O
ANGUIEIRO FOTOGRAFÍAS ANO 2000
Pequena historia
fotográfica dun día feliz para COTO DO FRADE (organizador do evento) e
moi triste para o MEDIO AMBIENTE GALEGO: 29-08-2000

Coto
do Frade, asociación ecoloxista de Ribadavia, que todos estos
anos dende 1995 ten montado a recollida das anguías do encoro de
Frieira, no río Miño. " O anguieiro ".
Este
ano 2000 montou un acto
simbólico para explicar en que consiste "o anguieiro":
o remonte das anguías, buscando a vida. Buscando rematar o seu
ciclo de vida.
Púdose comprobar como morren
as anguías o non poder subi-lo encoro de Frieira no río Miño.
Eso é o que nos
mostrou Coto do Frade.
|
|

No
acto reivindícase, lóxicamente, que se poñan "escadas
anguieiras", escadas para as anguías, que permitan subir
perfectamente ós centos de miles de anguías que o intentan e
morren no intento.
Lugar de reunión Frieira.
Hora 12 da mañan. Día 29 de agosto do 2000.
Día de sol maravilloso.
Moitos amigos preocupados
pola natureza.
|
|

Aproveitase
o acto para reinvicar un NON ROTUNDO AS MINICENTRAIS DO RÍO OUTEIRO, BRULL, CERVES, FAREIXA, CORTELLA, ARNOIA
e un
largo etc.
Non as minicentrais en
Galicia. ¡¡ Xa está ben de esnafrar os ríos galegos!!!.
¡¡
Por uns ríos con vida !!.
|
|

"Encoro de Frieria,
último encoro de Fenosa no río Miño"
Un desastre para este río.
Propietario: FENOSA.
Pódese decir que dende
Belesar o río Miño non é galego, é de Fenosa o seu dono.
Lugar
de reunión: encoro de Frieira no río Miño , último encoro do río Miño antes de
chegar ó mar.
Encoro que está marcando a
desaparición do : salmón, reo, anguía, sábalo, saboga e un
longo etc.
O encoro é da empresa FENOSA,
como todos os do río Miño. (O río é de Fenosa en vez de ser dos
galegos). Fenosa non fai nada pola labor de
recuperación destas especies.
Incumple totalmente as leis
de pesca e soio fai actuacións pachangueiras tratando de gasta-lo mínimo posible
e vendendo, a opinión pública, o favor e a bandeira dun
ecoloxismo e da conservación do Medio Ambiente galego.
|
|

"Río Miño en
Frieira".
Esta fotografía é a
miña gratitude a un río o que lle debo moitos momentos
felices...
Río
Miño por debaixo do encoro de Frieira.
Inda un río marabilloso,
a foto é do 29-09-2000.
Pero cada vez máis esquilmado
e con menos vida.
As subidas e baixadas
continuas deste encoro están rematando con este río para sempre.
Ademáis fálase do encoro do Sela. 15 km. más
abaixo. De momento có non de Medio Ambiente de España. Pero ollo,
pode facerse. Seria outra barbaridade, e unha auténtica canallada
para o pouco que queda deste río, pai de tódolos ríos
galegos...pobriño.
|
|

Moitísima
xente este día no encoro de Frieira.
Adega, Coto do Frade,
Coordinadora do Umia, Coordinadora antiencoro do Ulla,
Coordinadora do Lérez, moita, moitísima xente mentalizada có
problema da anguía e cos anguieiros.
|
|

Membros
da Coordinadora antiencoro do río Umia.
Sensacional Coordinadora que
está loitando por non deixar facer un encoro que destrozará
a
comarca do Salnés. Un encoro con fincas expropiadas ilegalmente.
Unha burla os direitos dos galegos.
Nono conseguirán.
Dende esta folla www un
saúdo, o noso apoio e ánimo.
Un exemplo de loita a seguir en
Galicia en defensa do mellor que temos : os nosos ríos.
|
|

Día
29 de agosto do 2000.
Membros de Coto do Frade baixan
á parte inferior das compuertas, alí onde hai un fio de auga e tratan de rescatar
algunhas anguías.
|
|

Día
29 de agosto do 2000.
Membros de Coto do Frade baixan
á parte inferior das compuertas, alí onde hai un fio de auga e tratan de rescatar
algunhas anguías.
|
|

Día
29 de agosto do 2000.
Membros de Coto do Frade baixan
á parte inferior das compuertas, alí onde hai un fio de auga e tratan de rescatar
algunhas angías.
Nono conseguirán onde
lles autoriza Medio Ambiente e Fenosa. Nese sitio non hai
anguías. É unha trampa.
Si
que as hai en outra comporta onde non están autorizados, pero
baixan igual...
|
|

O
labor non é doado e hai que tomar moitas precaucións.
Fenosa
e Medio Ambiente puso todo tipo de trabas ese día 29-09-2000. Non
lles interesa o tema. Fenosa non quere gastar cartos e Medio
Ambiente soio quere sair na foto.
O compadreo é total, e
incluso os de medio Ambiente poñen mala cara pola faena feita por
Coto do Frade.
Fenosa deixa baixar a unha compuerta que non
ten nin unha anguía.
Lamentable. ¿ País bananero
!!
|
|

Xose
Manuel Rodriguez Juste , Portavoz de Coto do Frade dice :" fai
apenas uns días que nós e outros compañeiros de toda Galicia
vímonos na obriga, un ano máis, de desprendernos amarrados con
cordas ata o fondo do encoro de Frieria para axudar manualmente a
que as anguías poideran superar os obstáculos artificiais e
seguir o seu camiño río arriba para madurar en auga doce "
Un ano máis .
Xa está ben.
|
|

Instrumento
co que se recolle a anguila da corriente.
Trátase dunha caixa aberta
por uno dos lados e cunha redecilla capaz de que non pase a
anguía e de que filtre a auga.
|
|

Pequeno
caldeiro de anguías, sobre 2 kg. que se colleron ese día, a base de
baixar, con grave peligro, a outra comporta non autorizada. Fun
testigo.
Víose as claras que tanto Medio Ambiente como Fenosa non estaban
pola labor.
Vergonzoso.
|
|

O
resultado das anguías que non se recollen e que logran subir ata
as comportas do encoro é a morte. Morren secas. As
anguías quedan secas e ó cabo dunhos días morren.
Esto é o que lle pasa ás
anguías no encoro de Frieira no río Miño. As anguías queren
seguir río arriba as concas fluviais e vivir en augas limpas, non
en encoros eutrofizados.
Pero o encoro de Frieira é
unha máquina de matar. Un escollo insalvable.
E Medio Ambiente galego con
el Sr. Del Álamo ó frente caladiños... ¡¡ este ano 2000
seica non houbo foto...Sr. Del Älamo !!.
Vergonzoso.
|
|

Camión
frigorífico onde trasladan as anguías. Teóricamente
para botalas en ríos da comunidade para que sigan o seu ciclo
biolóxico.
Non foi posible sacar
fotografías do seu interior, o chofer, un empleado de Medio
Ambiente non estaba pola labor, un home de poucas palabras...
A verdade é que Medio
Ambiente neste asunto da una impresión penosa.
Saír
|