Triturus marmoratus.
Pintafontes
verde. (Tritón jaspeado )

De
interés especial.
É preferentemente nocturno. Polo día permanece entre o
limo das charcas. Polas noites é un tunante. Está
demostrado que o tritón que máis veces aparece morto nas estradas galegas é
o limpiafontes verde.
Vive preferentemente nas charcas e en ríos de corrente lenta.
É abondoso en Galicia, inda que non tanto
na provincia de Lugo.
Características.
Saír

Pintafontes
verde: características.
Nome
científico |
Nome
científico

Triturus marmoratus
( Latreille 1800)
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase:
anfibios Orden: caudata
Familia:
salamandridae Género: Triturus
Especie:
Triturus marmoratus
Ir a
características  |
Nome
galego |
Nome galego

Pintafontes verde, limpafontes verde , Píntiga verde,
Píntiga de auga.
Ir a
características  |
Nome
castelán |
Nome castelán:

Tritón jaspeado. Lagartija de agua
Ir a
características 
|
Identificación: |
Identificación:
Macho: sin liña lateral laranxa

Femia: observar a liña alaranxada.
Sobre 70 mm. Pero ollo
que pode chegar os 15 cms.
Verde jaspeado de negro, o que lle permite
pasar bastante desapercibido no seu ambiente.

É o único tritón galego que ten cores verdes
sobre fondo negro.
O peito e o bandullo son cincentos con pintas negras e brancas
irregulares. Os machos en celo presentan unha crista dorsal e anal.

Macho en celo. O macho en celo parece un
semáforo xa que ten dúas cristas moi rechamantes, unha dorsal e outra
caudal.
As femias e os exemplares novos teñen unha rechamante liña
dorsal laranxa.
As femias e os exemplares novos teñen unha rechamante liña
dorsal laranxa.
Importante de cara a identificación é
saber que este limpiafontes
non é palmeado nas patas traseiras.
 |
Observar no dibuxo as patas traseiras non
palmeadas. |
 |
Triton helveticus, tritón palmeado, observar as
patas traseiras que si son palmeadas. |

Observar os anelos dos dedos, repito, non palmeados.
Ir a
características 
|
Alimentación: |
Alimentación:

Todo tipo de insectos. Tamén ovos doutros trituros,
cágados, larvas de anfibios, etc.
Tamén lle gustan as lesmas e os caracois.
Ir a
características 
|
Habitats: |
Habitats:
Charcas de todo tipo, pozos, lavadeiros, canles,
marismas, as veces forma concentracións importantes.
Nada moi ben e tanto se pode atopar entre a vexetación acuática
como no fondo.
Tamén se atopa en terra; concretamente en
bosques sombríos sen masas de auga, sendo quizais o máis terrestre
dentro dos nosos tritóns . ( Guía dos anfibios e réptiles de
Galicia de Moisés Asensi Cabirta. Guía da natureza. Baía Verde
2006)
Ir a
características 
|
Reproducción: |
Reproducción:

A reproducción comenza en febreiro
abril.
O macho en celo presenta unha cresta doble,
dorsal e anal, cun chamativo cor amarelo. Despois do apareamento a femia pon os ovos na auga, que normalmente trata de
escondelos en plantas acuáticas, e coas coas patas posteriores trata de
escondelas como pode.
As larvas (cágados) que nacen
medindo un cm. aproximadamente rematarán o seu
desenvolvemento polo verán.
 |
 |
Cágado de Ra |
Cágado de salamantiga. |
Os cágados, que é como se chaman as larvas
dos anfibios antes de convertirse en adultos, non son fáciles
de distinguir. O que realmente esté interesado en distinguilos
recomendo o libro de Moisés Asensi "Guía de anfibios e réptiles de
Galicia" publicado por Baia Edicións no 2006, entre outros. (Na
fotografía é un cágado de Rana temporaria a esquerda e un cágado de
salamántiga a dereita). Como norma xeral os cágados (o principio)
que dan lugar os limpafontes e saramagantas teñen patas e os que dan
lugar os sapos e ras non.
Vive entre 10 a 15 anos.
Ir a
características 
|
Interés: |
Interés:

Moito, como tódolos anfibios. Interés especial.
Por sorte é bastante abondoso en Galicia, pero
ollo xa que presenta os riscos típicos da transformación do medio en que
se move: o desecamento de zonas húmidas, a contaminación galopante
que estamos a xenerar en Galicia, os incendios que non teñen pés nin
cabeza e por si fora pouco as especies de fora que tamén afectan moito.
Ir a
características 
|
Protección: |
Protección:

A categoría mundial UICN é de non catalogada e a nivel de España a
categoría é de preocupación menor LC.
Ir a
características 
|
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia

Dende logo é moi común en Galicia e atópase
prácticamente en calquera lugar.
O normal é atopala en augas estancadas, pozos, charcas, etc. onde
teñan vexetación abundante as beiras. Tamén en ríos de corrente lenta. E
tamén fora dos ríos, en terra.
Ir a
características 
|
Curiosidades: |
Curiosidades:

Conta a Mitoloxía grega que unha conxura exiliou ó Deus
Tritón a un reino submarino formado por ríos e charcas. Alí se convirtiu neste pequeno
dragón.
Ir a
características 
|
Bibliografía

Fonte: Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y
Pedro Galán.
Tamén utilizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo
I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran
libro sin dúbida.
Ir a
características 

|