Ata 30 metros de alto.
Trátase dunha arbore naturalizada en Galicia.
Dende logo hai moitos tipos de pino en Galicia, este é o que máis se atopa, preto dos ríos, en segunda ou tercera liña.
Ten a copa ancha e aplanada ó chegar a vello.
Por suposto da os piñóns, pero non é o mellor. O piñeiro manso da os mellores piñóns.
A súa madeira non é de moita calidade, pero pódese emplear perfectamente na construcción e outras cousas.
PINUS PINASTER: o piñeiro.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitat Froito Flores Tronco e madeira Interes Historia Curiosidades Tipos de piñeiros Bibliografía Fotografía
Nome científico
Pinus pinaster Aiton
Clase: Pinopsida
Orden: Pinales
Fan¡milia: Pinaceae
Xénero: Pinus
Especie: Pinus pinaster
Nome galego
Piñeiro do pais, piñeiro galego, piñeiro bravo.
Nome castelán
Pino rodeno, pino marítimo.
Dimensións
Ata 20 metros que excepcionalmente pode chegar os 40.
Tronco dereito, algo flexuoso.
Identificación: Eu penso que como pino no ten lugar a dúbidas, de tódolos xeitos vexamos algunhas fotografías:
Nesta fotografía vese o aspecto que presenta cheo de piñas (estrobilos) típicas.
As follas non deixan lugar a dúbidas, son aciculares (chámanse acículas) , moi longas e duras, verdes, punzantes, por certo sempre reunidas en grupos de dúas. Sobre 15 a 25 cms.
Eu penso que é das árbores máis coñecidas.
De tódolos xeitos, outra cousa, é identificar os distintos tipos de pinos.
Habitats:
Habita en bosques puros e mixtos sempre que sexa solo silícico. É, polo tanto, moi abondoso en Galicia. De tódolos xeitos é moi abondoso en Pontevedra e no norte da Coruña e de Lugo. Penetra tamén polos vals fluviais.
Froito:
O froito típico do piñeiro: a piña (estrobilo). Como se ve é cónico-alonado. As piñas son picudas, estreitas e sin pecíolo. Por certo maduran no outono. Ten sobre 10 a 20 cms. Os piñóns son pardos e chegan a ter 1 cm. de longo.
Flores:
As flores xa son menos coñecidas. Como se ve na fotografía son amarelas, formando grupos que parecen espigas.
As flores poden verse entre finais de marzo e primeiros de maio.
Tronco:
O tronco é definitivo en canto a identificación.
O tronco é dunha cor parda escura e negra. Grosa, dividida por fendas moi profundas en pequenas placas.
Madeira de pouca calidade, úsase para encofrar, embalaxes e pasta.
Pode extraerse do pino a resina que se utiliza para facer augarrás, lacas, barnices e outros productos.
Interés:
Esta é unha árbore tan amplamente naturalizada que caracteriza a paisaxe galega, efectivamente é a especie arbórea que máis superficie ocupa. De tódolos xeitos hai tamén que decir a razón: foron plantados a tope nos últimos cincuenta anos...
Historia :
Orixinaria da rexión mediterranea. Este pino é o que ten máis tempo en Galicia, tamén é o que aparece máis a menudo sobre todo na beiramar.
Curiosidades
![]()
Fotografía de Enrique Touriño
É unha árbore que aguanta perfectamente a sequía. Non lle gustan as xeadas e os ventos fortes e as nevadas.
Madeira de pouca calidade, úsase para encofrar, embalaxes e pasta.
Pode extraerse do pino a resina que se utiliza para facer augarrás, lacas, barnices e outros productos.
Tamén se obtén do pino a esencia de trementina, xema de piñeiro e colofonia, para emplastos, linimentos, etc.
Outros tipos de piñeiros:
En Galicia temos varios tipos de piñeiros así:
o piñeiro negro (Pinus nigra)
A cortiza é cincento-prateado nos novos e parda escura nos adultos.
A copa e alta e irregular. O tronco é dereito. Pouco abondoso en Galicia. Normalmente en terreos calizos, en outeiros ou montañas. É unha especie de gran valor estético. A madeira e boa. Vense bastante en Lugo.
o piñeiro manso (Pinus pinea)
Cortiza castaña avermellada.
A fotografía está sacada en Caldes de Reis.Tense moita estima a este piñeiro en Galicia. É o que da os piñóns (pinea). É a árbore das Casas grandes e dos Pazos de Galicia. A madeira é de baixa calidade.
Ten as características de que aparece illado, non forma bosques. A súa copa é tamén moi típica, xa que é moi amplia.
Quere terras quentes.
o piñeiro americano (Pinus radiata)
Cortiza parda avermellada nos novos e tirando a escura nos adultos..
Habita en zonas de clima húmedo sobre terreos non calizos. Utilízase como repoboación nas zonas do litoral.
A madeira ten menos resina que os piñeiros ibéricos. Vai moi ben para facer pasta de papel.
Este é o piñeiro de repoboación típico. Crece moito nos terrenos ácidos, como o galego en xeral.
É orixinario de California, a súa madeira e feble e de pouco corpo, pero ten a ventaxa de ser resinosa. Por eso é a que se emplea para facer papel.
Piñeiro do pais ( Pinus pinaster)
Cortiza parda escura tirando a negra.
Descrito nesta ficha é o piñeiro que máis abonda en Galicia. A madeira non é boa, pero aproveitase para construcción.
Piñeiro silvestre ( Pinus sylvestris)
Cortiza parda avermellada cunhas escamas que se desprenden. No tercio superior ten unha cor laranxa pálida.
Habita en montañas de altitude media alta, sobre solos arenosos. Ten gran valor estético. A madeira é moi apreciada, probablemente a mellor dos piñeiros.
O que quiera profundizar recomendo Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. Un libro imprescindible si se queren coñecer en profundidade as árbores de Galicia.
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.
![]()