Chopo Branco. Lamagueiro (Álamo blanco)
Úsase moito en Ourense para as beiras dos camiños e as estradas o mesmo que no anterior. É, polo tanto, moi abundante en Ourense.
Está nunha segunda liña de árbores dos ríos. Nos ríos hai moitos. A madeira non é moi forte e utílizase para embalaxes. Tamén se ven nos xardíns.
A súa identificación é doada xa que o tronco é tirando a branco agrisaceo con motas negras. A súa forma é característica. As follas dicen blancas polo envés. Pódese confundir có bidueiro, pero as follas do chopo son distintas, entre outras cousas.
Tamén se chama en galego Lamagueiro ou Lamigueiro.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitat Flores Froito Tronco Interés Bibliografía Fecha actualización: 25/12/2006
Nome científico
Populus alba L.
Clase: Anxiospermas
Ode: Salicales
Familia: Salicáceas.
Nota: alba refírese o denso tomento que teñen as follas polo envés, de cor blanco.
Nome galego
Chopo branco, choupo branco, lamagueiro
Nome castelán
Alamo común, Álamo blanco
Dimensións
![]()
Árbore que pode botar ata 30 metros. Pode presentar diámetros do tronco moi grandes ata 3 metros. Copa amplia e irregular.
Identificación:
As follas presentan duas formas no mesmo árbore palmeadas e ovaladas.
Nesta fotografía vense as dúas formas de follas observar a parte de arriba e a de abaixo e ver que son diferentes. Ver tamén o dibuxo de abaixo deste texto.
Dibuxo sacado do libro: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.
Neste dibuxo vense as características máis importes desta árbore.
Observar as duas formas de folla.
Observar o tronco, moi parecido o do bidueiro, pero que é unha árbore máis pequena,e con follas aserradas, etc..
Polo tanto moi distinta.
O choupo prateado pode confundirse co bidueiro, pero as follas son diferentes, tamén a árbore, o choupo é máis grande.
Folla-1 do chopo Folla-2 do chopo Folla do bidueiro As follas do bidueiro son máis aserradas.
As follas dende logo son verdes polo haz e máis brancas polo envés.
Propiedade interesante.
Dende logo eu penso que é inconfundible, ten ata 25 metros, o seu tronco é branco con esas motiñas negras, doado de distinguir.
A dereita un chopo branco
É unha árbore erqueita, a movilidade das súas follas é tamén típica xa que tremen , axítanse. Distínguese de choupo negro entre outras cousas polo tronco que lle da nome.
Habitats:
Ribeiras dos ríos e lugares frescos.
Na fotografía pode apreciarse na parte de arriba as follas que co vento ensinan o envés, dende logo máis blanco.
A parte de abaixo é máis verde.
Flores:
Flores verdosas. Floración precoz entre febreiro e abril.
Froito:
O froito é unha cápsula de 4 mm., primeiro verdosa e logo marrón.
Tronco:
Dereito, cilíndrico. ( Fotografía de Virginia Tech).
A súa madeira:
Densidade Moi leve. Utilización Construción: estructuras e limpos.
Mobiliário: interiores
Contraplacados e contralaminados
laminados.
Carpinteria fina.
Fósforos e pallillos.
Estores e persianas.
Interés:
Árbore de gran valor ornamental, empregada en parques e xardíns.
A madeira é pouco resistente, emprégase para carpintería lixeira.
As follas e cortiza teñen propiedades astrinxentes.
Mediocre combustible.
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. As fotografía están sacadas da Guía para coñecer os árbores de Barcelona Multimedia.
![]()