Bolboreta laurel nunha flor de silva. Realmente a
insua da Agolada que me indicou o compañeiro Manuel Busto Galego,
profesor e colega no IES de Lalin, é un auténtico xardín, unha
marabilla da natureza. Esta cheo de vida. Non se entende o afán de
empresas como Fenosa e outras, Engasa, Hidroeléctricas A merca e un
longo etc. en querer destruir esta beleza a cambio duns KW, poucos
por certo, que non solucionan nada a Galicia, por certo o 50% do que
producimos en electricidade vai para fora da comunidade. Realmente
non se entende esta desfeita cós ríos galegos.
Estas fotografías son a miña pequena homenaxe a
uns ríos dos que fai tempo estou namorado. O mesmo tempo dar as
grazas a este compañeiro por indicarme onde está esta marabilla...