Alnus glutinosa.
Amieiro ou ameneiro.
(Aliso)

Outra árbore de primeira liña nos
ríos galegos, o amieiro ou ameneiro. Eu diría que a máis
importante, xa que é dos máis abondosos e proporciona sombras os
ríos, básicos para controlar a temperatura.
Forman tamén
parte dos bosques de galería dos ríos galegos.
É outra árbore que se fixa perfectamente nas riadas. Ten
usos medicinais e artesanais xa que se usaba para facer zocos e os eixes dos carros.
As follas son moi boas para os pés cansados, entre outras moitas
aplicacións.
Na fotografía,
do autor da www, vese un amieiro á beira do río Miño en Ourense, no
"Tinteiro", frente a Reza, un lugar marabilloso da nosa
ciudade.
En agosto do 2012 están
en peligro de morte nos nosos ríos.
Ver características.
Saír.

AMIEIRO: características.
Saír.

Aspecto.

|

|
Amieiro xoven. |
Gran dibuxo dp Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé
Flora von Deutschland Österreich und der Schweiz. |
Volver a
características
Esta é a súa ficha:
Nome científico:

Alnus glutinosa (L.) Gaertner
Nota: alnus significa vivir a carón
dos ríos e glutinosa é que as follas son moi pegañentas.
Clase:
Anxiospermas
Orde: Fagales
Familia:
Betuláceas.
Volver a características
|
Nome galego:

Amieiro, ameneiro, abeneiro,
amieira, amineiro, amineira, arche, aveneiro, avineiro, pau do demo,
samoeiro, umeiro, etc.
En fín, en galego, ten moitos nomes o que significa que é moi
coñecido pola nosa xente. Tamén, xa o teño dito noutras fichas, demostra
a riqueza do idioma galego. Un idioma que hoxe, xuño do 2009 está en
peligro. A verdade é que non entendo esta loita contra unha lingua
que a mín me parece incrible...
Nota: pola zona de San Andrés en Ribadavia os
bosques de galería de amieiros, os ameneirais, reciben o nome de
Sameirais, de onde ven o nome que o meu amigo Antonio Cajide lle
puxo ao seu viño que nace en terreos preto do Avia, transformados
pola súa man e traballo en fincas de viño, que antiguamente
eran Sameirais, Sameirás.
O amieiro chámase samoeiro en moitos lugares.
O Viño Sameirás e actualmente, ano 2010, dos
mellores do Ribeiro, tanto o blanco como o tinto.
Tamén no libro "A luz da chuvia" publicado
pola Editorial Toxosoutos, no 2019, de Delfín Caseiro e Antón
Jardón, escriben sobre o cego de Sameirás. Pregunteille o meu
amigo
Delfín Caseiro por esta palabra e dime que na Limia tamén os amieiros se
chaman samoeiros e o conxunto deles sameirás.
Así cantaba o cego de Sameiras, no libro citado:
-"Son
o cego de Sameirás
parroquia de Amiadelo.
manteño catro pendangas
e con elas ben me aveño".
Por certo aproveito para decir que me gustou
moito o libro e que ó recomendo
Volver a
características |
Nome
castelán:

Aliso, alno, vinagrera.
Volver a
características |
Dimensións:

Ata 25 metros. Edade media 80 anos. Máxima
120 anos. Altitude entre 0 e 1.200 metros.
Os amieiros da fotografía, no río Miño, en
Ourense, xa non existen, levounos a riada do 2000.

Tronco moi recto. Si se corta na base
retoña rápidamente e con facilidade.

Na fotografía de Marc Carriére, pode verse un
amieiro a carón dun río. A folla é inconfundible e determinante.

Amieiro en Ourense, no río Miño. Este sí
resistiu as enchentas.

Outro amieiro.
Volver a
características
|
Identificación:

Fotografía do autor da www.

Nesta fotografía, do autor da web, vese perfectamente a forma da folla, que por certo si é
nova
é moi lustrosa, pégase moito. Foto sacada no Tinteiro, en Ourense a
carón do río MIño.

A folla é redonda, é lixeiramente aserrada nas
beiras, moi lustrosa, non remata en pico como a folla da avelaneira (que
se pode confundir, a min pasoume). Tamen non ten a forma de corazón na
parte de abaixo. As venas están moi remarcadas.

