Pereira brava. (Peral silvestre).
A pereira brava é unha árbore pequena típica dos ameneirais de moitos dos ríos galegos.
Xunto cós ameneiros ou amieiros, os freixos, os bidueiros, os pradairos as veces, vese no sotosbosque, mismo a beira, as pereiras unidas os sanguiños e estripeiros e fentos.
A pereira brava: características
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitat Follas Flores Froito Tronco Interés e utilidades. Bibliografía
Nome científico:
Fotografía de Eduardo Fidalgo
Pyrus cordata Desv.
Nota: Pyrus ven do grego lapa, pola forma dos froitos. Cordata pola forma de corazón, seguramente pola forma das follas.
Taxonomía:
Reino: Plantae
Clase: Magnoliphytas
Orden: rosales
Xénero: Pyrus
Especie: Pyrus cordata.
Nome galego:
Fotografía Peter Wakely
Pereira brava, escambrón
Nome castelán:
Fotografía Peter Wakely
Peral silvestre. Piruétano.
Peral de Plymouth.
Nota: tamén se chama piruétano o froito do peral silvestre.
Dimensións:
Fotografía Peter Wakely
Esta árbore pode botar ata 8 metros o normal é entre 2 a 3 metros.
É bastante espiñenta.
Identificación:
Imáxenes sacadas de NCGR-Corvallis Germplasm Collections
É un arbusto de entre dous a tres metros con espiñas nas ponlas.
As follas son redondeadas de tipo corazón as veces un pouco aserradas. Entre 3 a 5 cms.
Fotografía Peter Wakely
O froito pequeno tamén é unha forma de identificalo.
Habitat:
Habita en fragas húmidas, vese moitísimo en ameneirais o pe de ríos de Galicia.
Gusta dos terrenos ácidos con condicións climáticas templadas e con moita chuvia. Por eso vese moito en Galicia e todo o norte de España.
É moi abondoso en Galicia sobre todo na zona norte.
Ata 1.300 metros aproximadamente.
As follas:
As follas son redondeadas de tipo corazón as veces un pouco aserradas. Entre 3 a 5 cms.
Son caedizas e simples. Son de cor verde e máis lustrosas na face que no envés.
Flores:
A flor leva unha corola blanca de cinco pétalas e moitos estames.
Florece na primaveira.
Froito:
Os froitos chámanse periños xa que son bastante pequenos, teñen por suposto forma de pera, pero sobre 3 cms..
Case é negro e de maduro sabe mal.
Madura o final do verán.
Repito é moi amargo e sabe mal.
Tronco: Tronco:
A cortiza é oscura e gretada lonxitudinalmente.
A copa é pouco densa e bastante irregular.
As pólas teñen picos igual que o espiño.
Interés:
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.
Tamén o libro "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García.
Saír.
![]()