Fotografía libro "Espazos naturais. Provincia de Ourense". A nosa Terra.
Pequena árbore entre 4 a 10 metros. Bastante raro en Galicia. É o laurel de Portugal. Considérase unha reliquia do terciario, e sobrevive en moi contados lugares, frescos e ácidos.
En realidade trátase dunha pequena xoia que se pode atopar en Ourense: no Xurés, e tamén no canón do río Arnoia por Sande e Cartelle; lugar bastante machacado pola explotación hidroeléctrica, que están abrindo pistas e masacrando o río. Tamén teño visto exemplares no río Deva en Pontevedra, concretamente na zona da desembocadura no río Miño.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitat Follas Flores Froitos Tronco e madeira. Usos Interés Fotografías O canón do Arnoia. Bibliografía Río Deva-Pontevedra. Posta o día en ----> Outubro 2011
Prunus lusitanica (L.)
Reino: Plantae
Clase: Magnoliosidae
Orden: Rosales
Familia: Rosaceae.
Género: Prunus
Especie: Prunus lusitanica
Prunus, é o nome latino do ciruelo silvestre. Lusitanica, do latín lusitanicus-a-um, de la lusitania, Portugal
Acereiro, loro.
Nota: é a única ameixeira de folla perenne en España.
Azarero, loro. Laurel de Portugal. Palo loro.
Nota: chámanse loreras uns bosques de loros que reunen unhas condicións determinadas. Ver este link.
Entre 4 a 10 metros.
A súa altura é moi variable dependendo moito do lugar, hai exemplares que poden chegar os 10 metros.
Prunus lusitanica, no Palacio de Cristal en Oporto.
O normal está entre 4 a 5 metros.
A árbore ten este aspecto. Non é moi grande.
Depende da estación, en flor non é dificil a súa identificación xa que a flor ven en racimos máis ou menos da lonxitude das follas e é bastante vistosa.
Fotografía de Iñigo Pulgar.
A árbore é máis ben pequena entre 4 a 5 metros, inda que raramente pode chegar os 10 metros.
As follas son ovais, lanceoladas, dunhos 12 cm de largo, dentadas, coa face verde oscuro brilante.
A árbore ten este aspecto.
![]()
Tamén este, dependendo da poda...
As pólas e xemas son de cor vermella.
"O acereiro gústalle ver a auga pero non mollarse..."
Aparece en chans frescos e ácidos, preto de ríos e regatos e lugares onde a choiva faga que non se sequen.
É bastante raro en Galicia, de feito sitúabase únicamente no Xurés. Recentemente nun artígo da revista Quercus de xulio do 2002, tras un artigo sobre "El cañón del Arnoia: una fraga olvidada" . Neste artigo que firman Antonio Rubido e Margarita Rubido, falan do acereiro na zona que visitou no Arnoia. Por certo un artigo que comparto plenamente e que demostra que a Consellería de Medio Ambiente de Galicia (1995-2005), esta é unha conclusión miña, non sabe o que fai, damos pena...
Efectivamente o Cañón do Arnoia é único en España, xa non en Ourense, nin en Galicia, en España. As nosas autoridades falan do canón do Sil, unha auténtica marabilla en Ourense... nos falamos tamén do Canón do Arnoia... que está deixado nas máns de Fenosa e Cortizo hidroeléctricas.
Neste lugar, xusto por riba do pobo de Arnoia, e pola zona de A Peneda, onde hai esa desfeita que se ve, cunha central e camiños e desmontes por todos os lados, pois ben, nese lugar atopei acereiro, sobreiras e un longo etc. É un lugar único da provincia de Ourense que nos están fundindo estas minicentrais e obras que non teñen pés nin cabeza (2005).
É unha auténtica desfeita o que están a facer na zona baixa do Arnoia en Ourense. Un bosque único plagado de corticeiras, carballos, acereiros e por suposto amieiros e salgueiros.
O acereiro ou loro atópase ata unha altura de 600-700 metros sobre o nivel do mar. Quere lugares húmedos e temperaturas suaves.