Envés da folla. Foto do autor da www.
 |
 |
Folla do amieiro.
De xoven son moi lustrosas.
Son bastante
distintas. |
Folla do avelaneiro.
As follas non son lustrosas, son máis apagadas. Rematan
en pico. |
 |
As follas son tan longas como anchas.
As follas son caedizas, simples, alternas, arredondeadas,
dobremente dentadas.
Son máis escuras e lustrosas na face. Son
moi viscosas
cando novas.
|
Casi toda a información está sacada do libro
"Guía das Árbores de Galicia" de Henrique Niño Ricoi e Cadros
Silvar. Este dibuxo é deles.
Na fotografía vese o detalle de que
teñen as follas distintas según a face. Son verdes oscuras pola face
principal e máis claras polo outro lado.

Nesta sensacional fotografía pode apreciarse
perfectamente a forma da folla.

Neste dibuxo, de Carl Lindman´s, nótase
perfectamente a diferencia na folla segun a face.

Gran dibuxo dp Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé Flora von Deutschland Österreich und der Schweiz.
Neste dibuxo vense perfectamente as flores
masculinas e femeninas. As piñas pequenas son as femininas.
Volver a
características
|
Habitat:
A beira dos ríos de toda Galicia. Eu penso que é a
arbore máis abondosa nos ríos galegos, dende logo as beiras dos ríos.
Pode darse noutros lugares pero sempre que teñamos auga cerca,
sobre todo cursos de auga permanente con pouca oscilación no caudal.
Estos amieiros, que se ven na fotografía, no río
Miño en Ourense, tumbounos a riada de decembro do 2.000. De
tódolos xeitos en abril do 2.001 inda están caidos e un pouco
amarrados. Son incribles o que resisten.
O amieiro pode vivir ata 120 anos.
Volver a
características
|
Froito:
 |
Floración : febreiro - marzo.
Caída da folla : abril
- maio.
Fructificación: no outono. O seu fruto é como unha piña
pequeniña que está bastante no árbore antes de caer.
|

|
Fruto do amieiro que fructifica
no outono, trátase dunhas piñas moi pequenas, que se ven
perfectamente na fotografía de Alen Hill.
|
 |
Tamén a floración presenta
este aspecto.
Fotografía de Graham Day.
|
Volver a
características
|
Interés:
Fotografía do autor da www.
Foto sacada no Tinteiro en Ourense o 18-07-2002.
Moito. O amieiro desempeña un papel importantísimo nas
riadas, xa que aguantan moito, basta ir para comprobalo pola marxen
esquerda do río Miño en Ourense, preto de Reza hai cantidade de
amieiros, que demostran como aguantan as embestidas do río Miño. É
incríble.

Forman auténticos bosques de galería,
xunto con outras especies. O amieiro é unha árbore sumamente importante por
esta razón. Forma nos ríos un potente sistema que desenrola
superficialmente, e tamén nas orillas, onde se suxeta fortemente, creando
zona de vexetación idóneas para refuxiarse moitas especies acuáticas.

É unha especie que fixa o nitróxeno
atmosférico, protexe o chan e crea auténticas insuas de vexetación.
Volver a
características
|
Protección:

Fotografía de Hans Otto.
Non está protexida.
Volver a
características
|
Tronco e
madeira:

O tronco é dereito, cilíndrico e
cheo. A cortiza é de grisácea a parda - grisácea. Nos exemplares
xóvenes é máis lisa, vese moi ben na fotografía de Marc Carriére.
O tronco co tempo presenta
fendeduras.

Fotografía do autor da www. Amieiro vello e novo
a esquerda, nacendo do mesmo tronco.
Copa alta , regular, primeiro
cónica e logo redondeada.
Resumen da madeira:

Densidade |
Leve. |
Utilización |
Madeira especial para carpintería fina: interiores de mobles e
engradados; caixas, etc.
Artigos de diseño.
Artefactos domésticos: escobas,instrumentos de cociña, etc.
Torneados e formas; carriños.
Embalaxes.
Xoguetes. |
Datos sacados deste link:
http://home.utad.pt/~floresta/LPF/alnus_glutinosa.htm
Volver a
características |
Curiosidades:
Amieiro en Ourense, paseo das Ninfas. Río
Miño.
A leña utilizávase para os fornos xa que ardía pronto
e daba moita calor. As follas eran utilizadas para todo, por exemplo
para sanar os pés doridos, ou nas picadas de insectos. Outra incríble,
colocadas nos peitos das mulleres provocaban a retirada do leite.

