O pradairo (falso plátano) é moi común en parques e en xardíns, pero tamén se atopa a beira de alguns ríos e regatos sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense.
Por exemplo: nunha fervenza de Celanova, nun regato que se chama Sampil xusto na vila, atópanse pradairos según un estudio marabilloso que fixeron os alumnos do I.E.S. de Celanova e que se pode ver nesta www.
Tamén en Chandrexa de Queixa a carón do río Navea hai moitos, como o da fotografía.
Os meus amigos Mercedes e Mourin, teñen varios nun muíño o pe do río Sarria en Sarria (Lugo).
É común en Lugo e Ourense. Tamén nas lindes de Ourense e Pontevedra, concretamente no río Deva, por baixo da Cañiza hai moitos pradairos.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación: as follas Habitats Flores e froito Tronco e madeira Interés Protección Pradairo-platano, diferencias. Pps de Adela-Mon D. Última modificación ----> 12/01/2023
Acer pseudoplatanus.L.
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orden:Sapindales
Familia: Aceraceae
Xénero: Acer
Especie:A. pseudoplatanus.
Pradairo, praduiro, pandrurio, pedrairo, pendrairo, pladairo, prádano, pradia, pradio e pradurio.
Na zona do Incio chámase Pedraio
Pradairo en Chandrexa de Queixa. Río Navea. Ourense.
Outro pradairo.
Casi nada, como tódalas árbores galegas importantes teñen moitos nomes...a nosa lingua foi e ten que seguir sendo importante, é moi rica en palabras.
Arce, arce blanco, falso plátano. Sicómoro. Platano bastardo.
Pradairo en Chandrexa de Queixa. Río Navea.
Ata 35 metros. Tronco moi recto. Copa globular, compacta e de vigorosas ramas. Moita raíz e moi forte.
Por suposto teñen ese aspecto despois de 25 anos. O normal é que teñan esta presencia:
O mesmo pradairo máis de preto. foto do autor da web. Ano 2005.
Dibuxo do libro de Henrique Nino e Calros Silvar." Guía das árbores de Galicia"
Fotografía do autor da www. Xulio do 2002. Muíño de Mercedes e Mourin. Río Sarria. Lugo.
As follas son tan largas como anchas. As follas son caedizas, simples, con cinco lóbulos.
Son moi parecidas a dos plátanos dos xardíns, de ahí lle ven o nome.
No outono as follas antes de caer collen unha tonalidade amarela - dourada moi característica.
Outra fotografía.
Nesta fotografía vese perfectamente a forma da folla, con cinco lóbulos. Tres lóbulos principais grandes, e dous laterais máis pequenos.
Por certo polo envés son moi brancas. Son grandes entre 10-12 cms. As follas están en acios pendurados, verde amarelo moi característicos.
![]()
Habita en solos fértiles e profundos de bosques caducifolios e vales.
Tamén a beira dos ríos galegos. Teño visto pradairos no río Navea, ver esta fotografía, de Chandrexa de Queixa.
Tamén a carón do río Sarria, en Lugo.
Pradairo en Chandrexa de Queixa, a carón do regato que baixa de Taboazas, que desemboca no río de Queixa ou Navea.
O mesmo pradairo anterior máis preto. Observar o tronco e as follas.
Flores e froito:
As flores son pequenas, amarelo- verdosas.
O froito é unha dobre sámara de 6 cms. con ás de cor verde tintada de vermello, estreitadas na base e agudas no ápice.
Semellan formar un ángulo de noventa graos.
Frorece a finais da primavera e nácenlle os froitos ó remate do verán.
Flores.
Froito en ángulo entre 45º a 90º.
![]()
Utilízase como ornamental en paseos, estradas , parques e xardíns.
A madeira é moi dura e moi estimada polos ebanistas e carpinteiros.
Fotografía do autor da www. Xulio do 2002. Muíño de Mercedes e Mourin. Río Sarria. Lugo.
Utilízase para facer instrumentos musicais, obxectos decorativos, etc.
A leña é un bon combustible, arde ben.
Non está protexida.
Pradairo no río Navea. Ourense.
O troco (ou sexa a casca que se ve...) é de cor gris mentras non ten por riba de 30 anos, logo xa a casta é doutro xeito e faise escamosa:
Este é o tronco cando o pradairo ten anos:
![]()
O tronco é dereito, cilíndrico e cheo. A cortiza é lisa e grisácea, que sobre os 30 anos vólvese gretada e despréndese en pequenas placas.
Densidade Moderadamente pesada. Utilización: Mobiliário: macizo, contraplacado .
Carpinterias interiores: decoración e revestimentos.
Torneados, escultura, ornatos, etc.; formas para calzado.
Instrumentos musicais.
Artigos deportivos; xoguetes.
Persianas e estores.
Pradairo a carón do Monasterio de San Paio. Unha pena de Monasterio, sensacional, pero hoxe roubado e nun estado calamitoso. Fotografía do autor da www do día 28-05-2006. A carón do pradairo figura un carballo por detrás, pero o pradairo é máis grande, aparte de estar diante e verse mellor. O pradairo pasa dos 15 metros e ten moitos, moitísimos anos...
O mismo pradairo anterior, pero na dereita vese de espaldas un home o que queremos dar as gracias, eu e a miña muller. Chámase Elias, traballou en Correos en Monforte, hoxe está xubilado e ten fincas a carón do Monasterio de San Paio. Por certo fincas sensacionais como todas as que rodeaban os monasterios en Galicia (algunhas deron ata 14º; vaia si sabían os monxes...).
Elias, un home moi amable e con moito coñecemento do lugar, ensinounos o pouco que queda deste monasterio. ¡Moitas gracias Elias!. ¡Gracias polas cereixas!. Unha aperta dende Ourense.
Esta é a folla do platano entre 3 a 5 lóbulos ( Platanus hispanica). Un pouco distinta de folla do pradairo, inda que a fotografía pode non apreciarse. Tamén o tronco é moi distinto.
Nesta fotografía vese moito mellor. Hai tres lóbulos.
Follas e tronco do Pradairo. A folla sempre ten 5 lóbulos.
O aspecto tamén é moi distinto. Na fotografía do autor da www vense dous platanos en Ourense.
O plátano pode atoparse tamén a beira dos ríos de Galicia.
Casi toda a información está sacada do libro "Guía das Árbores de Galicia" de Henrique Niño Ricoi e Cadros Silvar. Os dibuxos son deles. As fotografías son de varios autores. Entre eles Susana Domínguez.
Saír.
![]()