Trátase, polo tanto, do gran descoñecido da nosa natureza, e polo tanto esquecido das guías. O malo desto é que as hidroeléctricas fan o que lles peta e están botando a perder unha zona marabillosa.
Teño visto exemplares no río Deva en Pontevedra, concretamente na zona da desembocadura no río Miño.
------------------------
Resumindo:
En Galicia o acereiro atópase no Xurés e no canón do Arnoia entre outros lugares.
Condicións típicas:
Dase en canóns e chans xugosos e frescos, mellor se son silíceos, regatos e valgadas de montaña, aparecen como restos de antigas chairas de néboa favorecidos polo seu clima suave con frecuentes choivas e néboas que reducen ó mínimo a época de sequía.
------------------------
O acereiro seica fai bosques típicos cunhas condicións especiais, ver este link que fala das "loreras" en Extremadura, onde pon de manifesto o dito de que "o acereiro gústalle ver a auga pero non mollarse..."
As follas son simples e alternas. Sobre 4 cms. Lanceoladas e finamente aserradas. Algo coriáceas. A face é verde reluciente e o envés máis pálido e glauco. O pecíolo sobre 2 cms. é vermello, como se pode ver na fotografía. É tamén algo coriáceo.
Outra fotografía
As flores blancas dunhos 8 mm. e agrupadas en acios ou racimos entre 15-25 cm de lonxitude, máis ou menos do tamaño das follas e con 5 pétalos.
Son moi olorosas.
Fotografía de Hengels.
Florece entre maio e xuño.
Fotografía de Íñigo Pulgar.
Sensacional fotografía sacada da web da Apinguela
Os froitos en drupa de 1 cm. aproximadamente, primeiramente verde e logo vermellos. Oso liso.
Finalmente os froitos quedan negros.
Madura no verán.
O tronco é curto, groso e flexuoso.
A cortiza é gris.
Este é o tronco do loro. Está sacado desta web: www.apinguela.com/Plantas/
P/Prunus-lusitanica...
![]()
Trátase dunha árbore de copa baixa, bastante ovoide.
Datos sacados desta páxina web: home.utad.pt/~floresta/LPF/Lab_Pr_Fl.htm
Mobles de estilo macizo.
Elementos estructurais de móveis de calidade e outros estilos.
Talla e escultura.
Torneados.
Aplicacións idénticas a madeira de cereixo.
Madeira moi apreciada en ebanistería.
Utilízase como ornamental e tamén para formar setos.
Trátase dunha árbore rara e escasa en Galicia.
Unha auténtica xoia.
Fotografía sacada del libro "Espazos naturais. Provincia de Ourense" de Adela Leiro e outros.
A bibliografía desta ficha está sacada preferentemente de dous libros sensacionales:" Guía das árbores de Galicia " de Enrique Niño y Carlos Silvar. Tamén do libro "Guía das árbores de Galicia" de Marisa Castro, Luis Freire e Antonio Prunell.
Algunha fotografía está sacada do libro "Espacios naturais. provincia de Ourense" da editorial A nosa terra e de autores Adela Leiro, Mon Daporta e Víctor E. Caamaño.
Descoñezo o autor da fotografía.
Fotografía sacada da base de datos do Ministerio de Educación español.
O acereiro, no Palacio de Cristal en Oporto. Sacado deste link.
![]()
Río Deva en Chouzosas (Pontevedra), un río cunha vexetacion de ribeira fora do normal. O río Deva é un afluente do río Miño pola dereita.
Río Deva. Chouzosas.
Aceiro na parte baixa do río Deva. Os froitos son bermellos pero finalmente quedan negros.
O acereiro é unha árbore que " lle gusta mirar o río pero non mollarse". Fotografía de outubro de 2011. A fotografía está sacada preto da desembocadura, concretamente onde termina o couto. (Ponte Mourentán)
O tronco do acereiro, distinto do tronco do loureiro inda que as follas son moi parecidas..
Neste río abondan entre outros árbores de ribeira os laureis normais como o desta fotografía. Hai diferencias entre os dous o loureiro e o acereiro inda que as follas son moi parecidas, por suposto máis olorosas as do loureiro. Os troncos son moi distintos.
![]()
Acereiro e loureiro.
![]()