OS RÍOS DE OURENSE - CIUDADE
UN
MAL EXEMPLO
O lector debe saber que en Ourense-ciudade temos tres ríos sensacionais. Pero en Xunio do ano 2000 estos
ríos están francamente contaminados e en moi mal estado. Sinto decir
esto, xa que me doe, pero hai que decilo e hai que pedir
responsabilidades. Os nosos gobernantes teñen que mirar pola nosa vida
que son os ríos.

O río Miño en Ourense Unha
pocilga.
Análisis feitos fai pouco (xaneiro
do 2000) o río Miño en Ourense iba de auténtica pena.
Estos análisis foron ratificados pola
Universidade de Ourense. Hay moitos focos contaminantes en Ourense.
A depuradora non funciona ben, Renfe sigue a
soltar aceites e gasoil, o matadeiro a votar sangue, o Tinteiro está
impresentable, O Barbaña na desembocadura vai lamentable... e un longo etc. |
|
Tódolos anos as Asociacións Ecolóxistas sacan camións de
merda do río Lonia.
O río Lonia, outro río de Ourense - ciudade
que está impresentable. A parte das augas fecais que se botan directamente,
sin que se tomen medidas de ningún tipo, o río xa ben de cuidado dende
os Gozos, onde o cárcere segue sen depurar en condicións (unha
auténtica vergoña), o mismo que o Club Santo Domingo e outros.
Incríble que non se tomen medidas de ningún tipo. O Río Lonia, en Ouense, outra
pocilga.

Na fotografía o encoro de
Cachamuiña do que se toman no inverno, menos mal, as augas para Ourense. |
|
O Río Barbaña sae o Miño totalmente contaminado,
outra auténtica pocilga.
Ten máis de 30 vertedeiros de augas fecais, soio
na ciudade.
Outra auténtica vergoña. Este río
que podía ser o orgullo de Ourense, xa que o entorno estano deixando
ben, é unha pocilga lamentable.
Non entendo como os nosos gobernantes permiten,
e non poñen remedio, este desastre.
Prácticamente non ten vida.
A este río Barbaña, voulle a dedicar unhas
cantas fotografías de esperanza, pedindo dende estas liñas a súa salvación o
antes posible.
Parece
que o río Barbaña vaise sanear: enhoraboa...
Río Barbaña entre a
vida e a morte.
Decir en octubro do 2006
que os ríos de Ourense ciudade están auténticamente de pena. O
río Miño non está saneado e entre o Barbaña e o Lonia teñen máis
de 30 vertidos de augas fecais.
Eso si temos uns paseos fluviais en Ourense
dos mellores de Galicia. Pero repito os saneamentos dos ríos
cero. Lamentable.
Saír.
|
.
O
SANEAMENTO DO RÍO BARBAÑA PERMITIRÁ A PESCA DE SALMÓNIDOS O SEU PASO
POR OURENSE
ENHORABOA (O DÍA QUE SEXA CERTO...)

Haberá una inversión de 300 millóns
para o ano 2000 no que estamos e 700 millóns para o 2001 e
400 millóns para 2002. De momento no 2003 están a facerse as
obras. Parece que vai en serio.
Resultado: instalar 7.030
metros de colectores secundarios e 925 metros de colectores
interceptores.
Según os responsables da ciudade "
O río Barbaña volverá a ter vida ..."
Dí Alfonso Balderrábano, Delegado da Confederación Hidrográfica del Norte,
"No
se si llegará a haber ciprínidos, pero sin duda los
salmónidos, que no salmones, dado que estos necesitan una
escala, volveran a poblar esas aguas".
Esta última frase quero entendela como
que VAI HABER VIDA NO BARBAÑA. DENDE LOGO ASÍ QUEDA DITO.
En canto a ciprínidos, salmónidos, etc.
este Sr. non ten moita idea...menudo lío.
Resultado: instalar 7.030 metros de
colectores secundarios e 925 metros de colectores
interceptores. |
|

Foto para a posterioridade. 27-06-2000.
(O Sr. Balderrábano, o Alcalde Manuel
Cabezas e Rodriguez Cid.)
Sin dúbida o "mellor proxecto para
Ourense".
De confirmarse e realizarse a
satisfación o proxecto anterior dende logo
"chapeau", na miña opinión, sin dudalo, o mellor
que se pode facer pola ciudade de Ourense, sanear os seus
ríos.
Os traballos completos estarán feitos no
2006 : acondicionamento dos colectores do río Barbaña,
eliminación de todo tipo de vertidos, o mesmo no río Miño,
a dereita e esquerda, e ampliación da depuradora de Reza.
Si estas cousas se fan ven e con futuro, é
decir, que funcionen e non se queden desfasadas o ano seguinte,
será incrible. |
Subir.

|