É o obxecto preferido na astroloxía para o signo Aries.
Ademais sobre o loureiro hai un refrán: "o que planta un loureiro nunca o verá medrar", este refrán fai mención de que o loureiro tarda moito en medrar.
Loureiro a carón do río Deva na Cañiza.
O loureiro é bastante común preto dos ríos galegos, xa que inda que é unha arboriña de litoral, desplazouse moito polos ríos.
Non ten perda, as súas follas son moi características e o seu cheiro cando se corta a folla non ten igual.
Hai ríos, como o río Deva na Cañiza que están cheos de loureiros. Ver as fotografías.
Sobra decir que é fundamental na cociña, xa que é un condimento básico para cocer o marisco e para utilizar nos escabeches.
A súa madeira é moi dura e cheira moi ben.
Ver outra fotografía e tamén características.
Nome científico Nome galego: Nome castelán: Habitat Dimensións Identificación Froito Flores Tronco Curiosidades Bibliografía Fotografías Revisado: 10/04/2009
Nome científico.
Laurus nobilis L.
Clase: magnoliophyta
Orden: Laurales.
Familia: lauraceae
Xénero: laurus
Especie: Laurus nobilis
Nota: Laurus= del lat. laurus, nome dado ó laurel/ nobilis= del lat.nobilis, -e, noble, xa que na época grega condecorábase ós nobres con coroas de loureiro.
Nome galego
Loureiro, gamallo
Nome castelán
Laurel
Dimensións
Fotografía sacada moi preto do muíño de Mercedes e Mourin, no río Sarria. Lugo. Matas de laurel.
Entre 5 a 10 metros. Pode chegar ata 20 m.
Nesta lámina de Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé
Flora von Deutschland Österreich und der Schweiz. , vense as follas así como as flores e os frutos.Edade media de 80 anos.
Identificación:
As follas son moi evidentes, son coriáceas, borde enteiro lanceoladas, cor verde escura, máis pálida no envés. O rompelas e rozalas na man, confiren un olor característico.
Habitats:
Fotografía sacada no Regato da Fefa, moi preto do muíño de Mercedes e Mourin, no río Sarria. Lugo. Matas de laurel.
O laurel dase prácticamente en toda Galicia, máis nas Provincia de Pontevedra e Coruña, xa que é moi abondoso no litoral e penetra polos ríos ata o interior.
Quere chans que sexan húmedos, xa que non aguanta a sequía.
Froito:
O froito é unha baga pequena, primeiro verde e logo negra na madurez.
Na lámina o froito está abaixo a dereita, é moi pequeno sobre 10 a 15 mm, ovoide e carnoso. Parece unha oliva.
Flores:
As flores son blancas verdosas ou amarelas, como as da fotografía de Thomas Schoepke.
As flores vense perfectamente nesta fotografía:
Fotografía de J.R. Crellin. 2005
Tronco:
O tronco é dereito. A cortiza e parda vermella. Copa baixa cónica.
Curiosidades:
O ramo do loureiro é o símbolo históricamente da victoria, con este ramo eran coronados os príncipes e tamén se lle poña os poetas. Tamén era utilizada para venerar os deuses.
O laurel é básico na cociña, sobre todo para cocer marisco, nos escabeches, etc.
A madeira é moi dura e ten moitísima utilidade aparte do bon olor.
As súas propiedades medicinais son abondosas: para o reuma, o estómago, etc.
Tamén se utiliza como planta ornamental.
Por último é curiosa esta historia:
É o obxecto preferido na astroloxía para o signo Aries.
Ademais sobre o loureiro hai un refrán: "o que planta un loureiro nunca o verá medrar", este refrán fai mención de que o loureiro tarda moito en medrar.
Casi toda a información está sacada do libro "Guía das Árbores de Galicia" de Henrique Niño Ricoi e Calros Silvar. Os dibuxos son deles.
Folla do loureiro. Río Deva. Arbo.
Loureiros no río Deva por riba de Arbo. Neste río atopei moitos loureiros en todo o canle do río.
![]()