Betula alba. Bidueiro. (Abedul).
Bidueiro. Río Navea. Chandrexa de Queixa. Foto Secundino Lorenzo.
Pode acadar ata 20 metros.
Distínguese perfectamente pola súa cáscara branca, as follas romboidais e estar a beira dos ríos (galegos). É moi abondoso en Galicia.
Está en primeira liña de río, despois dos salgueiros e amieiros.
Na fotografía, trátase dun bidueiro no río Navea, preto do pobo de Taboazas, un lugar único. Nesta zona hai moitísimos. En Lugo vense moito preto dos ríos e regatos, por exemplo na zona de Rubián. O río Mao en Vilasouto eran todos bidueiros. Hoxe baixo as augas dun encoro.
BIDUEIRO ou Bido.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Tronco e madeira Habitat Froito Interés Protección Curiosidades Bidueiral Fotografías Bibliografía Actualización: 14-08-2012
Nome científico
Betula alba.
Clase: Anxiospermas
Orde: Fagales
Familia: Betuláceas.
Nome galego: Bidueiro, bido, biduo, budio, bedolo, abidueiro, abidueira.
Bidueiro en Chandrexa Queixa, por certo nesta zona hai uns bidueiros únicos.
Sempre a beira do río. A fotografía é do autor da www. Moitos bidueiros desta zonas teñen a dous e tres troncos moi grandes no mesmo pe. Xa porei unha fotografía dos mismos.
Si se fala de abidueira tamén se utiliza o feminino, así Manuel María no libro "Cando o mar foi polo río" fala das abidueiras, delicadamente femininas...
Tamén no libro "Terra Chá" pon:
¡Que branca é a abidueira!
¡Cara ó ceo anda a soñar!
¡Feita zoca, anque non queira,
moita lama ha de tripar!.
Manuel María. “Terra Chá”
Nome castelán Abedul blanco.
Dimensións
Ata 20 metros teñen algúns bidueiros ou bidos. Son inconfundibles.
En Ourense hai moitísimos no río Navea e por suposto no río Mao en Montederramo.
Bidueiro no Navea, xusto a altura do pobo de Taboazas. Esta fotografía tamén é do autor da www.
Por certo, esta fotografía, figura nun taboleiro a beira do Miño xusto enfrente do campo de Reza. Os autores non puseron o dono da mesma, refírome a fotografía. O taboleiro é do Concello de Ourense, hai que ter cara...
Bidueiros no río Mao en Montederramo. Dende logo son abondosos nesta zona.
Identificación:
É doado identificalos, basta ver o tronco, é moi característico a súa cor blanquecina.
A cáscara é anillada, lisa, e exfoliable en láminas transversais.
Ver tamén o dibuxo, máis abaixo.
De tódolos xeitos as follas son romboidais e de marxe dentado máis ou menos.
Son ademáis: caedizas, simples. alternas, pecioladas. ovadas, dentadas dun soio tipo , de cor verde , por suposto cunha parte máis oscura. É moi característico que na parte de atrás da folla no nervio principal teña peliños o mismo que no pecíolo. ( cousa que non ocurre na variedade péndula). A folla é rombal (xa está dito) máis ou menos.
As follas e o tronco son inconfundibles.
Dibuxo sacado do libro "Árbores de Galicia" de Henrique Niño e Carlos Silvar. Para mín o mellor libro de árbores de Galicia.
A menudo os bidueiros (o blanco e o péndulo ) mistúranse entre sí e por suposto e dificil identificar ou distinguir un bidueiro alba dun péndulo (no péndulo a pel no é verrugosa).
O bidueiro alba ten peliños na parte posterior das follas e no peciolo. No bidueiro péndula o tronco é máis blanco neve.
De tódolos xeitos non é doado distinguilos.
O tronco do bidueiro: O tronco e a madeira do bidueiro:
O tronco é moi característico presentando tonalidades grises tirando a blanco en todo o tronco.
O tronco presenta moitísimas zonas dun gris claro que o identifica perfectamente.
As veces aparecen dende a misma base dous o tres bidueiros xuntos.
Aquí vese moi ben o tronco.
Esta imaxen está sacada no Navea en Chandrexa de Queixa.
Nesta zona hai uns bidueiros únicos en Galicia.
Resume da madeira:
Densidade Leve. Utilización Mobiliário: macizo e moderno (paneis e follas).
Carpintaria de limpos: decoración e revestimentos interiores.
Torneados, bobinas, formas, molduras, ornatos.
Artigos de deseño.
Contrachapados.Datos sacados deste link: http://home.utad.pt/~floresta/LPF/betula_celtiberica.htm
Habitats:
![]()
A beira dos ríos de toda Galicia. Na fotografía nas Pozas de Melón no río cerves (Ourense).