A cortiza tense utilizado como curtume. O carbón
vexetal producido da súa madeira empregouse na fabricación de
pólvora.
O amieiro resiste ben a auga por eso se utilizaba
moito nos muíños, pontes, etc. Tamén como madeira para as famosas zocas.

Moi interesante : as raíces evitan a erosión dos cauces
fluviais, aparte de fixar o nitróxeno, xa dito.

Non se entende a "manía" de cortar e
cortar árbores nos canles dos ríos, algúns con máis de 50 anos.
Neste caso, tala de árbores na praia da Antena en Ourense no 2002. A
verdade damos pena...
A maioría amieiros... Na próxima riada
as árbores que quedan serán arrasados a maioría, xa que quedaron sin
amparo. Non entendo esta desfeita. Non entendo os muros a carón dos
ríos, en lugar das árbores, a verdade hai moito "analfabeto
natural" solto...
Esta tala do 2002 estuvo feita por
unha empresa que traballa para o Concello de Ourense e que fai de todo,
dende rúas, plazas, casas, e talas de árbores e así nos vai os ourensáns... Precisamente
estas talas son unhas das causas das enfermedades que están a ter os
amieiros na actualidade (2009).
Volver a
características
|
Uso
polos pelegríns:

As follas frescas son moi boas para o
cansancio dos pés, a dor dos pés e o malestar por sudar moito: en
efecto un bon montón de follas frescas, canto máis viscosas mellor,
colocadas debaixo dos pés, ou ben por riba, cubrindo con unha tela ou ben
cós calcetíns, dórmese con esto e pola mañán os pés están moito
mellor sobre todo si se fai en varios días.

As follas son tamén moi boas para as
feridas, chagas e úlceras varicosas.
Tamén se utilizan para que non molesten
os mosquitos: é moi simple facer un feixe de follas frescas e colocalo na
ventana ou similar, as moscas e mosquitos van todos e todas a este feixe.
Aparte é astrinxente, febrífugo,
antirreumático e antihemorrágico, casi nada...
Estas e outras aplicacións están
sacadas do libro sobre "Plantas e remedios naturais de los Caminos de
Santiago" de Txumari Alfaro.
Volver a
características |
Ampliar
datos:

Nesta
www podedes ampliar datos.
Para a súa plantación e poda
ver este link.
Volver a
características |
O amieiro en peligro de morte
Noticia de xuño do 2009

