Sauce chorón. Sauce llorón
Sauce chorón que había no 2005 á beira do río Miño, no Tinteiro, en Ourense.
Esta árbore non é de primeira liña nos ríos, pero atópase moitas veces preto deles. O exemplar da fotografía está sacada no "Tinteiro", en Ourense, a carón do río Miño, xusto na beira do río. No 2006 xa non existe, xa pasou pola zona o "Concello de Ourense coa serra". ¡Son incribles cortando árbores!. ¡Son únicos!...Que lle pregunten os lodoeiros que había a carón da Ponte vella, pasaron todos o cemiterio...
É doado recoñecelo xa que as súas ramas son moi penduladas e chegan xeralmente ata abaixo. É moi amplo, con moita rama. Realmente o nome de chorón está moi ben escollido.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitat Flores Froitos Tronco Interés Curiosidades Fotografías
Nome científico:
Fotografía do autor da www. O tinteiro en Ourense.
Este xa pasou pora serra do Concello de Ourense.
Non existe no 2013.
Nota: esta árbore marabillosa, que estaba xunto o Tinteiro en Ourense, xa non existe en decembro do 2006. A "Serra do Concello de Ourense" é das máis eficientes de Galicia.
Xunto a papeleira está o tronco morto.
A árbore quedou deste xeito.
Nome galego
Sauce chorón, salgueiro chorón.
Nome castelán
Sauce chorón xunta a Ponte Vella en Ourense. Veremos o que dura...
Sauce llorón, sauce de Babilonia.
Dimensións
Sauce chorón, de momento sin cortar, a carón da Ponte Vella en Ourense. Outubro de 2006.
Ata 10 metros.
Identificación:
Non ten moitos problemas de identificación. Precisamente chámase chorón xa que as ramas caen como si foran bágoas o chan.
Este árbore estuvo chorando moito tempo en Ourense, o pé do Tinteiro, pero a Serra do Concello foi implacable e cortouno no 2006. Realmente era marabilloso...
¡Hai cousas difíciles de entender en Ourense coas árbores!.
As ramas son colgadas e flexibles, chegan fácilmente ata o chan. Copa ancha e redondeada.
Follas estreitamente lanceoladas. As ramas son delgadas, verdes pálidas, moi longas (ata 17 cm.) e colgantes.
Penso que o aspecto é inconfundible.
Fotografía do autor da www. Observar as formas das follas.
Sauce chorón no Tinteiro, en Ourense, a carón do río MIño. Realmente hai un pequeno parque no Tinteiro que está che de sauces choróns. Dan moita sombra.
Habitats:
Cada día vense máis. En ourense ciudade ainos por tódolos lados, na misma ponte vella, nas Lagoas, etc. Dan bastante sombra.
Son grandes amantes da auga, polo tanto vense a carón dos ríos.
![]()
Sauce chorón no Tinteiro, en Ourense, a carón do río MIño. Realmente hai un pequeno parque no Tinteiro que está cheo de sauces choróns. Dan moita sombra.
Flores:
As flores saen entre abril e maio.
Trátase de amentos que brotan coas follas.
Tronco:
O tronco de novo é tamén bastante característico, de vello adopta outra forma distinta. Ver abaixo.
Fotografía do autor da www. Tronco vello. O Tinteiro. Ourense.
Froito:
Froito en xuño - xullo.
O froito é unha cápsula lampiña con moitas semillas plumosas.
Interés:
Orixinaria de Asia. Especie exótica.
Cultivase en xardinería como ornamental.
Dicen que seca os pozos de auga, non sei si será certo.(Confirmado, necesita moitísima auga para vivir).
Curiosidades:
O nome científico foi dado xa que os hebreos cautivos en Babilonia choraban debaixo destes salgueiros lamentando o seu desterro. ( Así aparece no Libro de Salmos).
Foto do autor da www. O Tinteiro. Ourense. Esta árbore xa pasou a lista de árbores cortadas a carón do río Miño en Ourense. Cae de todo: amieiros, salgueiros, choupos, lamigueiros, sobreiras e sauces choróns. Unha desfeita. Van a feito...
Así quedou esta árbore no 2006. "A serra do Concello de Ourense" non ten piedade...
Sauce chorón a carón da Ponte Vella en Ourense. Octubro do 2006. Non creo que dure moito en pasar pola serra do Concello. ¡Qué bárbaros!. ¡Como lles gusta cortar árbores!.Non entendo a razón.
Este sauce chorón está en Sarria (Lugo), a carón do río Pequeno, afluente do Río Sarria. Fotografía do outono de 2014. Secundino Lorenzo.
![]()