Hai moitos na beira do río MIño en Ourense, no paseo das ninfas cara a Reza. É un arbusto moi bonito.
Son arbustos mais ben pequenos, é raro que pase de 5 metros, de follas moi verdes e oscuras que son moi parecidas o loureiro.
Os froitos son os famosos morotes de érvedo que son baias roxas cando maduran e granudas por fora.
A min gústanme, pero dicen que emborrachan si se toman en moita cantidade.. Extremo que non teño comprobado.
Crece de forma espontánea en moitos lugares, en particular a beira dalgúns ríos en Ourense e no sur de Lugo.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitats Distribución en Galicia As flores e o froito O tronco Curiosidades Fotografías e bibliografía Modificado o 12/03/2008
Nome científico
Arbutus unedo L.
Nome galego
Érbedo, albedro, madroño.
Tamén: erbedeiro, amoroqueiro
O froito: morote, amorote, amorodo.
Nome castelán
Madroño no Paseo das Ninfas en Ourense. Río Miño.
Dimensións
Ata 5 metros. De tódolos xeitos non é moi normal que chegue a eles.
O da fotografía mide sobre 2 metros de alto.
Identificación:
As follas son verdes oscuras, alternas e duras, entre 5 a 10 cms. As beiras son aserradas e teñen un parecido grande co loureiro.
Cando ten o fruto e moi fácil de identificar.
Trátase dun arbusto non moi grande. O da fotografía ten sobre 2 metros de alto.
Habitats:
A beira dos ríos pero ollo máis ben na zona de Ourense e sur de Lugo.
Tamén por suposto en matugueiras secas e ladeiras pedregosas de montañas, pero sempre por baixo dos 1.000 metros.
Persoalmente atopei érvedos en Ourense en toda a beira de Mende a carón do río Miño; a carón do río Lor no sur de Lugo, e tamén no cañón do Bibei, preto das Ermitas en Ourense.
Sei según a bibliografía consultada que se dan nas rías tanto baixas como altas, neste último caso entre Ferrol e Ribadeo.
As flores e o Froito:
As flores son hermafroditas, con cáliz de 5 sépalos e a corola é de cor rosa esvaído ou crema, en forma de ola, cos lóbulos da corola revirados para afora.
As flores nacen no outono e tardan un ano enteiro en madurar.
O froito é unha baia, chámanse morotes de érvedo son roxas e granudas por fora.
Persoalmente gústanme moito, dicen que si se comen moitas que se emborracha un, a verdade non o sei...
Forma do tronco: Forma do tronco:
O tronco e curto dunha cortiza delgada e parda, como se pode ver na fotografía.
Curiosidades:
A parte do froito que é comestible coa particularidade de que si se comen moitos pódese emborrachar un, cousa que non comprobei; decir que é unha arbore do sur de Europa, que se utiliza como ornamental.
Hai xente que fai bebidas e mermelada destas boliñas roxas.
As follas e a cortiza son boas para a diarrea e teñen propiedades antisépticas.
Arde ben e fai bon carbón.
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. Tamén Flora de Galicia de Xosé Ramón García.
As fotografías son todas do autor da www. Secundino Lorenzo.