Lodoeiro (Almez) no río Miño preto do Muíño de A Veiga. Ourense.
O Lodoeiro é unha árbore que pode atoparse a carón dos ríos en Ourense, concretamente hai lodoeiros nas beiras dos río Miño e o río Lonia. Tamén no regato de Meriana, a carón do Hospital de Ourense. Había lodoeiros preto da Ponte Vella pero "a serra do concello de Ourense" non respeta nada...
Tamén é abondoso no sur da provincia de Lugo.
Pode distinguirse perfectamente polas súas follas que son ovado- lanceoladas e que rematan nunha punta aguda.
A beira está aserrada e a folla ten entre 5 a 15 cm. de lonxitude. A folla é aspera e cuns pelos fortes na face. Polo envés son máis pálidas.
En Ourense no paseo das termas Chavasqueira-Termas do muíño-Outariz hai os mellores lodoeiros, como o da fotografía que é sensacional.
Nome científico:
Lodoeiro no regato de Meriana en Ourense ciudade.
Celtis australis (Linneo)
Clasificación científica:
Reino: Plantae División: Magnoliophyta Clase: Magnoliopsida Subclase: Hamamelidae Orden: Urticales Familia: Ulmaceae Xénero: Celtis Especie: Celtis australis Nota: celtis alude o seu nome en grego, australis fai referencia o sur, seguramente pola procedencia desta árbore.
Nome galego
Lodoeiro no río Miño. Ourense. Preto da pasarela de Outariz (Ourense).
Lodoeiro, lidueiro, virgondoiro, latoneiro, agreira.
Nome castelán
Almez no río Lonia en Mende. Ourense.
Almez, latonero, almecino, lodoño, lodón, lidón, lironero, e outros.
Dimensións
Lodoeiro no Rego de Meriana, afluente do río Barbaña en Ourense ciudade, a carón do Hospital de Ourense. Este pequeno regatiño calquera día danos un susto os ourensán. Fixeron con el de todo...
Non pasa, en Galicia, dos 5 metros de altura, normalmente. Pode chegar de tódolos xeitos os 20 metros.
O lodoeiro da fotografía ten polo menos os 15 metros, é francamente grande.
A árbore pode vivir ata máis de quinientos anos, de feito en Monforte en Ribasaltas hai un que pasa destos anos. Un día destos porei a fotografía desta árbore neste lugar.
A árbore quere lugares de clima suave e sitios húmedos.
Identificación:
![]()
As follas son ovado- lanceoladas que rematan nunha punta aguda que se torce os lados. A beira é aserrada e a folla ten entre 5 a 15 cm. de lonxitude.
Os froitos que se ven chámanse maroubas ou lodóns.
Observar as follas como se retorcen na punta. As follas grandes teñen sobre 15 cms.
A folla é aspera e cuns pelos fortes na face. Polo envés son máis pálidas.
É unha árbore caducifolia de 12-16 m de altura, có tronco recto e a corteza lisa.
Pódese confundir cós chopos pero a nerviación da folla é definitiva.
![]()
Fotografía de Rafael Tormo.
Os froitos que se ven chámanse maroubas ou lodóns.
Habitats:
Follas do lodoeiro a carón do río Miño en Ourense.
Atópase nas marxes dos ríos e preto de prados húmidos.
Preferentemente atópase en Ourense e no sur de Lugo.
Hai algúns na beira dereita do río Miño, pola zona de Quintela. Outros que había a carón da Ponte Vella xa foron pasados pola Serra do Concello de Ourense, que é como lle chamo eu a eses piquetes...
Esto que conto pasou antes do 2005. Esperemos que o goberno actual (2008) e o seu concellal de Medio Ambiente non esté por estos cortes indiscriminados ó que nos tiñan acostumados o anterior goberno...
As follas:
As follas do lodoeiro son típicas e inconfundibles: son acumiadas, trinerviadas, ollo a esta característica, simples e doblemente aserradas. Teñen pelos moi ríxidos polo haz, dándolle unha textura tamén característica por áspera, e pelos finos no envés.
O pècíolo é longo.
Froito:
Dibuxo sensacional do link: http://caliban.mpiz-koeln.mpg.de/~stueber/thome/band2/tafel_028_small.jpg
O froito é unha drupa pequena de 1 cm., esférica, verde e na madurez negra. A pulpa é comestible e mántese na árbore ata ben entrado o inverno.