A plaga dos Alisos, neste caso a plaga dos amieiros,
dicen que é inglesa, o caso é que un fungo como o "Phythophora alni"
está a rematar con centos de exemplares en Cecebre e nas Fragas do Eume,
pero tamén esta plaga comenza a verse noutros lugares.
Evidentemente esta é unha teoría pero neste caso trátase
da que manexa Pablo Ramil que é nada menos que o director do Instituto
de Biodiversidade Agraria e desenvolvemento Rural da Universidade de
Santiago.
Este fungo está tamén a afectar as cerdeiras e outros
árbores. O fungo penetra ata o aparato radicular dos amieiros e
coloniza os vasos conductores causando danos letais, e o tronco remata
caendo o río. A rapidez é grande xa que as esporas propaganse con gran
rapidez, e máximo cando se talan árbores o se limpia de forma non axeita
as ribeiras, como se está a facer en moitos lugares de Galicia
desfacendo as orelas dos ríos. Ver a fotografía anterior en Ourense.
Ramil y Manuel Antonio Rodríguez culpan a súa propagación as xestións
actuais das ribeiras, a estos cortes e limpezas indiscriminadas e
seguindo a lei da "serra do concello", así é como lle chamo, que tanto
se fai hoxe nos nosos ríos, e así lles vai...Cantos cartiños de Europa
se meteron nestos proxectos de limpeza que o único que fan é gastar os
cartos e fundir materialmente estos bosques de Ribeira.
O desbroce feito por exemplo en Ourense cando tomei esas
fotografías no 2002 levou consigo a propagación doutras especies como as
acacias e falsas acacias entre outras... Eso sí, temos a praia que
chaman da "Antena" en vez do bosque de galería antiguo. Hai moito burro
solto nos concellos galegos e non precisamente fariñeiros, si foran
burros fariñeiros inda se poderían aproveitar...
Nota de última hora: a plaga deste
fungo xa chegou o río Avia como denuncia o grupo ecoloxista do
Ribeiro Coto do Frade. Seica se tomaran medidas, esperemos que estas
medidas sexan axeitadas e non fagan como en Ourense, tala aquí e
tala alí e unha auténtica desfeita peor que o fungo...
Ampliación do día 24/05/2011
Efectivamente a morte de amieiros
nas ribeiras dos ríos é actualmente un gravísimo problema que ten
moi mala solución. O hongo Phytophora alni fai estragas actualmente
en tódolos ríos galegos, en particular no río Miño. Os amieiros caen
o río por todas partes.
O parecer actualmente estase a
traballar co Instituto de Investigacións Agrobiolóxica de
Galicia, dice Laura Vázquez, integrante do CSICC para establecer in
vitro exemplares sans de amieiros da Biesfera do rio Miño, en Lugo.
Así lograríase un banco de germoplasma in vitro de este material,
asegurando a súa correcta conservación a longo plazo, para a súa
posterior plantación en condicións exteriores correctas.
As cousas están así ou sexa, moi
mal cos amieiros galegos. Na miña opinión están a darse paus de cego
en moitos lugares, como no río Avia en Ribadavia.
AMPLIACIÓN 01/06/2011
Moitos son os ríos onde esta plaga
está a facer estragos. Hoxe é o Arenteiro en Carballiño onde seica
medio millar de árbores están caídos o río. Unha auténtica desfeita,
de momento, sin remedio.
Ampliación 2015. Nas miñas
xornadas de pesca.
O que estou a ver é que esta plaga
exténdese por tódolos ríos galegos, polo menos os que eu visito...
Moitos ríos hai xa cantidade de árbores caídos, algúns nos leitos
dos ríos e outros fora. Así río Deva na Cañiza, ten cantidade...Río
Xares na Veiga tamén vin moitos. No río Lor no tramo medio e suma e
sigue...
Seica "non ten cura" según expertos
no tema.
Según Ramil, hai algunhas medidas que
se poden adoptar como controlar as cortas desta árbore, evitar o
movemento da madeira e rechazar pisar a zona onde se atopa a madeira
caída, así non se extende.
Tamén o fomento doutras especies onde
cae esta árbore, como freixos e salgueiros.
O amiero é básico para controlar a
temperatura do río e polo tanto todo o ecosistema.
Que se pode facer?. O combate non é
doado precisamente por darse a beira do río. Seica se está a
estudiar o tema a fondo...
Volver a
características |
Fotografía:

O amieiro é bastante tupido como pode verse.
Volver a
características
Bibliografía:

Casi toda a información está sacada do libro
"Guía das Árbores de Galicia" de Henrique Niño Ricoi e Cadros
Silvar. Os dibuxos son deles. As fotografías son do autor da www.
Tamén algúns datos do libro "Árboles de
nuestros bosques" , guía didáctica de Susana Domínguez y Ezequiel martinez.
Tamén usei o libro "Plantas y remedios
naturales de los Caminos de Santiago" de Txumari Alfaro.
Subir.

AMIEIROS SENLLEIROS EN GALICIA

O AMIEIRO DA FERVEZA NO CORGO (LUGO)
Este amieiro está a carón do río Miño, no Corgo en
Lugo. Ten sobre 150 anos é está situado nun dos poucos bosques de
inundación que ten Galicia, de feito as crecidas do río miño deixan na
zona ese bosque que é toda unha xoia e que se compón de pequenas lagoas
e charcas. Este bosque está formado precisamente por amieiros, carballos
e freixos.
Hoxe está zona goza dunha especial protección
dende fai pouco.
(Texto sacado do video
"Corpos arbóreos" de
Andrés Victorero).
Subir.

O insecto
agelástica.

En forma de larva é estegusano. O gusano dos
amieiros. Logo da lugar a este insecto:

Ver como deixa a folla:

Folla de amieiro. Fotografía a beira do río Cabe en Ribasaltas.
Agosto 2012.
Ver esta ficha sobre este
insecto.
Subir.
|