Normalmente a variedade blanca (Betula alba) ocupa terras máis elevadas que o abedul péndulo (Betula pendula).
Poden verse bidueiros ata os 2000 metros de altitude en todo o norte de España ata os Pirineos, son árbores moi resistentes a humedade e as baixas temperaturas. Tamén na cornisa Cantábrica se ven o nivel do mar.
A súa presencia descende a baixa altitude preto do mar. Nas montañas de Chandrexa de Queixa, no río Navea é moi frecuente, hai cantidade preto da área feita por Medio Ambiente xunto o Pozo dos Peixes.
Río Navea. Bidueiros. Neste río hai os bidueiros máis fermosos que teño visto.
O abedul é típico polo tanto en tódalas cabeceiras dos ríos e regatos galegos.
Hai moitos sobre todo na mitade oriental de Galicia, osea as Provincias de Ourense e Lugo. Tamén a parte oriental das provincias de Pontevedra e da Coruña.
Froito:
É un aquenio, comprimido lateralmente.
Floración : abril e maio. Fructificación ou maduración entre xullo e setembro, ve-lo dibuxo.
Na seguinte fotografía vese a folla e o froito da Betula alba:
A fotografía está sacada do libro "La vegetación de ribera de la mitad norte de España" de Francisco Lara, Ricardo Garilleti y Juan Antonio Calleja.
Interés:
Moito. O bidueiro está presente en moitos ríos e regatos de Galicia. Na fotografía un bidueral en Montederramo, lugar no que abonda este tipo de árbore.
Protección:
Non está protexida.
Curiosidades:
![]()
As follas son diuréticas. A madeira utilizábase en carpintería e ebanistería, na fabricación de zocas e instrumentos de labranza.
Incluso coa sabia facíase viño e cerveza. Incríble.
Tamén esta sabia tense utilizado contra as inflamacións renais e da vexiga e para disolver cálculos dos ríls.
Dicen que "as sementes do bidueiro, son os seres vivos alados máis lixeiros do mundo...". Seguro que é certo.
Fotografía dun abedular no río Requeixo en Zamora. A fotografía está sacada do libro "La vegetación de ribera de la mitad norte de España" de Francisco Lara, Ricardo Garilleti y Juan Antonio Calleja.
Os bidueiros forman tamén bosques típicos que teñen nome: en castelán abedulares. A súa tradución típica será bidueral, pero descoñezo si esta palabra existe en galego. Penso que sí...Está confirmado que sí.
Pequeno bosque en galería formado de bidueiros nun río de alta montaña de Zamora. A fotografía está sacada do libro "La vegetación de ribera de la mitad norte de España" de Francisco Lara, Ricardo Garilleti y Juan Antonio Calleja. Esto é o que se chama abedular en castelán...
Os bidueiros que se ven nestas formacións son o Betula alba e o Betula pendula, este último chamado así, esta é a curiosidade, polo temblor das follas cando fai un pouco de aire. Non son doados de distinguir, como xa está dito, a pilosidade das follas cando é xoven e unha das diferencias a favor da Betula alba.
Por último decir que pola súa forma é unha árbore de poca sombra.
Bidueiral en Rubían. A carón do río Rubián un afluente do Mao.
Bidueral: Chámase desta forma os bosques formados por bidos ou bidueiros.
Na fotografía un bidueral pequeno formado pola cabeceira dun río en Zamora.
En Ourense é famoso o bidueiral de Montederramo, que ten unha superficie de 1984 Ha, e está situado a 1.310 metros. a cabalo entre os Concellos de Montederramo e Vilar de Barrio.
Na zona está este bidueral formado nas beiras do río Mao que rega a zona.
Bidueiral en Rubían, antes de coller a estrada a Calvos (Vilasouto). Xusto a carón do río Rubián un afluente do río Mao.
Fonte: as citadas o principio. Imaxen sacada do libro "Árbores de Galicia" de Henrique Niño e Carlos Silvar. Para mín o mellor libro de árbores de Galicia, con moito.
Posteriormente incorperei fotografía e algunhas notas da enciclopedia multimedia " Guía para conocer los árboles" de Barcelona Multimedia.
Tamén fotografías e textos, así como ideas do libro "La vegetación de ribera de la mitad norte de España" de Francisco Lara, Ricardo Garilleti y Juan Antonio Calleja.
Ver algunhas fotografías:
Bidueiro no río Navea.
16/05/2006
Bidueiro no río Navea.
16/05/2006
Bidueiro novo no outono a beira do río Miño. 2006.
Bidueiral en Rubían, antes de coller a estrada a Calvos (Vilasouto). Xusto a carón do río Rubián un afluente do río Mao.