Os froitos que se ven chámanse maroubas ou lodóns.
![]()
Os froitos, que parecen cereixas, saen da unión das follas, característica que se pode ver perfectamente na seguinte fotografía:
![]()
Fotografías Merche S. Calle / Juan Enrique Gómez
Fotografía xa cós froitos de cor negra, na madurez. Son comestibles pero é todo semilla.
Nesta fotografía vense os froitos verdes, tamén destaca a nerviación e a pelosidade da folla.
Tronco:
O tronco é robusto, dereito e curto. A corteza ten tono grisáceo e lisa.
A mesma árbore pode ter varios pes.
Este lodoeiro ten varios pes.
As ramas son rectas e moi flexibles.
A copa é moi ancha e ten moitas ramificacións.
A madeira:
A madeira e elástica e moi duradeira e ten utilidades para utensilios agrícolas, sobre todo forquitas. Tamén fustas, látigos, remos e outros.
Flores:
Fotografía de Lledoner.
Flores solitarias, amarelas, polígamas, axilares, largamente pedunculadas, aparecendo na primaveira, entre abril e maio.
As flores están situadas nun longo pedúnculo e son solitarias. Na fotografía vese perfectamente.
Interés:
Úsase tamén como árbore ornamental e na fixación de terrapléns ou ladeiras, xa que as súas raíces son longas e moi abondosas.
A leña é un bon combustible e da un carbón de primeira calidade.
Tamén se utiliza moito en xardinería xa que da boa sombra e tamén se utiliza como alineación das árbores.
Etimoloxía do lodoeiro:
Celtis e o nome que recibía en Grecia o seu froito.
Austral quere decir do sur, seguramente xa que se atopa no sur de Europa.
Aplicaciones máxicas: Dende tempos remotos, en moitos lugares, hai a costume de plantar unha árbore cando nace un neno. En moitos lugares a árbore escollida é o lodoeiro (almez).
Curiosidades:
![]()
Fotografía de Rafael Tormo.
Os froitos que se ven chámanse maroubas ou lodóns.
Ten propiedades medicinais como astrinxente, lenitivo, antidiarréico e estomacal. Os froitos son comestibles e pódense fabricar marmeladas con eles. A madeira e elástica e moi duradeira e ten utilidades para utensilios agrícolas, sobre todo forquitas. Tamén fustas, látigos, remos e outros. As semillas producen aceite e as raíces poseen unha sustancia que se usa como colorante amarelo para teñir seda.
Ten unha edade media de 200 anos, pero pode vivir ata 600.
Cría exclusiva dunha bolboreta:
Fotografía de Paco Serrano.
Efectivamente nesta árbore cría exclusivamente a bolboreta do virgondoiro que ten de nome científico Lybythea celtis.
É unha bolboreta rara non abonda moito e vese polos meses de xuño e xullo, nunca por riba dos 800 metros.
A larva come precisamente as follas do Celtis australis.
Unha curiosidade máis.
Lodoeiro no río Lonia en Ourense.
En Ourense, a "Serra do Concello-2003", levantou varios a carón da Ponte Vella e do río Miño. Realmente en Ourense somos especialistas en cortar árbores. Esto vólvese a ver en tempos posteriores; por exemplo do 2022 fan talas de árbores de forma incrible, por exemplo no río Barbaña o gran río machacado de Ourense cidade fixeron unha tala este ano incrible; o concello desconoce o que é un bosque de ribeira, ou árbores propios de río e corta indiscriminadamente, dañe o mismo que caian bidueiros, freixos ou sabugueiros, está vez tocoulle os sabugueiros...Deixan os ailantos por exemplo que son invasores e non pintan nada...
Si limpiaran o río da porquería que ten xa farían moito, pero non...
Esta caixa rexistradora leva meses no río Barbaña a altura da plaza de abastos, e seguirá, por certo as orillas do río están impresentables, cheas de todo, botos cartóns, caixas de todo tipo, plásticos, incrible...
Lodoeiro a carón do río Miño, xunto o Muíño de A Veiga, e tamén preto das Termas de Outariz. Un paseo que hai que facer en Ourense.
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. As fotografía son a maioría do autor da www, ou sexa do que escribe e fai a web.
![]()