madreperla) e tamén do aguaneiro (toupeira de río ou desmán en castelán); cales
son as causas da súa disminución nos ríos, neste caso no Ulla, e os seus
afluentes Deza e Arnego e
como se pode lograr que mellore en base a melloría da auga, do estado do río e
marcar unhas diretrices para o futuro sempre coa máxima de que "conservar
unha especie é conservar o ecosistema".
Manifestar a miña enhoraboa polos traballos, inda que logo vexa que non se
aplican as súas consecuencias e ensinanzas no resto dos ríos, cousa que non está
na man do grupo de científicos que fixeron o traballo.
----o----
Ampliación:
Pregunta á IA : "Cosas bien hechas en los ríos gallegos en el
siglo XXI"
Nota: a pregunta fagoa en castelán xa que en galego pón menos cousas, entre elas
algunhas das anteriores miñas.
Ampliación:
Esto é o que pón:
"...
En el
siglo XXI, Galicia ha destacado en la gestión de sus ríos mediante el Proyecto
Mil Ríos, que restaura ecosistemas eliminando especies
invasoras y recuperando la vegetación de ribera en cientos de
kilómetros. Estas acciones buscan aumentar la biodiversidad, mejorar la
capacidad de respuesta climática y asegurar la conservación del agua,
con inversiones proyectadas de más de 65 millones de euros hasta 2030.
Principales hitos y acciones en la gestión fluvial
gallega:
Proyecto Mil Ríos: Esta
iniciativa principal se centra en la restauración de los ámbitos
fluviales, incrementando la biodiversidad y mejorando la capacidad de
respuesta climática.
Eliminación de especies invasoras: Se ejecutan
labores intensivas para retirar flora y fauna exótica que amenaza la
biodiversidad nativa, plantando especies autóctonas en su lugar.
Conservación y mantenimiento: La Xunta de Galicia realiza
cientos de actuaciones anuales de limpieza y mantenimiento en más de
150-550 km de cauces fluviales.
Mejora de corredores fluviales: Se potencia la continuidad de
los ríos, favoreciendo la conectividad ecológica a lo largo de los
cauces.
Planificación estratégica: Se diseñan actuaciones integrales a
largo plazo (hasta 2030) que combinan la limpieza con la restauración
ambiental..."
Hasta aquí, los
grandes hitos de la gestión fluvial gallega.
Observar que dice:
Galicia a destacado en la gestión de sus ríos.
Observar que dice la
IA que en el
Proyecto ríos ya ha
destacado Galicia en este proyecto, por cierto aun ni empezaron en abril del
2026. Es típico de la Xunta de Galicia actual, Contan as cousas, boa idea,
non digo que non, fan a fotografía coa xente e ala, catro cousiñas e xa
está...
¡Dan todo por feito
antes de levalo a cabo e logo nada de nada!...
E eso que os cartos
ponos Europa.
A plana maior: conselleira, director de augas e outros.
Río Ferreira en Alfoz. ¡Xa arranxaron o río"
Ver esta nota da
Voz de Galicia do 4 de marzo de 2026, seica en 4 km. do río Ferreira xa
se actuo,
ver este link
"Falábase o
principio de entre 200-470 km. ata o ano 2030, farei un seguimento...Sei
dalgunhas actuación deste estilo no norte de Lugo que non fixeron
nada xa que o personal non tiña nin ferramentas". Deño datos
reais, non falo por falar...
Seica arrancou en
marzo de 2022 no río Ulla,
ver a reseña
Foto de Sandra Alonso. Río Ulla.
A estas alturas, abril de 2026,
seguro que xa teñen feito, despois de 4 anos: a mellora da vexetación da
zona, eliminadas as especies exóticas invasoras, existirá xa unha
Nova Estación Ictiolóxica no Xirimbao -presa de Couso- que millorará
o seguimento dos peixes migradores...
Con tanto traballador como hai na
fotografía, vintecatro currantes, non me estrana que xa quedara todo
listo e para revista...
Por certo hai un
comentario, que ven moi a conto e suscribo o 100% de Janc5416:
"...pues
que empiecen Por
poner a los guardias a vigilar los rios, después control de los vertidos
contaminantes a los ríos más tarde, ponerles las pilas a las empresas
eléctricas para que respeten los cauces ecológicos, seguimos por
eliminar las especies foráneas de nuestros ríos introducidas de forma
ilegal e irresponsable (especies piscicolas y vegetales), después hacer
un control de la temperatura y calidad de las aguas y de las poblaciones
de microinvertebrados que habitan en las aguas de los ríos, seguimos por
el control de la población de depredadores foráneos de nuestros ríos
(cormoranes), derribo de presas y azudes innecesarios y construcción de
escalas para el remonte de los peces y cuando realicen todo eso, podrán
salir diciendo que han hecho algo por nuestros ríos, lo contrario, son
fotos vacías y buenas palabras, pero sin implicarse de verdad en el
problema de nuestros ríos. Y lo de sacarse fotos y no hacer nada, es
algo que se les da muy bien a nuestros políticos y ciertas asociaciones
ecologistas....
Van a "convertir
el río Ulla en un río ejemplar del estudio del salmón a nivel mundial"... Eso
dicen:
Engado: ¡Fáltalles
poñer en Altri o museo de interpretación e estudio do salmón do Ulla!
Os hitos están claros, nada de nada.
De verdade amigos, levo moitos anos con esta web en defensa dos ríos galegos,
e toda a vida loitei por uns ríos sans e limpos, sin atrancos; considérome un "conservacionista nato", non ecoloxista,
e vexo que desgraciadamente os ríos cada vez están peor. Eso é ó que vexo.
De vez en cando hai cousas serias, pero ao pouco tempo observas que todo
queda en nada.
Gustaríame estar equivocado, e que as cousas foran a mellor, pero vexo que o
deterioro é galopante e demencial...
Presa do río Deva en Arbo. Neste
lugar hai unha bonita praia pola parte de arriba. Abriron a escada
da dereita para que suban as troitas comodamente. Esta presa está a
poucos kms. da desembocadura no río Miño.
Nel podedes ver que traballiño
pasan as troitas para ir río arriba, e moitas quedan nos bordes
cando hai menos auga.
Por eso o facer a escada de subida
foi unha idea fantástica
Detalle da escada de peixes do río
Deva en Arbo. A verdade é que está perfectamente diseñada, a subida dos
peixes é moi doada e a zona non perde o uso que tiña no verán como
piscina fluvial. Ten dúas portas para controlar a auga, a porta central que xa
tiña e unha porta a dereita da fotografía para a escada. Penso que o
control, no momento de subir as troitas é doado, xa que esta parte pode
estar aberta todo o ano..
Esta escada e outras moitas que se
fixeron en moitos afluentes do río Miño, na parte internacional,
formaron parte do proxecto Migra Miño Minho.Ver este video.