O sanguiño é moi común en toda Galicia, sobre todo na beira dos seus ríos, en media montaña.
O sanguiño pode atoparse en Galicia ata os 1.000 metros.
É unha árbore máis ben pequena, ata 4 metros.
As súas follas teñen uns nervos moi marcados e os seus froitos son moi característicos, primeiro son vermellos e logo o final son negros
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitat Follas Flores Froito Tronco Interés e utilidades. Bibliografía
Nome científico:
Frangula alnus Miller.
Rhamnus frangula L.
Nota: Frangula ven do latín romper, quebrar e fai alusión o quebradizo da súa madeira. Alnus venlle por habitar a carón das ribeiras dos ríos e regatos.
Nomes galegos:
Sanguiño, sangobín, sangobino, sangomiño, sangriño, sangubiño, sangumín, sangumo, arraclán, e outros.
Nota: o nome de sanguiño ou sangriño venlle de que as ponlas teñen a casca sanguiñenta ou vermella coma a sangue. O contraste é que as follas teñen un verde especial.
Nesta fotografía pode verse as pólas ou ramiñas saguiñentas ou vermellas.
Nome castelán:
Arraclán, sanguiño.
Dimensións:
Trátase dun arbusto ou pequena árbore de ata 4 metros. Na fotografía vese perfectamente que é pequeno. Por certo este sanguiño está có seu froito, observar as boliñas bermellas.
Identificación:
Dibuxo sensacional del Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé
Flora von Deutschland Österreich und der Schweiz.As follas son caedizas, simples, alternas, cun pecíolo tomentoso, puntiagudas e algo sinuadas. Moi verdes. Entre 2 a 8 cms. A nervadura central é moi marcada. Rematan seguindo a curba da folla. As beiras son enteiras.
As ponlas do sanguiño son delgadas.
![]()
Na ficha - dibuxo de Henrique Niño e Calros Silvar: vese o sanguiño nas distintas etapas, así como a forma das follas, os froitos, o tronco, etc.
Sensacional o libro Guía dos árbores de Galicia, imprescindible para profundizar no estudio das árbores galegas.
Este libro ten un programa informático moi útil.
Sin dúbida un libro de bolsillo que debemos levar o campo...
Habitat:
Sempre a carón dos ríos galegos, non en primeira liña pero si en segunda e moitas veces.
Habita en lugares húmidos e sombríos próximos os ríos e os regatos de Galicia, por suposto tamén en valgadas húmidas e bosques que reunan estas condicións.
Escaso en alta montaña.
Realmente é un arboliño moi bonito e dende logo doado de atopar en Galicia.
En Ourense ciudade podedes atopar sanguiños nas ribeiras do río Lonia, inda que a serra do Concello anda a facer das súas e distingue pouco. Xa vín varios cortados a carón do río LOña preto da ponte de Mende.
As follas:
As follas son grandes, máis longas que anchas. O pecíolo é tomentoso, moi intensa a cor verde por diante e máis pálidas por detrás.
Nesta fotografía de Michael Oust pódese apreciar o anterior.
As follas rematan dunha forma especial, observar que rematan en curva, refírome o nervio. Como si seguirá polo borde.
Son moi nervudas, ou sexa os nervios laterais son moi marcados. O borde tamén é moi marcado.
Son moi pecioladas, aparte de alternas.
Tamén teñen certa tendencia a abovedarse.
Realmente é un arboliño moi bonito e dende logo doado de atopar en Galicia.
Flores:
Na fotografía de Walter Obemayer pódese apreciar as flores nacendo nas axilas das ramas e soldadas a base.
Florece na primaveira.
As frores son de tamaño moi pequeno con 5 pétalos dunha cor amarela verdoso. Nacen nas axilas das follas e forman grupos de 4 flores.
Froito:
Froitos novos e vellos.
O froito é unha drupa, primeiro verde pero o final vermella
Na madurez completa volve a ser negra. Madura no mes de xullo.
Na fotografía hai de todo, froitos negros, vermellos.
Son unhas boliñas de 1 cm.
Tronco: Tronco:
O tronco é algo recurbado.
A cortiza é lisa cando nova, e logo vaise gretando, tomando unha tonalidade pardo - moura.
Copa arredondeada e moi frondosa.
A casca é algo vermella, sanguiñenta, por eso o nome.
Interés: Interés:
A madeira ten utilidade en tornería e cestería.
A súa corteza é utilizada en homeopatía como purgante, depurativo e antirreumático.
Tamén se utilizou a súa casca para curtir o coiro, en tempos.
Por certo a casca cocida en leite foi utilizada para a sarna.
A leña proporciona un carbón de moi boa calidade.
Antiguamente foi moi apreciado para a elaboración de pólvora negra.
Os froitos son velenosos. Cuidado.
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.
"Flora de Galicia" de Xosé Ramón García.
"Guía para una fácil identificación de especies arbóreas y arborescentes" de Concepción Fidalgo y otras.
Saír.
![]()