Sorbus aucuparia. Capudre. (Serbal dos cazadores.)
Fotografía do autor da www.
Abunda moito en moitas zonas de Ourense. Concretamente na zona de Chandrexa, xunto o río Navea hai moitos. Nesa zona é precisamente a súa árbore máis emblemática. Tamén na zona do Invernadeiro, Verín, etc.
É unha árbore moi bonita e fácil de distinguir cando ten froito ala polo mes de agosto. Os froitos teñen propiedades diuréticas e antiescorbúticas. A madeira é apreciada por torneiros e ebanistas. Os seus frutos cómenos moitos animais.
CAPUDRE, SERBAL DOS CAZADORES.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitat Flores Froito Tronco Interés Bibliografía Fotografías Máis fotografías ------> Capudres no invernadeiro. Actualizado o 06/12/2012
![]()
Nome científico:
Sorbus aucuparia L.
Clase: Anxiospermas
Orde: Rosales
Familia: Rosáceas.
Nome galego
Capudre , cancereixo, escornabois, carnabudo.
Nome castelán
Capudre en Chandrexa de Queixa, a carón do río Navea. Ourense.
Dimensións
Ata 8 - 10 metros. Trátase dunha árbore pequena.
Identificación:
O capudre en flor e doado de identificar, como dice o outro non ten perda, onde se da é único. Xa sin flor e pelado é outra historia.
As follas son bastante típicas, caedizas, alternas, imparipinnandas, compostas de 11-15 foliolos de entre 2-6 cms. cada un, lanceoladas, arredondeadas na base, agudos no ápice, dentados, dun verde claro na face.
Serbal en Chandrexa de Queixa, no río Navea. Ourense.
Habitats:
Trátase dunha árbore de alta montaña, vese moito nos Pirineos e por suposto nas montañas de Ourense (invernadeiro, Chandrexa, Xurés, Pena Trevinca...) e o Courel en Lugo.
Abunda moito en moitas zonas de Ourense. Concretamente na zona de Chandrexa, xunto o río Navea hai moitos. Tamén na zona do Invernadeiro, Verín, etc.
É unha árbore preciosa, doada de distinguir cando ten froito ala polo mes de agosto.
Flores:
As flores son racimos pequenos, moi olorosas, de cor branco. Florecen entre maio e xuño.
![]()
Fotografía no río Navea, en abril do 2001.
Capudre en Chandrexa de Queixa. Río Navea. Ourense.
Detalle da flor. Xuño 2008.
Froito:
![]()
O froito é como un racimiño, globoso, primeiro amarelo e logo pode ser vermello como se mostra na fotografía.
Fotografía do autor da www.
O froito pode permanecer durante todo o inverno.
![]()
Tronco:
É dereito e a cáscara tena clara e agrisada.
Interés:
![]()
Moi estimada dende o punto de vista ornamental, xa que o seu froito dura moito tempo.
A madeira é dura, e polo tanto é aproveitada por torneiros e ebanistas.
Como medicinal os froitos teñen capacidades ou propiedades diuréticas.
O froito non é comestible pero hai moitas aves que o aproveitan na súa dieta.
![]()
Fotografía do autor da www no seu río favorito. Ourense.
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. As fotografía están sacadas da Guía para coñecer as árbores. De Barcelona Multimedia.
Detalle da flor do capudre. Xuño do 2008.
Detalle do froito. Río Navea. Chandrexa 2006
O invernadeiro é un Parque Natural que hai en Ourense na zona de Vilariño de Conso. 5700 Ha. de xardín botánico cunha vexetación única. Abundan entre cerquiños, pradairos, bidueiros, amieiros, carballos, acivros, os capudres. Un verxel. Esta é unha pequena mostra...Outono de 2012.
Capudre e reflexo no río Ribeira grande. Outono de 2012.
Río Ribeira Grande. Capudres na misma beira. Outono de 2012.
O froito do capudre dura prácticamente todo o inverno. Son moitos os animais que lles gusta este froito.
Outono 2012. Invernadeiro.
![]()