Crataegus monogyna Jacq. Estripeiro. (Espino).
Arbusto de ata 5 metros que se atopa con moita frecuencia á beira dos ríos. Normalmente ten o tronco torto. A súa madeira é moi dura. As flores son blancas con estames rosas. Froito avermellado.
Ten espiños bastante longos en todo a árbore.
Na fotografía vese un espiño, que por certo ten unha folla característica e uns pinchos peligrosos si lle botas a man...
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitat Flores Froito Tronco Interés Curiosidades Bibliografía Fotos no Lor. Fotografías. Modificado 15/05/2013
Nome científico:
Crataegus monogyna Jacq.
Clase: Magnoliopsida
Orden: rosales
Familia: Rosaceae
Xénero: Crataegus
Especie. Crataegus monogyna
Nota: o do nome ven de Crataegus que é forte, robusto e que fai alusión a súa madeira. O de monogyna parece que fai referencia a que ten soio un estilo en cada flor.
Nome galego:
Estripeiro, estripo, estripo, escalambrón, escambrón, espiño, espiño cambrón, estripo albar, etc.
Nota: o feito de ter moitos nomes xa sabemos que quere decir que é unha árbore moi coñecido en Galicia, e sin duda de moita utilidade. Efectivamente a súa madeira foi utilizada para facer mangos de ferramentas e outros utensilios debido a súa fortaleza.
Nome castelán:
Espino majuelo, espino albar, majuelo.
Dimensións:
Fotografía do autor da www.
Chega os 5 metros.
Identificación:
Trátase dun arbusto de moita espiña, as follas son ovais con moito lóbulo. Ver na fotografía as espiñas, que por certo son bastante longas.
Tamén nesta vense ben:
A folla tamén ten unha forma que non deixa lugar a moitas dúbidas, inda que teñen as veces forma bastante variable, en xeral son ovais con moito lóbulo.
No dibuxo de Carlos Silvar, están algunhas das características principais deste arbusto.
Nesta fotografía sacada no río Lonia en Ourense, vese perfectamente os pinchos. Bastante longos por certo.
O tronco e curto e soe ser algo torto. Copa baixa, arredondeada e densa.
Habitats:
Fotografía sensacional de Susana Dominguez. Libro Árboles de nuestros bosques.
Vese onde hai humidade, sempre en lugares frescos, polo tanto é normal a beira dos ríos. Non é unha árbore de alta montaña, máximo sobre 1.200 metros.
Fotografía sacada no río Baraña en Ourense. Abril do 2008
Pódese atopar por toda Galicia. É, polo tanto, moi habitual nos ríos galegos.
Na imaxen anterior, do autor da www, un estripeiro nada menos que en Grés, en Ponte Ledesma, no río Ulla, nunha das ínsulas que hai nun río sensacional. Por certo, mándolle unha gran aperta a Adolfo Villar Donato, un home amabilísimo que me sirviu de guía nestas ínsulas sensacionais. Realmente Galicia ten rincóns decoñecidos, preciosos, sensacionais e dignos de ver...as ínsulas do Ulla en Gres son un destes lugares fora de serie.
Flores:
Son brancas, levan 5 pétalos e cinco sépalos, con moitos estames rosas. Moi características. Moi olorosas. Olor moi agradable.
Fotografía do autor da web.
Froito:
Froito inda verde. Fotografía do autor da www. Río Lonia en Ourense. Xunio 2005.
É unha boliña avermellada que aparece entre setembro e octubro. Os froitos poden permanecer na árbore todo o inverno.
Tronco: O tronco da árbore de nova ten este aspecto:
O tronco é curto e sempre algo torto, é curioso.
Observar que é torto o seu tronco.
Interés:
A madeira emprégase para facer mangos de ferramenta e outro útiles. As flores tamén se usan como tónico cardíaco, aparte de mellorar as arritmias e a tensión arterial. Tamén se utiliza para calmar a ansiedade, para elo utilízanse as flores como si foran té.
Ver este link si queredes ampliar. Trata sobre o espiño albar na terapia cardiovascular.
As follas poden comerse en ensalada, saben a noces. O froito tamén é comestible.
Curiosidade:
![]()
As follas deste arbusto son ramoneadas polas cabras. Esa particularidade seica está implícito no nome científico da árbore.
En algún lugar de Galicia de tódolos xeitos a este arbusto chámase espiño cambrón, no sei porque...
Esta imaxen está sacada do libro "La vegetación de ribera de la mitad norte de España" de Francisco Lara, Ricardo Garilleti y Juan Antonio Calleja. Libro que tamén teño usado posteriormente como bibliografía.
Outras fontes: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.
Fotografías sacadas de la Guía para conocer los árboles de Multimedia Ediciones S.A. Barcelona Multimedia.
Los árboles de nuestros bosques, de Susana Dominguez y Ezequiel Martínez.
Esta imaxen está sacada do libro "La vegetación de ribera de la mitad norte de España" de Francisco Lara, Ricardo Garilleti e Juan Antonio Calleja. Libro que tamén teño usado posteriormente como bibliografía.
Fotografía do autor da web
Fotografía do autor da web
Espiño no Rexo (Allariz). Río Arnoia. Fotografía do autor da web. Secundino Lorenzo. Maio 2012.
Espiño no Rexo (Allariz). Río Arnoia. Fotografía do autor da web. Secundino Lorenzo. Maio 2012.
Espiño no Rexo (Allariz). Río Arnoia. Fotografía do autor da web. Secundino Lorenzo. Maio 2012.
Flor e follas dun estripeiro ou espiño a carón do río Lor na Labrada.Autor da web. Secundino Lorenzo
Detalle da flor do espiño. Autor da web. Secundino Lorenzo