É moi común na parte costeira de Galicia.
Foi e inda é, moi utilizado en repoboación. Pola zona de Pontevedra hai cantidade. A beira do río Lerez na súa parte final, por Cerdedo, hai moitos.
A súa madeira é de moi mala calidade e soio é utilizada para papel e postes. É, na miña opinión, unha desgracia para os montes galegos.
Leva sobre douscentos anos en Galicia.
Está, normalmente, nunha terceira liña do río. De tódolos xeitos, desgraciadamente, pode nacer nas súas beiras, e está demostrado que os eucaliptos afectan moitos os ríos, ver o traballo nesta misma ficha (outubro do 2009).
Ver nesta fotografía o eucalipto na beira do río Miño en Ourense.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitat Froito Tronco e madeira Interés e historia. Árbores monumentais Fotografías Bibliografía. Afectan moito os ríos -------->
Revisado o 18/01/2016
Nome científico
Eucaliptus globulus. Labrill.
Clase: Anxiospermas
Orden: Mirtales
Familia: Mirtáceas.
O eucalipto azul, é orixinario de Australia e Tasmania, e debe o seu nome científico a uns botóns chamados globulus, de moda ná Francia de finais do XVIII.
Os botóns, que son os froitos.
Nome galego
Eucalipto no paseo das ninfas en Ourense, a carón do río Miño.
Eucalito. Eucalipto.
Nome castelán
Eucalipto preto do Tinteiro en Ourense. Río Miño.
Eucalipto. Eucalipto azul.
Dimensións
Eucalipto no Paseo das Ninfas en Ourense. Río Miño.
Os eucaliptos poden chegar ata os 70 metros de altura. Moitísima altura...
Eucalipto do Pazo de Rubians en Vilagarcia de Arosa, ten nada menos que 12 metros de diametro (medidos a 1,30 metros do chan como debe ser...). Unha barbaridade.
Identificación:
O Eucalipto é inconfundible.
Árbore de tronco dereito, liso, altísimo.
O cheiro da suas follas e coñecido por todos.
![]()
Aspecto que presentan as pólas do eucalipto coas follas longas e lanceoladas.
Porte do eucalipto.
As súas follas son ademais tamén inconfundibles, tipo fouce, non hai dúbidas.
Longas moi longas, inda que hai que decir que ten dous tipos de follas .
Una é tipo fouce que se mostra na fotografía de arriba e a outra son ovaladas lanceoladas pero distintas.
Neste dibuxo vense os dous tipos de follas.
Tronco do eucalipto. Ergueito, dereito, de moita altura. É tamén característico.
Habitats:
En Galicia é moi abondoso, na miña opinión desgraciadamente.
Actualmente pasa dun 12% da superficie de árbores de Galicia.
Hai moitos na zona da costa dende Viveiro a Guardia, logo plantouse moitísmo nas provincias da Coruña e de Pontevedra.
O negocio é o negocio, o eucalipto utilízase para facer pasta de papel. Crece moi rápido. Incluso despois de arder, o cabo de dous anos xa rebrotan perfectamente.
O lector debe saber que en Galicia plantáronse varios tipos de eucalipto: eucaliptus camaldulensis, que é o eucalipto vermello, o eucalipto globulus, que é o descrito nesta ficha, que é o máis corrente en Galicia e o eucalipto viminalis , todos eles utilízanse para facer pasta de papel.
A súa acción nos terreos está perfectamente estudiada, estos son os seus efectos: desecantes do terreno, acidificantes, esterilizadores e desmineralizador, casi nada... O eucalipto é unha desgracia en Galicia, si ben deu moitos cartos a gañar, pero o resto nada. Inda por riba arde perfectamente.
Froito:
O froito non ten especial relevancia, eu penso que sirve para pouco, por exemplo, arde fora de serie, desgraciadamente.
O froito é unha cápsula que se abre no ápice en 3 a 5 valvas, cubertas por un disco.
Tronco: ç
O tronco é groso e dereito, en moitos exemplares.
Ten tendencia a torsión.
Eucaliptos no río Barbantiño. Estrada Ourense a Santiago.
Eucaliptos no paseo das Ninfas en Ourense.
A súa madeira é de mala calidade e pouco apta para a carpintería, pero úsase en armazóns e pisos.
Interés:
Fotografía do autor da www.
Árbore orixinario de Australia.
Trátase dunha árbore introducida para sanear terreos baixos e pantanosos. Hoxe é moi cultivado polo seu caracter pirófito e invasor, sobre todo na costa e claro está, utilízase para facer pasta de papel dado o seu gran rendemento. De feito foi plantado masivamente na costa para eso, sobre os anos cuarenta (1940). As súas ventaxas foron rápido crecemento e boa materia para facer papel.
Actualmente ocupa un 12% da superficie de árbores de Galicia.
A súa madeira é de mala calidade e pouco apta para a carpintería, pero úsase en armazóns e pisos.
A leña arde que mete medo. Unha desgracia.
Ten propiedades curativas, balsámicas e antisépticas, utilizase para a bronquite e os catarros.
Son típicos os vaos de eucalipto.
O eucalipto chegou a Galicia da man de Fray Rosendo Salvado que mandou as primeiras semillas de globulus a Galicia a mediados do século XIX e que nunca imaxinou a extensión que logo tería.
Árbores monumentais de Galicia: Árbores monumentais en Galicia:
O eucalipto é hoxe, no ano 2004, unha árbore típica da Galicia costeira. Chegou fai douscentos anos e afincouse dunha forma seria no noso país.
Si se dan as condicións os eucaliptos poden ser maxestuosos como os de Chavín, na beira do río Landro en Chavín, Viveiro (lugo), que aparecen na fotografía.
Seica foi Frai Rosendo Salvado o que trouxo esta árbore a Galicia.
Sin dúbida é un dos recursos forestais actuais de Galicia.
A mín, persoalmente, non é unha árbore que me resulte simpática.
Seica o eucalipto "O Avó" é unha das árbores máis altas de Europa con 70 m. de altura é 7,55 de perímetro no tronco. Plantouse en 1870. Chámase Avó xa que foi o primeiro que se plantou en Galicia.
Nota: a fotografía e parte do texto está sacada dun calendario editado por Cementos Cosmos no ano 2004. Autor da foto Enrique Touriño. O texto é de Francisco de Ana Magán.
Fotografía do Monxe Frai Rosendo Salvado que seica trouxo a semilla de Australia.
Outra imaxen do Avó de Chavín.
Fai falta seis ou sete persoas para poder abrazalo xa que ten 10.50 metros. Falase de que quizais sexa a árbore máis grande de España e seguramente de Europa.
As dúas fotografías están sacadas do video "Corpos arbóreos" de Andrés Vitorero.
Hoxe, xaneiro de 2016 o Avó ten problemas, ver esta noticia aparecida na Voz de Galicia:
Afectan os ríos
Efectivamente pódese ler neste traballo da USC que os eucaliptos afectan no verán os ríos de Galicia. Poden incluso deixalos secos...
Ver este link:
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. Algunhas fotografías están sacadas da Guía para coñecer os árbores, de Barcelona Multimedia.
A nivel de internet trae moitos datos de este eucalipto o seguinte link.
Eucaliptos no río Barbantiño.
Eucaliptos no río Barbantiño. Carretera Ourense-Santiago.
Eucalipto no Tinteiro en Ourense. Río Miño. 2007.
![]()